Entroido

Entroido

ÁBREME A PORTA QUE SON O ENTROIDO (25-02-2022)

     Neste venres de entroido tivemos no colexio un obradoiro de música e danza tradicional a través da ANPA do noso cole e de FAPACEL chamado "ÁBREME A PORTA, QUE SON O ENTROIDO" co grupo TROUPELEAR.

 

   Durante toda a tarde os nenos e nenas separados nos seus correspondentes grupos burbulla puideron bailar ao ritmo de pezas tradicionais galegas relacionadas co Entroido de diferentes zonas da nosa comunidade.

 

    Bailaron unha muiñeira corrida, un agarrado de entroido ("A miña compañeiriña") e unha Cabalgada tamén de Entroido recollida por Casto Sampedro mentres coñecían a personaxes típicos destas datas como as Madamas e os Galáns de Cobres.

 

 

  Despois fixemos un pasarrúas polo patio e polo corredor principal do colexio a ritmo dos toques de Folión de Viana do Bolo.

 

   E para rematar non podía faltar algo de fariña nesta festa de entroido tradicional!


MOITAS  GRAZAS  A  ANPA  POR  ESTA  ACTIVIDADE!!

 

Podedes ver todas as fotos deste obradoiro na GALERÍA  DE  IMAXES

 

COMANDAS DO MECO 2022 - XOVES

  

 

 

 
 
Para rematar deixámosvos o enlace ao vídeo da canción Rosalía pequeniña 
para que poidades escoitala cantas veces queriades.

 

 

ENTROIDO CIENTÍFICO (13-01-2021)

    Para rematar o Entroido queremos compartir un vídeo resumo das comandas do Meco deste estrano entroido científico.
 
   Moitas grazas a todo o alumnado que participou e ás familias que nos enviaron fotos desde as súas casas!!

 

 

 

VENRES DE ENTROIDO: DISFRAZ LIBRE (12-01-2021)

   Este ano non puidemos facer unha comparsa para saír a pasear polas rúas do Concello nin visitar á Residencia Virxe do Carme pero iso non nos impediu disfrutar do venres de Entroido.

 

   Os nosos nenos e nenas viñeron disfrazados das súas casas de superheroes, princesas, animais domésticos ou salvaxes, indios, científicos, indios, enfermeiras... 

 

     Podedes ver todos as fotos que lles fixemos co croma facendo click na  seguinte imaxe:

 

Distribuir contido