Horto escolar

LABORES DE MANTEMENTO (14 de Maio)

    Agora que empeza a vir a calor, os alumnos e alumnas maiores encárganse de regar a horta e arrincar as malas herbas do mosaico:

María del Mar regando  Preparando o mosaico

Mentres os máis pequenos desfrutan do bo tempo:

Pequenos disfrutando do bo tempo  Pequenos disfrutando do bo tempo

RECOLLEMOS LEITUGAS

     Aquelas leituguiñas que plantamos aló polo mes de outubro e que estiveron tapadiñas todo o inverno, agora xa están crecidiñas e empezan a servir para comer.

   Aquí tedes aos nenos de Infantil que as recolleron, moi ledos coa colleita:

Nenos coas leitugas

   Despois, a nosa cociñeira Mari Luz lavounas ben e preparou unha rica ensalada con elas. Esta ensalada foi o primeiro plato do noso menú de hoxe:

Comendo ensalada    

POSTA A PUNTO DO HORTO

    Agora que xa parou de chover, podemos comezar a plantación no noso horto.

    O primeiro foi preparar a terra para o que contamos coa axuda dun dos pais do noso cole que veu co seu tractor a darlle unha volta:

pai co tractor

    Despois facemos os regos moi dereitiños:

facendo regos   facendo regos 

   Aboamos a terra para que as nosas plantas medren rápido:

aboando  aboando  aboando

   Con todo preparadiño só nos queda plantar:

 Cebolas:

cebolas  plantamos cebolas  cebolas

Repolos:

plantando repolos  plantando repolos  repolos

Leitugas:

plantando leitugas  plantamos leitugas  leitugas

Patacas:

plantando patacas  plantando patacas  patacas

   Só queda regar e esperar a que medre o froito do noso traballo:

regando  regando

horto plantado

PREPARAMOS A TERRA PARA VOLVER A PLANTAR

     Despois de recolle-la nosa cosecha, temos que prepara-la terra para voltar a plantar novas hortalizas: nabos, allos e unhas  leituguiñas. 

preparamos a terra  plantamos leitugas  plantamos leitugas

Como se achega o inverno, taparemos as leitugas cunha manta térmica para que poidan crecer a pesar do frío e das xeadas.

leitugas tapadiñas 

Pouco a pouco imos vendo como medran os produtos da nosa horta:

leitugas  nabos  allos

leitugas                               nabos                                     allos

RECOLLIDA DE FEIXÓNS, REPOLOS, TOMATES E CEBOLAS

       Tralo verán, recollemos as legumes e hortalizas do noso horto.

     Comezamos por recoller os feixóns que bullarán os nenos e nenas de infantil para facer unha boa fabada no comedor do colexio.

recollendo feixóns  bullando feixóns

     Tamén recollemos os repolos que son moi, moi, moi grandes. Parece que o verán lles sentou de marabilla! Con estes repolos fixemos varias cousas: un apetitoso caldo e un cocido.

repolos  repolos  caldo de repolo

Outras das cousas que recollemos foron os tomates e as cebolas coas que fixemos unhas fermosas rastras:

tomates  rastras de cebolas

PREME AQUÍ PARA VER AS FOTOS

NOVO CURSO: NOVA CARA

     Empeza un novo curso escolar e unha nova edición do Programa Voz Natura. Para empezar a traballar queremos darlle un pouco de cor ao noso horto pintando as súas vallas de cores alegres que o fagan máis atractivo. Veredes que ben nos quedou!pintando vallas  valla pintada   

COSECHA

Pouco a pouco as nosas hortalizas van crecendo ata que se converten en saborosos integrantes dos nosos menús:

leitugas  repolos

recollendo hortalizas  comendo ensalada

LABORES DE MANTEMENTO

Con moito esmero realizamos as tarefas de mentemento do noso horto: sachar, regar, arrincar as malas herbas...

regando   regando

sachando   sachando

A SEMENTEIRA

Para sementar, o primeiro é facer uns regos ben rectiños onde poñer as nosas hortalizas

facendo regos    facendo regos

Cando xa temos os regos feitos, sementamos as fabas:

sementamos fabas

Tamén prantamos cebolas,

prantamos cebolas  prantamos cebolas  prantamos cebolas

leitugas e repolos

prantando  prantamos repolos  prantando repolos

Mirade como quedou o noso horto

horto prantado


ABOAMOS O TERREO

A nosa brigada ecoloxista, encárgase de elaborar un bo compost para o noso horto. Se queres ver como o elaboramos preme aquí

Cando o compost vale, os nenos maiores son os que o botan na terra para aboala e que crezan ven as nosas hortalizas

botando compost

Distribuir contido