As familias contan

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Francesca, Valentina e Christian (25/01/2019)

   Retomamos a actividade As familias contan despois de nadal con Mónica, a nai de Francesca, Valentina e Christian que nos leu o libro The Snowman, un libro inglés escrito por Raymond Briggss en 1978.
 
    Este libro que nos conta Mónica en inglés relata a historia de Jessica, unha nena que constrúe un boneco de neve que cobra vida popia, aprende axogar cos xoguetes dela e nun final sorprendenteata son capaces de voar...

 

   Podedes escoitar a narración en inglés na seguinte emisión de As familias contan en Radiuvín.
 

 

 

  Se vos gustou a historia podedes ver a adapatación ao cine que fixo Dianne Jackson. Unha película muda que estivo nominada para o Óscar ao Mellor Corto de debuxos en 1983.
   
Moitas grazas por compartir con nós un ratiño do teu tempo
e por darnos a coñecer esta historia.
 
 
 
 
 

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Ada (2/11/2018)

  Entre as dúas contáronnos Con tango somos tres de Justin Richardson e Peter Parnell, un libro que recolle a historia real de dous pingüíns do zoo de Central Park que formaron unha familia diferente.

 

    Ademais, antes de marchar, Antía e Ada pasaron polos estudios de Radiuvín para gravar esta historia e que todos poidades coñecela ou recordala.

MOITAS  GRAZAS ÁS  DÚAS!!
 

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Laura Gómez (21/6/2018)

    Hoxe tivemos na biblioteca á nai de Laura Gómez, o cal non é ningunha novidade xa que compartimos con ela todos os días do curso.
 
   A novidade foi que ela hoxe non viña como profe senón que viña como nai a participar na actividade As familias contan. O libro escollido foi Adivina cuánto te quiero escrito por Sam McBratney e ilustrado por Anita Jeram da Editorial Kókinos.
 
   Neste libro o autor cóntanos a dificultade da pequena lebre para encontrar o modo de describir o tamaño dos sentimentos; e tentando facelo, entende que o amor non é algo fácil de medir senón que é algo que hai que sentir. 
 
 
GRAZAS  E  UN  ABRAZO  MOI  GRANDE, UN  DESES  QUE  NON  SE  PODEN  MEDIR!!

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Francesca, Valentina e Christian (8/6/2018)

    O venres tivemos na biblioteca unha familia que se estrena na actividade As familias contan.
 
   Mónica é a primeira vez que ven a contar e para facelo, escolleu un libro en inglés que é a súa lingua natal:The rainbow fish de Marcus Pfister. Neste conto o autor fálanos da historia dun peixe arco iris que a pesar de ser o máis fermoso do océano coas súas escamas de mil cores está triste e só. A través das súas aventuras, os nenos e nenas reflexionaron sobre a importancia de compartir.
 
   Para acompañar á narración, Valentina fixo uns títeres que representaban os personaxes do libro e ademais, foi a encargada de movelos tralo teatrillo; mentres que Francesca colaborou na propia narración.
 
 MOITAS  GRAZAS  POR  VIR  A  CONTAR  Á  NOSA  BIBLIOTECA!
ESPERAMOS  VOLVER  A  CONTAR  CON  VÓS  PARA  O PRÓXIMO  CURSO!!

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Ada (4/5/2018)

    Hoxe estivo con nós unha nai moi coñecida para todos: Antía, a nai de Ada.
 
 
 
   Entre as dúas, fixeron unha representación do libro ¡Voy a Comedte! de Jean Marc Derouen (Ed. Kókinos)
 
 
     Nesta historia un lobo moi malo e moi famento que fala dunha forma moi rara, está esperando a que apareza algún animal ao que comer.
 
    Pero os coellos que por alí van pasando resultan ser moi listos e conseguen librarse do lobro con artimañas moi variadas; ata que ao final o lobo ataca a que non debe e remata facéndose vexetariano.
 

 

   MOITAS  GRAZAS  ÁS  DÚAS  POLA  VOSA  ESTUPENDA  REPRESENTACIÓN!!

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Senén (2/2/2018)

   Hoxe tivemos na biblioteca a Sonia, a nai de Senén, para participar na activiade As familias contan. Ela contounos o libro Señora de los mares de Ana María Machado (Ed. Everest). 
 
 
  Nesta historia Marina, que é a nena protagonista, decide ser pescadora desafiando á tradición do lugar, na que só os homes podían saír a pescar.
 
 
 
   Despois da narración, Senén leu un texto moi interesante extraído do libro Un día de caca e vaca de Fina Casalderrey que nos fixo reflexionar sobre a importancia da igualdade de xénero entre nenos e nenas.
Como noutras ocasións, foi un gran pracer recibirvos!!
 
Moitas grazas por seguir participando nesta actividade!!

AS FAMILIAS CONTAN: Coñecendo outras culturas (19/1/2018)

    Helena, a nai de Uxía, estivo na biblioteca para contarnos como é a vida dos nenos e nenas ingleses en comparación coa nosa.

 
    Falounos dos seus horarios: hora de levantarse, de comer, de cear ou de acostarse.
 
 
   Da súa alimentación: coñecemos produtos típicos como o Marmite ou os seus xeados preferidos que comen durante todo o ano.
 
 
  Do colexio: o camiño (coñecemos a figura da Lollipop Lady), os edificios, a distribución dos cursos, os uniformes...
 
 
    E tamén de que en Inglaterra non teñen a Mari Luz, a nosa cociñeira, e por iso a maioría dos nenos e nenas levan o seu Packed Lunch en vez de comer no comedor escolar.
 
 
A very, very interesting talk!!
Thank you very much!!!!

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Laura Gómez (15/6/2017)

    Para rematar a actividade As familias contan deste curso, hoxe foi a quenda da familia de Laura Gómez

     Ela e a súa nai Flora (a profesora de música) foron as encargadas de contarnos o libro O oso e o piano de David Litchfield.
  Laura fixo do pequeno oso tocando o piano, mentres Flora leu a historia dun osiño que atopou no bosque algo que non vira nunca: un piano!
 

   Co tempo, o oso aprendeu a tocar e a súa extraordinaria habilidade converteuno nunha gran estrela. Conseguiu fama, fortuna e toda a música do mundo, pero botaba de menos aos seus amigos e á familia que deixara atrás.

 
 Unha experiencia moi diferente pero tan gratificante
que seguro que repetiremos o próximo ano!

AS FAMILIAS CONTAN - Familia de PILAR (28/4/2017)

Maite, a nai de Pilar, foi a persoa que hoxe veu voluntariamente a contarnos un conto.

A historia escollida foi un conto clásico: Bambi do libro Tesoro de clásicos.

 


MOITAS  GRAZAS  POLA  TÚA  COLABORACIÓN!!

AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Senén (17/02/2017)

    Nesta xornada de As familias contan, tivemos na biblioteca a Sonia e a Senén que nos contaron o conto: Quen necesita un sombreiro máxico? de M. Jesús Bolta

    Sonia, narrounos a historia de Sabela que ten un sombreiro máxico que fai realidade todos os desexos que lle pide; pero aínda así...non é feliz! 
    
     A través deste conto, puidemos reflexionar sobre a felicidade e a importancia dos amigos:
- Que necesito para ser feliz?  
- Necesito cousas materiais? 
- Podo ser feliz sen moitos xoguetes?
 
 
Moitas grazas aos dous por contarnos esta historia, 
estamos encantados do voso paso pola bibioteca!!
 
Distribuir contido