PLAN DIRECTOR (21-02-2024)
Dentro do PLAN DIRECTOR PARA A CONVIVENCIA E A MELLORA DE SEGURIDADE NOS CENTROS EDUCATIVOS E NOS SEUS CONTORNOS, contamos no centro coa presenza de Ramón Peña, membro da Garda Civil experto nos riscos de seguridade asociados ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais.
Durante esta sesión tratáronse temas importantes para o alumnado xa que, queiramos ou non, internet e plataformas como wassapp, youtube, tiktok... están presentes na súa vida diaria.
Ademais de falar sobre o bo uso desas plataformas tamén falamos de cyberbulling, grooming, roubo de datos persoais, estafas, xogos en rede e da importancia de manter unha boa seguridade nas nosas redes sociais utilizando métodos como a dobre autentificación que se poden activar facilmente desde axustes e nos dan un extra de seguridade se nos chegan a hackear o contrasinal.
Outros dous aspectos nos que Ramón fixo fincapé foi en evitar dar datos persoais nos nosos perfís públicos (ano de nacemento, gustos, lugar de residencia...) e non aceptar solicitudes de persoas que non coñezamos físicamente.
Se queredes saber máis de todo o que falamos hoxe, podedes escoitar a entrevista que lle fixeron Germáne e Carlotaen Radiuvín.
Para rematar queremos dar as grazas a Ramón Peña e a este plan da Garda Civil que tan necesario nos parece eante calquera problema que teñades, FALADE CUN ADULTO.
CLUB DE LECTURA (8 / 2023 - 2024)
Continuamos coa lectura do libro Oneno de lume de Ledicia Costas, que segundo nos din a maioría dos participantes se está poñendo moi interesante...
Comezamos a sesión falando de Iván R., o ilustrador do libro. Para isto Julia e Dunia prepararon unha exposición baseada na entrevista que lle fixo Daniel Portela: Ilustrar contrarreloxo. Detrás do traballo de Iván R. para "O neno de lume" e a través desta exposición puidemos entender mellor o seu traballo e ver os bosquexos dalgunhas ilustracións .
En canto a lectura, segue chamando moito a atención o personaxe de Anna; por un lado a importancia da amizade e de como ela cre todo o que Morgan lle di e non dubida en axudalo e, por outro lado, porque canto máis avanza a lectura máis nos decatamos do pobre que é; se na reunión anterior falamos de pobreza, nesta falamos de indixencia. Que diferencia hai entre pobreza e indixencia?
Co fragmento de lectura que tiñamos pendente para hoxe, tamén coñecemos á banda dos Mudlarks e aos seus compoñentes cada un cun alcume identificativo (Pés de Queixo, Míster Feluxe, Lady Sambesuga, Nena Morcego...) e reflexionamos sobre o uso de alcumes que poden ser cariñosos e afectusosos ou despectivos e pexorativos, que pensamos sobre eles?
A partir desta reflexión deixamos unha actividade pendente para o próximo día: pensar nun alcume que nos podería identificar e escribilo nun papel dobrado para na seguinte sesión tentar adiviñar a quen pertence cada alcume. A ver que sae...
DÍA INTERNACIONAL DA NENA E A MULLER NA CIENCIA - (16-02-2024)
Mentres estivemos de entroido conmemorouse o Día Internacional da Nena e a Muller na Ciencia. Un día que a Asamblea Xeral das Nacións Unidas celebra o 11 de febreiro coa intención de visibilizar "o labor das científicas, promover a realización de actividades e fomentar vocacións científicas que axuden a pechar a brecha de xénero na ciencia".
Ademais falounos da evolución dos ordenadores desde o primeiro ENIAC (Electronic Numerical Integrator and Computer) de 1947 que xa estaba operado por mulleres ata un Raspberry que é un pequeno ordenador do tamaño dunha man.
Tamén nos falou da evolución doutros dispositivos tecnolóxicos que coñecen ou manexan os nosos alumnos e alumnas: móbiles, tablets, consolas... e mostrounos unha das primeiras consolas que utilizaban casettes.
XOGOS OLÍMPICOS: DESFILE DE ENTROIDO (09-02-2024)
Chegou o gran día do Entroido!!
Hoxe é o desfile inaugural das nosas olimpíadas!!
TODXS A PARÍS 2024!!
Despois do desfile polo pavillón xa que non se puido facer polas rúas de Sober por culpa do mal tempo, tivemos un ratiño de baile e xogo no pavillón onde o alcalde repartiu chuches para todos.
Podedes ver todas as imaxes do desfile no seguinte enlace:
É TEMPO DE ENTROIDO (09-02-2024)
O entroido é sempre unha época do ano moi divertida; pero non é algo novo senón que é unha festa popular con personaxes tradicionais e diferenciados dependendo da zona de Galicia onde estemos.
Para coñecer algúns destes personaxes que as crianzas do noso colexio nunca viron, os biblioaxudantes Germán e Martín leron o libro É tempo de entroido de de Ramón D. Veiga.
Peliqueiros de Laza, cigarróns de Verín, madamas... todos se queren xuntar para facer unha comida na que non faltará ningún ingrediente do cocido nin filloas nin orellas.
De entre todos eles, hoxe quedámonos cos peliqueiros de Laza. Cada neno e nena do cole decorou a súa máscara que consta dunha carauta igual para todos e unha parte superior que se pinta con animais ou símbolos. Este personaxe recorre as rúas de Laza cunhas chocas colgadas do cinto e un látego na man.
Podedes escoitar o libro no seguinte podcast gravado por Germán e Martín.
DÍA MUNDIAL CONTRA O CANCRO (04-02-2024)
No cole de Sober unímonos á iniciativa da Asociación Española Contra o Cancro: “Todos Contra el Cáncer” formando entre todos o lazo verde que simboliza o Día mundial contra esta enfermidade que se conmemora hoxe, 4 de febreiro.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »