XA TEMOS CARTEL PARA CONMEMORAR O 50 ANIVERSARIO DO COLE
Hoxe descubrimos o cartel oficial da conmemoración do 50 aniversario do cole!!
Para a composición final do cartel, utilizamos os debuxos orixinais de Laura Trigo e de Candela que recibiron o seu merecido premio!!
Na parte superior podedes ver as letras coloridas de Laura Trigo que indican o motivo da nosa conmemoración: o 50 aniversario!
No centro atopamos a proposta de Candela que nos mostra como cambiaron as aulas e a forma de dar clase desde 1974 ata 2024.
Na aula de 1974 atopamos un encerado tradicional cunha raíz cadrada, un mapa, un crucifixo, o globo terráqueo e o retrato de Franco, mentres que na aula de 2024 podemos ver novas tecnoloxías como os ordenadores ou o encerado dixital; se ata o nome cambiou nestes 50 anos pasando de COLEGIO PÚBLICO DE EGB VIRXE DO CARME a CEIP PLURILINGÜE VIRXE DO CARME!
Ademais tamén fixemos entrega de agasallos a todos os alumnos e alumnas que participaron no certame.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA PARTICIPACIÓN!!
AS FAMILIAS CONTAN: Familia de Carla Martínez (30/04/2024)
Rematamos o mes de abril cunha actividade de As Familias contan: Carla Martínez e a súa nai Guadalupe Pardo viñeron a contarnos o libro A nena e o avó de Iván Suárez que é un conto con música para coro infantil e piano composta por Josu Elberdin.
Elas escolleron este libro porque Carla e outras nenas do colexio que estudan na Escola de Música de Sober participaron na gravación en directo das cancións do mesmo que se realizaron no concerto de clausura de Ourencanto 2024.
Con Carla e a súa nai coñecemos a Briana que é a protagonista da historia, unha nena de 6 anos que ademais é a autora da idea orixinal dos lacuchinos que sons uns seres máxicos con forma de corazón.
Tamén coñecemos ao seu avó que lle explicou moitas cousas sobre outros seres máxicos da nosa cultura: os trasnos, os meniñeiros, o treboeiro...
Outras cousas que aprendemos foron que ao arco da vella se lle pode chamas arco iris, arco das meigas ou arco das mozas; que se o vemos sobre o mar anuncia bo tempo pero se está sobre a terra, choiva ou neve e que se pasamos por debaixo del podemos pedir un desexo que seguro se vai cumprir.
Ademais durante a lectura do conto, puidemos gozar en directo das cancións do libro xa que Carla e as súas amigas (Estrela, Noa, Leonor, Xiana e Silvia) se animaron a cantar as cancións á vez que Lupe nos contaba a historia de Briana e o seu avó.
Se vós queredes escoitar esta historia e desfrutar un pouquiño das súas voces podedes facelo no seguinte podcast que elas gravaron en Radiuvín.
MOITAS GRAZAS POR COMPARTIR CON NÓS ESTA LECTURA TAN ORIXINAL E POR COMPARTIR TAMÉN AS VOSAS VOCES!!
CLUB DE LECTURA (13 / 2023 - 204)
Comezamos unha nova aventura no club de lectura deste curso coa poeta á que se lle dedican este ano as Letras Galegas: Luísa Villalta.
Para coñecela mellor traballamos coas fichas publicadas pola Deputación de Pontevedra nas que fan un pequeno resumo da súa vida e das súas publicacións; así cando comecemos coa lectura da súa obra saberemos interpretala mellor.
DESPEDIDA ANA (26/04/2024)
Hoxe despedimos a Ana que estivo con nós desde xaneiro facendo as súas prácticas de Grao Infantil e para que non nos olvide entregámoslle un pequeno agasallo ademais dun libro feito polo alumnado de Ed. Infantil cheo de fotografías e debuxos moi coloridos.
Esperamos que teñas moita sorte a partir de agora e que volvas sendo profe!!
CARTAS DENDE A RÍA (V) - 26/04/2024
O mes de abril tráenos unha nova entrega de cartas desde o CEIP de Seara - Moaña.
A recepción destas cartas estase convertendo nun momento moi entrañable para o noso alumnado pois na actualidade xa non estamos acostumados a recibir cartas en papel; non hai máis que observar a emoción coa que viven este momento:
ACTIVIDADES CREATIVAS (24/4/2024)
Busca de letras
FLOTACIÓN E PRINCIPIO DE ARQUÍMEDES (24-04-2024)
O alumnado de 5º de Primaria segue traballando a materia de ciencias facendo experimentos na biblioteca escolar; neste caso puxeron en práctica os coñecementos adquiridos sobre flotación e o principio de Arquímedes.
Así puideron entender por que un barco que pesa toneladas non afunde mentres que un pequeno anaco de ferro ou unha pedriña que pesa moito menos, si o fan.
DÍA DO LIBRO: explosión primaveral (23/04/2024)
Este ano para o día do libro quixemos darlle unha segunda vida a algúns libros do expurgo converténdoos nunha explosión de primavera segundo o modelo de pinterest de Laura Daniel.
Para iso comezamos pintando, recortando, troquelando e pegando flores e bolboretas...
APADRIÑAMENTOS E AMADRIÑAMENTOS LECTORES
Desde fai varios anos, para conmemorar o Día do Libro realizamos unha das actividades preferidas do noso alumnado: os apadriñamentos e amadriñamentos lectores.
Comezaba a ronda na biblioteca, onde Germán e Candela contaban o libro A pantasma colorida de Gema García (Hércules Ediciones) cuns títeres elaborados por eles mesmos.
No corredor principal Carlota e Martín esperaban para contar o libro Tarde de sapo de Maite Mutuberria (Ed. Kalandraka).
Continuamos no patio de colexio. Alí estaban Daniela, Pablo e Lara que compartiron con nós o libro Lobo só quería cantar de Pilar Serrano (Ed. Triqueta).
Seguimos o percorrido e chegamos á sombra dun castiñeiro do patio onde Itzae, Ada e Nayara dramatizaron o relato O labrego e o rei do libro Tres contos para crianzas de Vicente Risco (Aira Editorial)
O percorrido remataba con Antía e Javier que contaron o libro en verso A bruxa divertida de Ricardo Alcántara (Ed. Kalandraka)
Podedes ver todas as imaxes desta actividade na
MOITAS GRAZAS AOS BIBLIOAXUDANTES POR ESTAS LECTURAS!!
FELIZ DÍA DO LIBRO!!