Excursións

VISITA IES A PINGUELA (15/06/2016)

    Os nosos alumnos e alumnas de 5º e 6º de Primaria foron a visitar o IES A Pinguela, que será o seu centro nun futuro. Foron con aqueles que serán os seus compañeiros: o alumnado de 5º e 6º do CEIP Monte Baliño.

        Ademais, tamén visitaron o planetario Matías Vázquez da man do propio Matías que lles explicou a orixe do universo, o futuro do Sistema Solar, coñecementos básicos de meteroloxía...

 

 

EXCURSIÓN A MONFORTE DE LEMOS (26 - 05 - 2016)

   Hoxe fomo de excursión a Monforte; unha saída na que tiñamos programadas moitas actividades.

   Para empezar unha visita ás instalacións de Onda Cero Monforte de Lemos, a emisora que está emitindo os poemas que gravaron os nosos nenos e nenas do poeta Manuel María para conmemorar o Día das Letras Galegas.

 

  E mentres uns grupos visitaban estas instalacións; outros xogaban na Praza de España

 

  A continuación fomos a ver o musical  "El libro de la selva"  baseado no libro de Rudyard Kipling. Tamén no Edificio Multiusos había unha exposición adicada a Cervantes na que algunhas nenas se fotografaron coas meninas

 

    A seguinte parada foi na panadería para facer un taller de pan; onde nos explicaron todo o proceso de elaboración este alimento. 

    Ademais os nenos e nenas tamén tiveron tempo de elaborar o seu propio boliño recheo de chocolate e probar algúns produtos.

   

 

 

   Como aos boliños lles leva un tempo cocerse; aproveitamos para comer no parque e xogar un pouco antes de ir a recollelos e voltar ao colexio.

PODES  VER  TODAS  AS  FOTOS  DA  EXCUSRIÓN

NA  GALERÍA  DE  IMAXES

ACÁBATE LA SOPA E VISITA Á CASA DO PATRÓN (28 - 10 - 2015)

   Os nenos e nenas de Primaria do noso centro, vimos de asistir ao Concerto Didáctico Acábate la sopa que se celebrou no Auditorio de Galicia en Santiago de Compostela.

   Durante o concerto vimos que ás veces non é fácil acabarse a sopa, e mentres o intentas, a imaxinación voa e voa...e lévache a outros mundos onde os personaxes aparecen onde menos o esperas e a música soa ao redor transformando a cociña nun espazo fantástico onde todo é posible. Da man de catro músicos e unha bailarina, aproximámonos a compositores como Shostakovitch, P. Glass ou The Beatles.

 

 

   Despois visitamos o museo etnográfico de Lalín: A casa do Patrón, onde puidemos aprender moitas cousas da nosa cultura: oficios, tarefas do campo como a malla ou o proceso do liño e a da lá, cómo era unha escola de mediados do século XX, ou unha casa tradicional galega... en fin... moitas cousiñas que hoxe están a desaparecer

  

 

    Tamén fixemos un taller no que aprendemos a elaborar o queixo, en 4 pasos que non nos pareceron moi difíciles.

    1º) Quentar o leite a 35º ou 36º. Neste caso utilizamos 15 litros de leite de vaca.

    2º) Engadimos sal e o callo e deixamos repousar ata que está callado.

    3º) Distribuímos o leite callado en pequenos recipientes para escorrelos manualmente e extraerlle o suero.

    4º) Distribuímos en moldes (neste caso uns vasiños de plástico) e xa temos o noso queixo listo

   

 

Hoxe, o xornal La Voz de Galicia fíxose eco desta noticia:

 

     Nestre outro recorte de prensa do día 9-11-2015 de El Progreso, tamén se fan eco da noticia pero cambiannos de localidade e dicen que somos de Portomarín: unha errata!!

Para ver todas as fotos desta excursión, preme no enlace

GALERÍA DE FOTOS

ACÁBATE LA SOPA

28/10/2015 09:45
Europe/Madrid

Como en anos anteriores, o noso centro foi seleccionado para participar nos concertos do Auditorio de Santiago de Compostela dentro do programa Compostela, capital cultural.

Este ano a obra á que asistiremos os alumnos de Primaria o día 28 de outubro é Acábate la sopa.

EXCURSIÓN FIN DE CURSO: PRAIA E ZOO

Este ano fomos de excursión de fin de curso á praia e ao zoo de Vigo.

Excursión_Fin_de_curso_(6).JPG

Excursión_Fin_de_curso_(75).JPG

 

Tivemos un día estupendo e os nenos pasárono moi ben.

Podes ver todas as imaxes da escursión premendo no enlace

GALERÍA DE FOTOS

CONCERTO DIDÁCTICO E XANTAR DE CONFRATERNIDADE

    O venres día 8 de maio, asistimos ao Concerto Didáctico que nos ofreceu a Escola de Música Municipal de Sober.

   Compartimos auditorio co CEIP Monte Baliño (Pantón), CEIP Rosalía de Castro (Bóveda), Fundación Terra de Lemos (Monforte) e os nenos do PAI.

  Durante o concerto pudiemos aprender moitas cousas sobre todas as familias de instrumentos da banda:

VENTO MADEIRA: frauta traveseira, clarinete e saxofón. 

VENTO METAL: trompeta, trompa, trombón e tuba.

PERCUSIÓN

   Tamén recibimos sorpresas coas aparicións inesperadas de diferentes personaxes mentres escoitabamos as súas bandas sonoras: as princesas de Frozen, a Pantera Rosa, os Picapedra, Abellas Maya, Bela e Lisa Simpson

   

   

    E así, entre obra e obra e tantos personaxes chegou o final do concerto do que todos marchamos encantados.

  Despois deste concerto, os alumnos e alumnas do CEIP Rosaía de Castro de Bóveda, quedaron a xantar con nós. Compartindo comida e xogos, coñecémonos e fixemos novos amigos.

 

 

EXCURSIÓN A FERREIRA DE PANTÓN

   Comezamos a excursión cun invitado inesperado: a choiva! Así que tivemos que cambiar o programa establecido.

   A  primeira visita foi ao Mosteiro das Bernardas, o único mosteiro cisterciense feminino que mantivo vida relixiosa continuada desde a súa fundación ata a actualidade.

   Nel os nosos alumnos e alumnas puideron coñecer de primeira man o que significa a vida monacal.  (Máis información sobre o Mosteiro)

 

 

    Para a segunda visita dirixímonos a San Miguel de Eiré un dos conxuntos románicos mellor conservados de Galicia; declarado monumento nacional en xuño de 1964. Do antigo mosteiro, consérvase a igrexa que pertence a segunda metade do s. XII (Máis información sobre S. Miguel de Eiré)

     A continuación un momento de descanso para merendar e coñecer aos alumnos do CEIP Monte Baliño.

 

    Despois da merenda e a primeira toma de contacto, pasamos ao contacontos Babamor no que a actriz Larraitz Urruzola nos contou diferentes historias de amor envoltas en toneladas de cariño: ollos que miran a outros ollos, cóxegas e paseos por xardíns de bolboretas.

    Esta actividade pertence ao programa Ler conta moito da Rede Galega de bibliotecas.

 

     Para rematar a excursión, momento de confraternidade cos nosos compañeiros do colexio de Ferreira: xantar e xogos.

 

    E así chegamos ao final, despedíndonos ata un novo encontro

GALERÍA  DE  IMAXES  DA EXCURSIÓN

 

CONCERTO DIDÁCTICO SON +D2

     Este ano tivemos a sorte de ser un dos colexios escollidos para os concertos didácticos que organiza o Concello de Santiago de Compostela en colaboración co Auditorio de Galicia.
     
     O concerto que fomos a ver está baseado no libro Estamos no verán de Xoán Curiel e Charo Pita (Editorial Galaxia)

    Así que a pesar do frío e da neve que había ese día; marchamos  a  Santiago.

  

 

   Nada máis chegar, fomos directamente para o concerto (recordámosvos que curiosamente se chamaba Estamos no verán) onde todos disfrutaron moitísimo ademais de aprender moitas cousas sobre os instrumentos que compoñían o grupo e os diferentes estilos musicais.

 

 

 

 

    Podes recordar algúns dos temas do concerto pinchando nos enlaces:
 

    Despois de xantar, adicamos a tarde a visitar a Catedral de Santiago de Compostela e o seu Museo. Aínda que esta visita non foi tan divertida como o concerto; os puideron apreciar os tesouros que se gardan no Museo, pasear polo claustro, asomarse ao balcón para disfrutar de Praza do Obradoiro desde as alturas, visitar a Catedral e abrazar ao Apóstolo Santiago.

 

  

      Para comprobar se estivestedes atentos ao concerto podedes facer o seguinte libro de actividades!

 

CONCERTO DIDÁCTICO SON +D2

16/01/2015 09:45
Europe/Madrid

   

    Excursión do alumnado de Primaria a Santiago de Compostela para asistir ao Concerto Didáctico do grupo Son +D2 no Auditorio de Santiago de Compostela.

     Neste concerto preténdese achegar aos nenos e nenas ao mundo da música e da creatividade amosándolles dun xeito interactivo os diferentes instrumentos e ritmos do mundo; con cancións en directo e moi participativas.

     Nos seguintes enlaces podedes encontrar algúns exemplos dos ritmos que escoitaremos

- BLUES: Rapás, rapás (Xoán Curiel)

- JAZZ: Summer time (Ella Fitzgerald - Louis Armstrong)

- REAGGE: Stir it up (Bob Marley)

- HIP HOP: Lets Twins

- BOSSA NOVA: Garota de Ipanema (Antonio Carlos de Jobim - Vinicius de Moraes)

- MARTILLO: Chan chan (Buena Vista Social Club)

- MERENGUE: Ojalá que llueva café en el campo (Juan Luis Guerra)

- RUMBA: Penas con rumba (Estopa e Melendi)

- BULERÍA: La leyenda del tiempo (Camarón)

- MUÑEIRA: Muñeira de Chantada (Milladoiro)

- PASODOBRE: A saia da Carolina (Fuxan os ventos)

- MATSUM: A Chía (Xoán Curiel)

Distribuir contido