Reciclaxe e reutilización

LLAVEROS CON CORCHOS

    Ya que se acerca la feria del vino, hemos querido reutilizar los corchos de las botellas de vino o champán que los niños tenían en sus casas.

corchos

    Lo primero que tenemos que hacer es darles una mano de pintura de diferentes colores.

Corchos pintados

    Y sobre esa base de color, sólo queda decorarlos y ponerles una anilla de llavero. Como tenemos unos alumnos y alumnas con mucha imaginación, los corchos han quedado muy variados y muy preciosos: ¡Juzgad vosotr@s mismos!


     Los hay con cenefas o motivos geométricos:

motivos geométricos

    Corchos que parecen cobrar vida con estas animadas caras:

caras

    Otros reflejan la llegada de la primavera:

primaverales

    Los hay motorizados: coches, tractores, palas...

motorizados

    Hasta dinosaurios se acercaron a nuestras aulas para quedarse en nuestros llaveros de corcho:

dinosaurios

    Y no podía faltar lo más importante para muchos de nosostr@s: la familia. En forma de iniciales, o con todos los nombres de papá, mamá y los abuelos.

familiares


.

ENTROIDO 2013: EXIPCIOS

    Chegou o día grande do entroido no colexio, día para o que levamos traballando moito tempo.

    O primeiro que fixemos foron os nosos traxes reutilizando moitos materiais:

- Con bolsas de plástico brancas fixemos as túnicas e con bolsas de plástico negras recortadas en tiras fixemos unhas fermosas perrucas

Nenas coas perrucas exipcias  Nenas coas perrucas exipcias

- Con anacos de cartolinas recortadas con forma de círculo facemos as pedras preciosas coas que adornar os nosos traxes: esmeraldas, zafiros, rubís...

rubís  esmeraldas

     Para ambientar o noso desfile tamén fixemos unha pirámide; para iso organizamos unha campaña de recollida de briks de leite que os nenos e nenas trouxeron das súas casas. A unha base de cartón, unímoslle uns tubos redondos que utilizamos como asas para o transporte e sobre o cartón fomos pegando os briks para facer a pirámide. Despois pintámola de dourado para ter a pirámide máis fermosa de todo Exipto:

materiais para a mirámide  Facendo a pirámide  pirámide

    Ao final, parecemos exipcios de verdade:

Exipcios de Infantil

Exipcios de 1º ciclo

Exipcios de 2º ciclo

Exipcios de 3º ciclo

Antes de saír bailamos para os pais e nais que se achegaron ata o colexio para acompañarnos a danza "Walk like an egyptian" (The Bangles). A continuación, desde o colexio fomos desfilando ata a praza do concello onde voltamos a bailar a danza e o concello obsequiou a cada neno cunha bolsa de chuches.

bailando

Á hora de voltar tiñamos previsto visitar a Residencia de Anciáns; pero empezou a chover... por iso, os nenos de Ed. Infantil tiveron que marchar directamente para o colexio

E despois de tan larga mañá nada mellor que un bo cocido preparado pola nosa cociñeira para recuperar forzas.

comendo cocido

reseña periodística

IMAXES  DO  DESFILE

ENTROIDO 2013: SEMANA ADICADA AO ENTROIDO

    O entroido é unha época idónea para deixar voar o noso maxín; por iso, queremos que os nenos deixen voar a súa imaxinación e elaboren complementos para gozar do entroido a partir de materiais de refugallo.

     O luns comezamos con complementos para o pescozo; a premisa son lazos e pañoletas e estas son as propostas dos nosos alumnos:

lazos e pañoletas  lazos e pañoletas

lazos e pañoletas  lazos e pañoletas

     O martes engadimos as luvas. Mirade algunhas das luvas ben adornadiñas:

LUVAS  LUVAS  LUVAS  LUVAS

LUVAS  LUVAS  LUVAS  LUVAS

LUVAS  LUVAS  LUVAS  LUVAS

     O mércores tamén trouxemos perrucas e hai que ver o favorecidos que estaban todos os nenos e nenas!

perrucas

Sobre todas, destacan as perrucas feitas ou adornadas na casa: que bonitas! e que traballiño!

perruca de periódico  perruca de tiras plásticas  perruca de plástico

perruca de plástico  perruca de plástico  perrucas adornadas

perrucas adornadas  perrucas adornadas  perrucas adornadas

     O xoves rematamos a semana adicada ao entroido traendo as batas de casa:

nenos de infantil

nenos de 1º ciclo

nenos de 2º ciclo

nenos do 3º ciclo

Hai algunhas moi bonitiñas:

algunhas batas

VER  IMAXES  DE  TÓDOLOS COMPLEMENTOS

POSTAIS DE NADAL 2012

     Cos mesmos materiais que utilizamos para a árbore de Nadal (chapas de botellas pintadas, cartóns e botóns) elaboramos as postais de Nadal coas que participaremos no concurso de postais da Biblioteca Municipal de Sober.

Postais do 1º ciclo  Postais do 2º ciclo

ÁRBORE DE NADAL 2012

     Este ano para a época de Nadal, faremos unhas bonitas bólas para a nosa árbore con cartóns, chapas de botellas e botóns.

     O primeiro é recortar os cartóns con forma de bóla e despois pintalos de cores alegres.Tamén pintamos de cores alegres as chapas de botellas que trouxeron os nenos.

pintando os cartóns

Despois pegamos as chapas e os botóns nos cartóns para decoralos.

decorando as bólas  decorando as bólas  decorando as bólas

E xa temos unhas marabillosas bólas para a árbore de Nadal

bólas  bólas  bólas

árbore de nadal

BOLBORETAS

     Chegou o outono e nós queremos aproveitar as follas que caen para facer con elas unhas fermosas bolboretas.

     Primeiro debuxamos o seu corpo e despois escollemos dúas follas máis ou menos do mesmo tamaño para facer as súas ás. Este é o resultado:

debuxando as bolboretas  pegando as ás

bolboretas

RASCADORES

     Cunhas pinzas da roupa, unhas botellas de plástico e un pouco de imaxinación para decoralas, facemos uns rascadores que nos servirán para acompañar pequenas obras na clase de Música.

MATERIAIS  tocando  rascadores

TARXETAS

Para esta manualidade recollemos cartóns grosos dos que teñen unha parte ondulada no centro e cun pouco de paciencia, levantamos a súa parte externa para deixar as ondulacións á vista

pelando cartóns

Despois dámoslle cor á esquina dos cartóns con crema dos zapatos

pintando os bordes  pintando os bordes

Cando xa temos a base da tarxeta feita, en cartóns máis delgados debuxamos diferentes motivos para adornala:

debuxando   debuxando

A continuación pegamos cintas de cores e os debuxos recortados nas bases de cartón, dando como resultado unhas bonitas tarxetas para felicitar a quen nos queiramos:

poñendo as cintas   tarxeta rematada

tarxetas rematadas  tarxetas rematadas

tarxetas rematadas  tarxetas rematadas


XOGO DE PUNTERÍA

Para este xogo utilizaremos roios de papel hixiénico e de cociña.

Empezamos recortándoos a diferentes alturas e forrándoos con papeis de cores

tubos de papel  forrando de papeis de cores

A continuación unímolos con grapas e dámoslle a cada un, unha puntuación dependendo do seu tamaño

dándolle puntuación

Agora que xa temos os tubos preparados, preparamos as bolas con anacos de papel de aluminio e gardámolas nunha bolsiña feita con outro roio de papel hixiénico forrado que se unirá aos anteriores:

facendo boliñas  bolsiña para as bolas

Por último unimos todo e só nos queda disfrutar do noso novo xogo de puntería

xogo de puntería



COMETAS

Comezamos decorando trozos de cartóns que serán as bases das nosas cometas. Para decoralos facemos debuxos, pegamos papeis de cores ou de agasallo...

decorando cartóns

Para as colas das nosas cometas faremos tiras coas bolsas de plástico que os nenos e nenas trouxeron das súas casas.

facendo tiras  facendo tiras

Para rematar, só falta unir as tiras ás cometas e listo!

cometas feitas

VER MÁIS IMAXES

Distribuir contido