Fin de curso

Fin de curso

EXCURSIÓN FIN DE CURSO - A CORUÑA (17/06/2016)

   Este ano na excursión de fin de curso fomos A Coruña e aínda que o tempo non nos acompañou como para ir á praia; puidemos facer moitas cousiñas interesantes.

    O primeiro unha parada para coller forzas tras a longa viaxe en autobús

    Despois visitamos o Museo de Ciencia Y Tecnología (MUNCYT) onde nos recibiron uns robots e onde puidemos ver moitos inventos abraiantes: o primeiro ordenador que houbo en España, a lámpada do faro da Torre de Hércules, unha locomotora a vapor, un jumbo de Iberia...

   

 

    Tras xantar; a seguinte parada foi o Aquarium Finisterrae. Alí aprendemos moito cunhas guías que nos foron explicando todas as especies e curiosidades deste acuario; incluso que entre todos os nenos e nenas que fomos non chegamos a ser tan grandes como o bebé balea representado con luces de neón.

 

  

  Para rematar a excursión, unha merenda ao pé da Torre de Hércules

VER  TODAS  AS  IMAXES  DA  EXCURSIÓN

FESTIVAL FIN DE CURSO 2014/15

19/06/2015 14:15
Europe/Madrid

 

INICIO: 14:15

LUGARSALÓN  DE  ACTOS  DO  COLEXIO

FESTIVAL FIN DE CURSO 2014/15

    Remata o curso 2014/15 e para despedilo como se merece, fixemos un festival por todo o alto: actuacións musicais, bailes, contos, chistes, teatro, ximnasia rítmica...

 

   Moitas grazas a todos os que vos esforzastes para que saíse tan ben e unha aperta moi grande para o alumnado de 6º que nos deixa para comezar unha nova aventura educativa.

 

    Para ver todas as imaxes do festival segue o seguinte enlace:

GALERÍA DE FOTOS

FESTIVAL FIN DE CURSO 2013 / 14

 

  FESTIVAL 

    Este ano o festival de fin de curso foi especial porque cumprimos o 40 aniversario do colexio.

    Para celebralo, neste festival estiveron tamén os alumnos da Escola de Música Municipal de Sober, e a Banda Xuvenil.

    Ademais, a continuación do festival, o Concello invitou aos nenos e nenas a disfrutar dunha merenda saúdable e da Festa da Espuma.

    Podedes ver todas as imaxes no seguinte enlace:

GALERÍA  DE  IMAXES

FESTIVAL FIN DE CURSO 2012/13

      Chegou o verán e o fin de curso pero antes de despedilo celebramos o noso festival no Salón de Actos do colexio onde tiveron lugar as actuacións preparadas: teatro, música, ximnasia rítmica...

ESPERAMOS   QUE  VOS  GUSTASEN!!

TEATRO

VER  IMAXES  DAS  ACTUACIÓNS

FIN DE CURSO 2011/2012

Hoxe é 22 de xuño e é o último día deste curso. 

Queremos rematar con ledicia, celebrando o noso festival coas nosas pequenas representacións teatrais e actuacións musicais; para as que estivemos ensaiando moito tempo con moita ilusión.

Esperamos que vos gusten moito e que si é así nos aplaudades con moita ansia.

 


FELICES VACACIÓNS E BO VERÁN PARA TODOS!!

VER IMAXES DO FESTIVAL

FIN DE CURSO 2010/2011

Xa remata outro curso; despois de moito traballar e estudar e de moitas cousas aprendidas é o momento de descansar.

vacacións

Nembargantes, antes de marchar aínda temos que celebrar o noso festival de fin de curso para o que estivemos ensaiando moito tempo. Esperamos que vos gusten as actuacións e que pasedes un bo verán

VER  IMAXES  DAS  ACTUACIÓNS

FESTIVAL CURSO 2008/09

O final do curso xa chegou.

Agora é o momento de demostrar que bos artistas somos: teatro, actuacións musicais...

E aínda que estamos moi contentos pola chegada do verán, tamén estamos un pouco tristes polos alumnos que se van, os nosos compañeiros de 6º.

BO VERÁN E FELICES VACACIÓNS!

VER IMAXES

Distribuir contido