Excursións

XORNADA DE CONVIVENCIA C.E.I.P. A GÁNDARA

   O día 3 de decembro alumnado de 1º e 2º de Primaria do C.E.I.P. A Gándara, estivo de excursión na nosa comarca coñecendo a olería de Gundivós e a Escola de Hostalería de Rosende. Aproveitando esta visita; organizouse unha xornada de convivencia entre os dous colexios.

   Nesta xornada os nenos e nenas de ambos centros puideron disfrutar de moitas actividades xuntos.

   Á hora de comer, foi o momento de coñecernos e do xogo libre no pavillón que xa facía tempo que non estaba tan cheo de rapaces e rapazas.

 

 

 

Tamén foi un momento de reencontro con amigas, alumnas e ex-alumnas do centro:
 
     Despois o alumnado de A Gándara puido coñecer  a nosa biblioteca, onde os biblioaxudantes faláronlles de todas as actividades que facemos nela, presentáronlle a Lectuvín e intercambiaron agasallos: os nenos e nenas de A Gándara agasalláronnos cun libro feito por eles no que cada un fixo unha páxina cun debuxo e unha pequena redación  e eles levaron para a súa biblioteca dous exemplares do libro Os bolechas en Sober doados polo Concello e uns marcapáxinas conmemorativos deste día.
  
 
 
 Para rematar a xuntanza, contamos coa presenza da Contadora de Contos Teresa Grau que nos adicou unha sesión de temática navideña que aos nenos e nenas lles encantou.
  
ATA  A  PRÓXIMA!!

INAUGURACIÓN DO MURAL DA PRAZA DO TOURAL

    Os alumnos e alumnas de Primaria asistimos hoxe á inauguración oficial do mural do anfiteatro da Praza do Toural feito pola artista Doa Ocampo (ex-alumna do colexio).

    Na inauguración o alcalde e a autora do mesmo explicáronnos esta iniciativa e o traballo realizado así como o significado do mural: o paso das estacións nunha viña.

 

 

 

    Ademais os alumnos puideron preguntarlle a autora todas as súas dúbidas: tipo de pintura empregada, tempo de realización... e ata descubriron con ela a súa firma nunhas pólas entrelazadas.

 

    Se queredes ver todas as imaxes desta visita, premede no seguinte enlace:

GALERÍA  DE  FOTOS

VIAXE ÁS TERMAS - 2014

    Hoxe fomos de excursión ás termas de Ourense. Primeiro demos un paseíño no minitren turístico:

 

 

    E despois aproveitamos o bo día para disfrutar de varias termas. Empezamos polas do Muíño da Veiga e a continuación as de Outariz para acabar na fonte do Tinteiro.

   Se queredes ver todas as fotos da excursión ou se queredes máis información sobre as termas que visitamos podedes facelo nos seguintes enlaces:

Galería de fotos

www.termasourense.com

 

 

 

CAMISETAS MANUEL - MARÍA

Xa chegaron  as  camisetas tan bonitas que pintamos coa caricatura de Manuel María.

Mirade que ben locen!!

EXCURSIÓN A OUTEIRO DE REI E LUGO (2014)

     Para conmemorar o Día das Letras Galegas, fixemos unha excursión dedicada ao autor Manuel María. Primeiro visitamos a súa casa (agora convertida nun museo) na que puidemos ver unha reprodución da súa casa de Outeiro de Rei pero tamén da súa casa de Monforte tal como era mentres el viviu: a súa habitación, o seu despacho, o salón...

    Ademais de coñecer a súa casa, participamos nun obradoiro de pintado de camisetas coa súa caricatura que foi moi entretido.

Estamos desexando que a pintura seque para que poidamos estrenalas!

 

Se queres saber máis sobre a súa casa - fundación podes premer na imaxe

   Desde alí, fomo a comer a Santa Isabel, unha preciosa zona ao lado do río na que pasamos un rato moi divertido.

 

   Pola tarde fomos a visitar Lugo. Primeiro fomos a Radio Lugo para gravar os noso poemas dedicados a Manuel María dentro do programa escolar O son da nosa fala que aínda non sabemos cando se vai emitir; pero tranquilos que xa nos han de avisar da emisora para que esteamos atentos.

  E para rematar a excursión un paseo pola zona monumental de Lugo:A Catedral e a muralla

 

 

 

Se queredes ver todas as fotos da excursión podedes facelo na galería de imaxes

GALERÍA  DE  IMAXES

EXCURSIÓN Á PRAIA (2013)

    Chega o final de curso e o verán; pero antes das vacacións imos de excursión para pasar un día de praia cos nosos compañeiros e compañeiras.


    Este ano achegámonos á praia de Samil onde nos acompañou o bo tempo e puidemos bañarnos e disfrutar dun día estupendo.

  xogando coa area  xogando coa area

Foto de grupo

VER  MÁIS  IMAXES

MARIÑEIROS POR UN DÍA (MAIO - 2013)


    Mariñeiros por un día é unha iniciativa para achegar o mundo da pesca e do mar a colexios do interior da provincia de Lugo. En colaboración coa Consellería de Cultura, Educación e O.U. e a cofradía de pescadores "Santiago Apóstolo" os nenos e nenas que se desprazaron ata o Porto de Celeiro en Viveiro puideron visitar e coñecer da man dos profesionais do mar as actividades e instalacións que pertencen ao seu día a día: primeiros auxilios, lonxa, salvamento marítimo, heliporto...

SALVAMENTO MARTÍTIMO

VER  MÁIS  IMAXES  DA  EXCURSIÓN

WEB: MARIÑEIROS POR UN DÍA

EXCURSIÓN Á PRAIA E AO DINOPARK (Xuño 2012)

Ao chegar o verán e o final de curso; antes das vacacións, apetece pasar un día de praia cos amigos que non veremos tan a miúdo en xullo e agosto. O problema foi o mal día que fixo así que tivemos que aproveitar o único ratiño da mañá que non choveu para que os nenos darnos un baño no mar aínda que fose curto.


Pola tarde visitamos o parque móbil de dinosaurios instalado en Nigrán, con máis de 30 dinosaurios a tamaño real movéndose e ruxindo nos seus hábitats naturais...

coma no Xurásico!

Informacións, explicacións, excavacións,xogos, debuxos... todo o necesario para parecer verdadeiros paleontólogos.

VER IMAXES DA EXCURSIÓN

VISITAMOS O CONCELLO (Maio 2012)

Unha das leccións de Coñecemento do Medio que damos no 1º ciclo, explícanos que é un concello, quen o goberna, como se elixe o alcalde... e que mellor maneira de aprendelo que facer unha excursión á Casa do Concello e que o propio alcalde nos reciba e nos explique as súas funcións?

foto de grupo

Moitas grazas ao alcalde Luis Fernández Guitián por recibirnos e agasallarnos cuns preciosos calendarios do Concello de Sober e uns libros e uns pins do noso concello

VER IMAXES DA VISITA


PARQUE ACUÁTICO DE CERCEDA 2011

CERCEDA

Para rematar o curso, imos de excurisón ao Aquapark de Cerceda, alí disfrutamos moito da auga, do seu parque, das atraccións e dos tobogáns.

Que mágoa que non fixera moito calor! Aínda así pasámolo moi ben

VER  IMAXES  DA  EXCURSIÓN

Distribuir contido