Horto escolar

PLANTAMOS NA HORTA

24/03/2015 12:05
Europe/Madrid

Contaremos coa presenza de Mar Sabater para introducir aos nenos nas boas pácticas á hora de sementar e plantar no noso horto.

ABRIMOS O HORTO

    Chegou a hora de abrir o horto para voltar a sementar e plantar hortalizas.

    Os primeiros que veñen son os traballadores do concello veu a cavalo para eliminar as malas herbas que creceron durante o outono e o inverno.

    Despois empeza o noso traballo:

 

PREPARAMOS O HORTO PARA O INVERNO

   Despois de recoller as últimas hortalizas que quedaban no horto; cubrimos toda a terra con folla seca para mantela ben coidadiña ata que voltemos a abrir o horto alá pola 2ª avaliación.

 

    A pena foi que as hortalizas que quedaron non deron moi boa colleita: ademais de poucas foron un pouco ruíns.

 

 

COMEMOS OS NOSOS REPOLAZOS

  Estos días estamos a comer no comedor do colexio os repolazos da nosa colleita.

  O primeiro día comemos un caldo de repolo ben rico e hoxe comemos un cocido moi saboroso!!

Comendo repolo  Comendo repolo

 

RECOLLIDA TRALAS VACACIÓNS

     Comeza un novo curso, pero no noso horto aínda temos que recoller os froitos do traballo do curso pasado; xa que no verán os produtos sementados seguiron medrando.

    Hoxe puidemos recoller o resultado deste traballiño que pasamos e recolectamos bastantes allos porros, repolos tan grandes coma os nenos de infantil e cebolas non tan grandes...:

 

MÁIS   IMAXES

XA TEMOS AMORODOS!!

Xa temos amorodos da nosa colleita!

   

Aínda que non chegan para todos, si que lle dan un sabor especial ao noso postre!

Ummmmm!  Que saborosos!!

O HORTO EN ABRIL

Despois de preparar a terra e sementar, hai que seguir traballando. Para que o horto empece a dar resultados, así é como traballan os nosos alumnos.

       Como podedes ver, as nosas hortalizas medran moito.

Horto en abril   Horto en abril

Horto en abril

TRABALLANDO NO HORTO

 

Hoxe os nosos alumnos tiveron unha idea estupenda.

Recolleron as follas secas polo patio e extendéronas entre as plantas de repolos e leitugas do horto. Desta maneira conseguimos dous obxectivos:

  • As malas herbas tardarán mais tempo en saír.

 

  • A terra conservará mellor a humidade e así evitaremos ter que regar con tanta frecuencia.

                  horto

TRABALLANDO NO HORTO

   Coa melloría do tempo, empezamos a traballar o noso horto. Primeiro o persoal do Concello veu a cavalo para eliminar as malas herbas que medraron durante o duro inverno:

horto cavado

    Despois cos nenos e nenas do 3º ciclo, plantamos leitugas, cebola, allos porros e repolos. Tamén sementamos cenorias:

Cavando  plantando

Plantando

Agora a esperar que medren!!

RECOLLIDA TRALO VERÁN

    Acaba de comezar un novo curso, pero o noso horto non entende o calendario escolar e nel non houbo vacacións de verán senón que os produtos sementados seguiron medrando.

    Grazas a isto, hoxe puidemos recoller o resultado do traballiño que pasamos o ano pasado e colectamos as nosas  patacas e as nosas cebolas:

cebolas  cebolas  cebolas

patacas  patacas  patacas

Tamén colectamos uns repolos cos que a nosa cociñeira Mari Luz nos fixo un boísimo caldo

repolos

Distribuir contido