PREVENCIÓN DE INCENDIOS (5/4/18)

    Hoxe visitáronnos dous membros do Seprona a través do Programa Voz Natura para falarnos das consecuencias e do impacto dos incendios forestais na natureza e de como se investiga todo o relacionado con eles: causas que os provocan, orixe, diferentes tipos de incendio dependendo da orografía e do clima de cada lugar.

 

    Tamén fixeron fincapé nos medios de extinción que se necesitan para sofocalos e o custo que finalmente repercute en toda a sociedade: aproximadamente unha hora de helicóptero custa sobre 4.000 € e unha hora de hidroavión, 6.000 €.

 

     Desta charla, quedámonos tamén coa importancia de concienciar a toda a comunidade sobre o coidado da natureza e do medio ambiente que nos rodea.