DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE (8/6/2018)

    Hoxe tivemos no centro a Felipe Castro, Axente medioambiental da Xunta de Galicia, para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente que se celebra o 5 de xuño.

 

   E que mellor para coidar a natureza que previr un dos maiores males que poden afectala como son os incendios?

   

   Para evitalos non faremos fogatas, nin tiraremos lixo que poida arder nin deixaremos que os adultos tiren as cabichas; pero se non se poden evitar, para loitar contra eles traballan as brigadas utilizando medios aéreos e terrestres.

 

    Felipe tamén nos mostrou a roupa e outros complementos que levan cando teñen que saír a loitar contra o lume: roupa inífuga, casco, gafas, unha cantimplora con auga, emisoras, lanterna...

 

 

 Esperemos que este verán se poidan evitar moitos incendios e que todos os que interveñen na súa extinción non teñan que saír ao monte a apagar o lume!!