As familias contan

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Herbert e Uxía (27/01/2017)

     Comezamos esta actividade neste curso con Helena, a nai de Herbert e Uxía. Eles contáronnos o conto Dr. Dog de Babette Cole.

  

       É unha historia moi interesante que nos fala sobre unha familia cuns hábitos de vida moi pouco saudables e de como o Dr. Dog ten que axudalos nas enfermidades que estes hábitos lles producen ademais de darlles consellos para melloralos.

Foi un pracer comezar este ano a andadura de As familias contan cunha historia plurilingüe.
Moitas grazas por vir!!

 

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Senén

     

     Hoxe tivemos na biblioteca a Sonia, á nai de Senén; quen rematou a actividade As familias contan por este curso.

    O conto elexido foi A bruxa enrabechada de Joles Sennell.

 

    Este conto pertence á colección Carteira de valores da Editorial Baía e fálanos da resolución de conflictos de xeito pacífico:

"Sentiraste orgulloso de ti mesmo cando sexas quen de resolver un conflicto cun compañeiro,

unha amiga ou un descoñecido sen usar ningún tipo de violencia. Porque tamén se poden resolver os

problemas e as discusións falando e chegando a un acordo"

 

MOITAS  GRAZAS  POR  VIR  Á  NOSA  BIBLIOTECA!!

 

GALERÍA  DE  IMAXES

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Héctor e Darío

   

    Hoxe estivo na biblioteca Noelia, a nai de Héctor e Darío que xunto con eles contounos Te quiero (casi siempre) de Anna LLenas. Este libro invita á comprensión de aquelas cousas que nos fan diferentes e a aceptar a diversidade xa que os seus protagonistas (Lolo e Rita) son moi distintos entre sí... por que unha mesma característica de alguén ás veces nos gusta e outras nos molesta?

    Ademais de contar o conto moi ben, tivemos a sorte de que nolo deixaron como agasallo; así que tanto o conto como Lolo e Rita; xa forman parte da biblioteca de Lectuvín.   MOITAS  GRAZAS!!!!

GALERÍA  DE  IMAXES

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Valeria

 
 
 
     Na actividade As familias contan de hoxe, estivo con nós Luis; un amigo da familia de Valeria que nos contou A vaca que puxo un ovo.
 
 
   Os nenos e nenas estiveron moi atentos a esta historia na que unha vaca que quería ser especial; espertou un día poñendo un ovo.
 
 
   Despois de incubalo durante bastantes días, todos estaban expectantes para ver que animal nacería... e que naceu? Pois un poliño que dicía MUUUUUUUU!!!!!
 
 
   Moitas  grazas pola súa colaboración e un forte aplauso para Valeria e para Luis, quen tamén nos deixou unha dedicatoria no noso libro de visitas.

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Carlota e Aroa

    As familias contan é unha actividade que empeza a súa andaina este ano para axudarnos na labor de potenciar a lectura como ferramenta fundamental no desenvolvemento da capacidade do noso alumnado. 

    Para nós é moi importante contar coa implicación das familias xa que éstas son o principal punto de apoio no proceso de ensinanza - aprendizaxe.

   A primeira familia voluntaria coa que contamos é a familia de Carlota e Aroa; Gema, a súa nai e Emilia, a súa avoa; son as encargadas de inaugurar esta actividade. 
 
    O primeiro conto foi Croco, a historia dun crocodilo con moooooooita fame.
 
    
 

    O segundo conto tivo como protagonista a un ourizo ao que non lle gusta moito a auga: A Martín no le gusta bañarse
 
 
Antes de marchar, tamén nos deixan unhas verbas para o noso libro de firmas.
  
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN e como vos mesmas decides: 
Cando volvedes??
Distribuir contido