Música

ACTIVIDADES MÚSICA: FIN DE CURSO

    Pouquiño a poquiño foi chegando o fin deste curso tan raro...

    Pero desde música non podemos  despedirnos con tristura e por iso quero deixarvos unhas últimas coreografías para rematar con enerxía.

     A primeira dedicada ao verán e a segunda porque moitos de vós estades realmente felices de que remate o curso, verdade?

 

UNHA  APERTA  MOI  FORTE

E BO  VERÁN!!

 

ACTIVIDADES DE REPASO: TRIVIAL MUSICAL

   Esta semana propóñovos un xogo de repaso final antes de que remate o curso: un TRIVIAL MUSICAL co que repasaremos ritmo, audición, figuras, instrumentos...

     Quizáis a parte máis difícil sexa a de compositores porque non nos deu tempo de ver moitos pero non vos desanimedes!!!

MOITA  SORTE!!

 

ACTIVIDADES DE MÚSICA

     Esta semana faremos un repaso xeral dos aspectos máis importantes do curso con dous cuestionarios. 

 

Os/As de 1º, 2º e 3º só tedes que facer o voso cuestionario

 

Os/As de 4º, 5º e 6º tedes que facer os dous
 

    Cando os fagades, mandádeme ao correo floragrande@gmail.com o "pantallazo" final, onde se ve se superástedes a actividade ou non.

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5930573-repaso_do_curso_1_2.html

  

https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5942275-repaso_4_5_y_6.html

     Por último, como levamos dúas semanas facendo percusión corporal, esta semana cambiamos e propóñovos uns bailes de "Just Dance".

     Para os máis pequenos que vos parece mover o corpo a ritmo de Baby Shark?

    Para primaria a proposta é High Hopes do grupo Panic!

 

     Non fai falla que enviedes vídeo nin imaxes destes bailes porque é soamente para que vos divirtades e vos movades un pouco a ritmo e así tamén dou tempo aos que tedes actividades pendentes de poñervos ao día.

 

SAÚDOS MUSICAIS!!

ACTIVIDADES DE MÚSICA

Esta semana en música os de 1º, 2º e 3º repasaremos a CLAVE DE SOL, o PENTAGRAMA, as NOTAS e as FIGURAS cos exercicios que tedes a continuación.

    

  

 

 

 Os de 4º, 5º e 6º repasaremos os MATICES e o TEMPO
Podedes recordalos nestas táboas antes de facer as actividades.

Tamén podedes facer as actividades de 1º, 2º e 3º para repasar. Nunca sobra!

 https://es.educaplay.com/recursos-educativos/585830-matices.htmlhttps://es.educaplay.com/recursos-educativos/5618501-practica_los_matices.html

 
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5221804-los_matices_musicales.htmlhttps://es.educaplay.com/recursos-educativos/5308641-por_parejas.html
 
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5855810-tempo.html      https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5855715-tempo.html
 
https://es.educaplay.com/recursos-educativos/5494130-deduce_el_tempo_o_velocidad.htmlhttps://es.educaplay.com/recursos-educativos/5809527-indicaciones_de_tempo.html
 
 
Por último déixovos este vídeo para INFANTIL e PRIMARIA.
Como a semana pasada recibín uns vídeos estupendos da Marcha Turca de Mozart, esta semana propoño unha obra de Beethoven: Contradanza nº 5 que podedes enviar ao meu e-mail: floragrande@gmail.com
 
 

MOZART E BEETHOVEN

   As tarefas de música desta semana están relacionadas con dous dos compositores máis importantes da historia da música:

WOLFGANG  AMADEUS  MOZART  e  LUDWIG  VAN  BEETHOVEN

 

    A continuación, déixovos uns vídeos para que recordedes as súas biografías.

 

 

ACTIVIDADES  PARA  PRIMARIA

(O alumnado de 1º, 2º, 3º e 4º NON ten que facer a actividade rodeada de vermello)

  

 

    Por último, deixo este vídeo para que tanto o alumnado de INFANTIL  coma o de  PRIMARIA practiquedes percusión corporal coa "Marcha Turca" e cando vos saia ben, se queredes, podedes enviarmo coma sempre ao correo floragrande@gmail.com.

ACTIVIDADES DE MÚSICA: FAMILIAS DE INSTRUMENTOS

    Esta semana en Música repasaremos as FAMILIAS DE INSTRUMENTOS.
 
 
Acordádesvos delas?
 
Son 3: corda, vento e percusión.
 
 
   Nos seguintes enlaces atoparedes xogos interactivos para que as practiquedes e as repasedes.
 
Son xogos sinxelos que podedes facer tod@s.
 
Espero que o pasades ben ao tempo que as traballades!!
 
   
 
       
     
 
Ademais como tarefa para esta semana, deberedes construír un instrumento caseiro con materias que teñades por casa. 
 
Para que vos inspiredes déixovos uns enlaces dos que podedes sacar ideas.
 
Cando os teñades mandade unha foto ou un vídeo tocando ou cantando á dirección floragrande@gmail.com
 
 

ACTIVIDADES DE REPASO: NOTAS E ALTURA

Esta semana faremos exercicios de repaso das NOTAS e a ALTURA  DO  SON.

 

A continuación déixovos diferentes xogos cada un deles con diferentes niveis, para que poidades practicar cada un ao voso nivel; pero antes de comezar... repasade as notas un pouco!

 

https://aprendomusica.com/const2/16aprendonotasnivel2/aprendonotasnivel2.htmlhttps://aprendomusica.com/const2/40aprendonotas6/aprendonotas6.htmlhttps://aprendomusica.com/const2/20aprendonotasnivel3/aprendonotasnivel3.html

 

https://aprendomusica.com/const2/exp/index.htmlhttps://aprendomusica.com/const2/27aprendonotas8/aprendonotas8.htmlhttps://aprendomusica.com/const2/03atrapanotas/atrapanotas.html

 

https://aprendomusica.com/const2/32memorynotas1/memorynotas1.htmlhttps://aprendomusica.com/const2/33memorynotas2/memorynotas2.html

 

 Para o alumnado de infantil deixo unha das cancións que utilizamos

na clase para cantar a escala musical.

 

ACTIVIDADES DE REPASO: RITMO

   A continuación déixovos uns enlaces a diferentes actividades para repasar a parte de música relacionada co RITMO.

     Nos xogos hai diferentes niveis para que poidades escoller cada un o voso.

   

 

 

Se vos animades, practicade os vídeos e mandádeos ao correo da biblioteca para ver que ben o estades facendo:
 

ACTIVIDADES DE REPASO DE MÚSICA

XOGOS  PARA  REPASAR  MÚSICA  ON-LINE:

 

PARA  INFANTIL:

 

- Agudo ou grave?

- Rápido ou lento?

- Identificar sons onomatopéicos

- Parellas de sons

 

LINGUAXE  MUSICAL:

 

- FIGURAS E SILENCIOS: Como se chama? (completar)

- FIGURAS  E  SILENCIOS: Como se chama? (unir)

- FIGURAS  E  SILENCIOS: correspondencia entre eles.

- FIGURAS  E  SILENCIOS: duración.

 

- AS NOTAS NO PENTAGRAMA (I)

- AS NOTAS NO PENTAGRAMA (II): emparella as notas co seu nome.

 

 CLASIFICACIÓN  DOS  INSTRUMENTOS:

 

FAMILIAS  DE  INSTRUMENTOS: coloca cada instrumento no seu lugar.

- INSTRUMENTOS  E  FAMILIAS: une cada instrumento coa súa familia.

- SOPA  DE  LETRAS: busca o nome dos instrumentos das fotografías.

- IDENTIFICA OS INSTRUMENTOS pola súa fotografía

- IDENTIFICA OS INSTRUMENTOS polo seu son.

- PUZZLES  DE  INSTRUMENTOS  POR  FAMILIAS: corda fretada, vento metal, vento madeira e percusión.

 

 

EXCURSIÓN A SANTIAGO: CONCERTO DIDÁCTICO E VISITA AO CGAC (13/02/2020)

    O alumnado de Primaria participou hoxe nunha excursión a Santiago de Compostela.
 

   Pola mañá asistimos ao Concerto Didáctico Con fusion do grupo Píscore e a Banda Municipal de Música de Santiago no Auditorio de Galicia. Un concerto singular e orixinal no que gozamos do virtuosismo dos percusionistas que forman o cuarteto Píscore mesturado con diversidade de ritmos, humor e comedia xestual.
 
    Cunha marimba como elemento central do espectáculo, descubrimos ritmos de música latina, rock & roll, reggae, pop e música disco á vez que o alumnado era partícipe destes ritmos percutindo coas palmas, cos pés ou cantando.
  
 
   Un concerto moi divertido e didáctico no que os nenos o pasaron xenial como podedes ver nestes fragmentos do concerto.
 
     Para rematar, puideron facerse unha foto cos membros de Píscore.
 
   Despois comemos na Residencia Universitaria O Burgo das Nacións onde tamén houbo tempo para xogar a varios xogos tradicionais.
 
   Pola tarde fomos ao Centro Galego de Arte Contemporáneo onde puidemos visitar a mostra In Landscape Mode do artista lucense Chrsitian Villamide unha proposta que pretende facer reflexionar sobre os efectos da construción na paisaxe.
 
    Para esta actividade dividímonos en dous grupos e mentres un dos grupos facía a visita guiada á exposición o outro participaba nun obradoiro no que partindo dunha paisaxe tiñan que facer un collage con imaxes de revistas que representaran o que eles pensaban que podía ser esa paisaxe no pasado e como podería ser no futuro.
 
Distribuir contido