Complementarias

PLAN DIRECTOR

 

   Dentro do PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DE SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E O SEU CONTORNO impulsado desde a Delegación de Goberno en Galicia e a Alta Inspección de Educación; tivemos no noso centro educativo dúas charlas informativas impartidas por Ramón Peña, membro da Garda Civil experto en riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais.

Acoso escolar e Ciberacoso para o alumnado de 5º e 6º de Primaria

 

Os nosos fillos e internet. Riscos no uso das Novas Tecnoloxías para pais, nais ou titores.

ENLACES  A  PÁXINAS  DE  INTERESE  SOBRE  ESTE  TEMA

EL BLOG DE ANGELUCHO

MENORES EN RED

OFICINA DE SEURIDAD DEL INTERNAUTA

VI XIMNASTRADA SOBER

21/05/2017 18:00
Europe/Madrid

VI XIMNASTRADA SOBER (21/05/2017)

    Preto de 150 ximnastas do Club Quicela de Monforte, da Asociación Deportiva Aixa e do CEIP Virxe do Carme de Sober participaron un ano máis na VI Ximnastrada de Sober organizada pola ANPA, o CEIP Plurilingüe Virxe do Carme e o Concello de Sober que contou cunha gran afluencia de xente.


 

    Os ximnastas do noso colexio fixeron dúas grandes actuacións. A primeira foi as ximnastas maiores e a segunda coa que pechou a ximnastrada, de todo o grupo xunto.

 

 

   Nesta foto de grupo podedes ver a todos os ximastas participantes coas súas entrenadoras e ao noso equipo.

   Queremos dar as grazas a Flor de Toxo e a Imaxinatia pola súa aportación para o evento e a Rafa e a Dunia pola súa colaboración.

GALERÍA  DE  IMAXES

MOVE FICHA POLA RIBEIRA SACRA (15/5/2017)

    Arte, historia, xeografía... a iniciativa do Consorcio de Turismo chegou ao centro a campaña 'Move ficha pola Ribeira Sacra" para coñecer máis sobre o territorio no que vivimos, sobre a Ribeira Sacra. 
 
    Os monitores do Consorcio de Turismo da Ribeira Sacra fixeron unha presentación explicativa (con apoio dunha presentación visual) das principias características e valores da zona, para logo traballar cos mesmos contidos dunha maneira lúdica, cun xogo de mesa especialmente creado para esta actividade.

PROGRAMA FUMATAS: Prevención do tabaquismo

   Hoxe celebrouse a segunda sesión de Fumatas, o programa de prevención do tabaquismo, no que Luisa Astray (educadora social e responsable de prevención da Unidade Asistencial de Prevención de Drogodependencias de Monforte de Lemos) trata de concienciar ao alumnado sobre os riscos deste hábito.

   Nesta sesión fixeron un experimento que lles permitiu observar o efecto da nicotina nos pulmóns apreciando como a auga utilizada cambia de cor cos residuos do tabaco.

   

   Tamén fixeron unha práctica na que tiñan que rechazar una invitación a fumar dando argumentos en contra do tabaquismo.

  

 

 

   Para rematar firmaron un Contrato de Compromiso, no que se "comprometen" a non fumar ao chegar ao Instituto.

  Esperemos que o cumpran!!

Y si insisten....RESISTE!!!

PROGRAMA FUMATAS: Prevención do tabaquismo

   Como cada ano, Luisa Astray, educadora social e responsable  de prevención da Unidade Asistencial de Prevención de Drogodependencias de Monforte de Lemos, ven de adicar dúas sesións de traballo aos rapaces e rapazas do 3º ciclo sobre os riscos e tipos de dependencias; centrándose no tabaquismo: riscos, consecuencias, composición...

    Nesta primeira sesión, ademais de conversar e concienciar aos nenos e nenas sobre todos os inconvintes deste mal hábito, o alumnado levou a cabo un experimento co que puideron decatarse dos residuos que un só cigarro deixa no algodón e que son os mesmos que deixaría no noso pulmón.


GALERÍA  DE  IMAXES

PREMIOS CERTAME DE DEBUXO FEIRA DO VIÑO (24/3/2017)

    Hoxe na Casa da Cultura de Sober foi a entrega de premios do III Certame de Bebuxo Infantil da XXXVII Feira do Viño de Amandi que ten como finalidade elaborar un adhesivo para entregar na Feira do Viño a todas aquelas persoas que veñan a visitala e que está aberto a todos os escolares de Primaria da Comarca de Lemos.
 

    O alcalde fixo entrega do premio á gañadora que foi Candela Enríquez Buján de 7 anos do CEIP Monte Baliño de Ferreira de Pantón e que recibiu un premio de 150 € para material escolar.

 

   Todos o participantes recibiron  ademais un diploma e unha simpática bolsa co anagrama do certame.
 
Desde aquí tamén queremos transmitir e sumarnos ao agradecemento que o alcalde 
fixo a todo o alumnado pola súa participación nesta convocatoria!

CERTAME DE DEBUXO FEIRA DO VIÑO - 2017

    Hoxe remataba o prazo para entregar os traballos que participarán no III Certame de debuxo que o Concello de Sober organiza pola Feria do Viño para alumnado de Primaria da comarca .
 
    Se queredes ver os traballos presentados, só tedes que acceder á GALERÍA  DE  IMAXES.

DÍA DA MULLER - 8/03/2017

     Para conmemorar esta data, os nenos e nenas do centro participaron en varias actividades:

    -  Acto conmemorativo do “8 de marzo, Día Internacional da Muller” na Praza de España: o alumnado de 5º e 6º de Primaria participoun nun acto no que a Concelleira de igualdade de Monforte de Lemos, Marina Douton Rajo: procedeu á lectura dun manifesto pola igualdade. Cada un dos participantes, levaba un cartel na man con lemas a favor da igualdade.
 
 
 
- Entrega do libro "Lola de Penelas. Unha muller para o 8 de marzo": o CIM entregou varios exemplares deste libro elaborado no obradoiro do mesmo nome que se levou a cabo nos centros escolares de comarca. Neste obradoiro, o alumnado fixo un traballo de reflexión dobre a vida das mulleres artesás galegas e plasmaron en imaxes esta reflexión a través da súa vida.

 
- Debate e reflexión sobre a igualdade entre sexos: este ano no colexio quixemos traballar a igualdade entre sexos como base fundamental na educación entre nenos e nenas. Igualdade legal en dereitos e deberes, igualdade cultural e igualdade social.

    Tamén convocamos ás familias para que lles fagan fotos aos seus fillos /as facendo algo que tradicionalmentes se asocie ao sexo contrario: tarefas da casa, tarefas na horta, oficios, xogos infantís...para elaborar unha presentación e que eles sexan conscientes de que todos e todas podemos facer de todo.

 
- Visionado do conto "Lola de Penelas. Unha muller para o 8 de marzo": rematamos os actos deste día co visionado deste conto; no que a xornalista Manola Porto puxo voz ao texto ilustrado polos nenos e nenas da comarca.
 

RISCOS NO USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS (31/02/2017)

    Dentro do PLAN  DIRECTOR  PARA  A  CONVIVENCIA  E  A MELLORA  DE  SEGURIDADE  NOS  CENTROS  EDUCATIVOS  E  NOS  SEUS  CONTORNOS, contamos no centro coa presenza dun membro da Garda civil experto nos riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais.

    Os temas abordados nesta sesión foron moi interesantes, actuais e axeitados ás inquedanzas do noso alumnado; algúns deles foron:

   - CIBERBULLYNG: acoso escolar a través das redes sociais agravados con aspectos racistas ou xenófobos.

    - SEXTING e SEXTORSIÓN: os perigos da difusión de contidos de carácter sexual; tanto propios (imaxes, vídeos...) como alleos.

    -VIOLENCIA DE XÉNERO: en canto ao acoso e control que un membro de parella pode exercer sobre as actividades na rede ou o móbil do outro membro.

    - GROOMING: cando un adulto se fai pasar por un menor mediante un falso perfil para establecer relacións con outro menor.

   - XOGOS EN REDE: xogos para adultos moi violentos ou de contidos sexuais extendidos entre adolescentes e preadolescentes.

  - CONTRASINAIS: métodos para a construción de contrasinais seguros, dobres contrasinais... para evitar os roubos de datos nas contas de internet así como para evitar que algún pirata informático poida acceder ao noso historial de busca, ás fotos, a cámara do portátil, tablet ou móbil...

   Unha charla moi produtiva que esperamos que o noso alumnado teña en conta cando vaia a facer uso de internet e das redes sociais

Distribuir contido