CLUBES DE LECTURA

CLUB DE LECTURA: Lectores autónomos

   A primeira obra protagonista do noso club de lectura é unha adpatación do clásico Viaje al centro de la Tierra de Julio Verne.

   Esta obra resultou moi interasante para oclub de lectura xa que deu xogo para falar sobre moitos temas diferentes. Ademais é interesante que o alumnado se achegue aos clásicos.

CLUB DE LECTURA: Lectores autónomos

   Nesta avaliación organizamos un club de lectura entre o alumnado de 3º e 4º.

   Unha das actividades propostas para este alumnado no certame de narración de Samaín era continuar unha historia a partir do comezo de O cuarto prohibido de Josep Gregori.
 
   Foi unha actividade diferente xa que antes de ler o libro, cada membro xa imaxinara a súa propia historia.
 
 Un club de lectura peculiar con moi boi resultado!
 

CLUB DE LECTURA: Bala Perdida (Manuel Rivas)

Esta sesión do club de lectura, estivo adicada ao libro Bala perdida de Manuel Rivas

   A historia do pirata Bala Perdida e a periodista Rosa Ribero quen dirixe un pequeno xornal da vila  costeira de Atlán; deunes pé para falar da piratería na época actual: realmente existen hoxe os piratas?  Que busca nesta época? Que tipo de tesouros queren atopar?
 
   Foi unha xornada moi divertida!!

 

CLUB DE LECTURA: A fuxida dos nenos (Xosé María Heras Varela)

Estreamos o club de lectura deste curso co libro A fuxida dos nenos de Xosé María Heras Varela.

   Un libro de aventuras e misterio que ao alumnado lles gustou moito e que lles valeu para compartir e reflexionar sobre a orfandade e a problemática que esa situación acarrea.  o que nos levou tamén a reflexionar sobre a problemática da xente que foxe dos seus países para escapar de zonas de conflictos.

CLUB DE LECTURA: Jaque de Reinas (Andrés Novoa)

    O club de lectura de 5º e 6º de Primaria, continua a súa andaina co libro recomendado en Nadal: 

Jaque de reinas de Andrés González Novoa  

 
    Durante varias sesións os membros do club, puxeron en común os seus pensamentos sobre o libro tratando temas como o argumento ou os protatonistas; sen olvidar ao autor.

 
   Precisamente, na última sesión dedicada a este libro os alumnos e alumnas elaboraron unha entrevista que remitimos vía e-mail ao escritor.
 
   Como o club de lectura se puxo en funcionamento este ano; esta entrevista é moi importante para nós xa que inaugura o espazo Encontros con autores que intentaremos seguir mantendo en vindeiros cursos.
 
   A continuación podedes ler a entrevista ao autor que ademais está dispoñible a través dun Código QR en todos os exemplares deste libro que hai na biblioteca

CLUB DE LECTURA: La maravillosa medicina de Jorge (Roald Dahl)

    Esta sesión do club de lectura ten como protagonista o  libro La maravillosa medicina de Jorge de Roald Dahl. 
 
 
       
  Foi unha sesión moi divertida na que os membros do club investigaron nos ordenadores sobre o autor e sobre a obra da que viron algúns vídeos.
 
 
 

CLUB DE LECTURA: LECTORES AUTÓNOMOS

  O club de lectura dos alumnos e alumnas de 5º de Primaria estrésase co libro "La góndola fantasma" de Gianni Rodari.

   Durante varias sesións os membros do club, puxeron en común os seus pensamentos sobre o libro tratando temas como o argumento ou os protatonistas; sen olvidar ao autor.

 

  
    Pero tamén houbo tempo para investigar sobre aspectos relacionados co libro: as góndolas, Venecia, cidades con canais...

 

   Con toda a investigación realizada, fixeron un documento word ao que se lle asignou un Código QR que agora está pegado en todos os exemplares deste libro da biblioteca para que todos os usuarios poidan acceder a este traballo.

  Esta primeira experiencia do club lector a través deste libro, foi unha experiencia moi positiva que nos anima a seguir xa coa seguinte proposta.

CLUB DE LECTURA: PRIMEIROS LECTORES

  Acabamos de poñer a andar o club de lectura de 1º e 2º de Educación Primaria; un club de lectura para os primeiros lectores.

 
    O club estrénase cun dos libros da colección Contos da Media Luniña da Editorial Algaida
 
 
    Mirade que lectores máis atentos aos comentarios dos compañeiros nunha das sesións que lle dedicamos:

 

Distribuir contido