Xardín

PEREXIL

     Outra planta que rebrota no noso xardín é o perexil que tamén pode chamarse pirixel. Esta planta fai as delicias da nosa cociñeira que pode collelo directamente do xardín cando quere utilizalo na cociña.

perexil

REBROTAN OS BULBOS

     O ano pasado plantamos xacintos e tulipáns que brotaron e deron unhas flores moi fermosas. Este ano, todas aquelas plantas que secaron despois de dar as súas flores; rebrotan crecendo pouco a pouco pero con forza:

tulipáns  bulbos  xacintos

PENSAMENTOS

     Comeza un novo curso e unha nova edición do Programa Voz Natura. Tamén nós temos que renovar o noso xardín e mantelo bonito; para iso prantamos uns pensamentos que o encherán de flores convertíndoo nunha zona fermosa durante todo o inverno.

plantando pensamentos  plantando pensamentos  plantando pensamentos

ORGULLOSOS DO NOSO XARDÍN

Despois de tanto traballar, estamos moi orgullosos do noso xardín.

cartel

 Como podedes ver un xardín moi, moi, moi, moi, moi fermoso:

as nosas flores  as nosas flores  as nosas flores

as nosas flores  as nosas flores  ´as nosas flores


PLANTAMOS PETUNIAS

Outras plantas que nos gustan moito, sobre todo polas súas flores son as petunias.

Por iso, tamén queremos plantalas no noso xardín.

plantando petunias  plantando petunias

Plantalas e coidalas

regando

PLANTAMOS BULBOS

Coa terra ben preparadiña, plantamos os bulbos de xacintos e tulipáns no xardín

plantando bulbos  plantando bulbos

Pouco a pouco empezamos a ver o resultado do noso traballo; alí onde marcaramos con rotuladores vellos o lugar exacto onde enterramos o bulbo, empezaron a crecer as nosas plantiñas:

crecendo  crecendo

que foron crecendo e crecendo:

crecendo  crecendo

FRESANDO

     Como este terreo nunca se traballou, encontamonos cun problema: a terra é está moi dura e non se pode traballar. Para solucionalo chamamos ao concello que nos mandou a uns rapaces que nolo fresaron todo. Realmente foi unha gran axuda.

fresando a terra   fresando a terra

PINTAMOS

     Unha vez que o noso xardín está libre de maleza, decidimos decorar as súas paredes con elementos da natureza que desen algo de vida a este espazo.

     O primeiro foi pintar de blanco luminoso as paredes e herba verde arredor:

blanqueando as paredes  pintando herba  brigada

     A continuación facemos os bosquexos dos animais, das flores, enredadeiras... e darlle cor ata conseguir unha fermosa decoración:

Noelia debuxando  un caracol  parede frontal

vista aérea  paredes traseiras  caracol

parede frontal  enredadeira  abellas

POSTA EN MARCHA DO NOSO XARDÍN

     Para o xardín, decidimos utilizar un espazo interior do noso centro no que, ata o de agora, non había nada.

 

Espazo para o xardín

     O primeiro que facemos é arrincar a maleza existente; pero como era un traballo ben duro, contamos coa axuda doutros membros da comunidade escolar: alumnado, profes, o bedel e pais. De xeito que entre todos, conseguimos que o terreo quedase preparado.

arrincando maleza  arrincando maleza  profes e pais axudando

Distribuir contido