Skip to Content

Visitas e excursións

OBRADOIRO DE BEBIDAS SAUDABLES (NERIA) 15-04-14

O xoves día 15 de maio de 2014, levamos a cabo no centro un OBRADOIRO DE BEBIDAS SAUDABLES para os alumnos do 2º e 3º ciclos de educación primaria. Esta actividade está enmarcada dentro de Programa de Prevención e Reinserción de Drogodependencias (Asociación NERIA). Ambos ciclos elaboraron xunto coa encargada da actividade, Miriam, un batido "DESEO", un cóctel "MEDIODÍA" e un granizado de "LARANXA E PERA". Picando nas diferentes bebidas poderedes ver a súa elaboración.

 

VISITA AO CENTRO DE PALMIRA (mimadriña.com) 14-05-14

O mércores día 14 de maio de 2014, visitou o noso centro PALMIRA coa súa actividade MIMADRIÑA.COM. Así contando historias aos nenos, meteuse de cheo nunha actividade de papiroflexia super entretida.

 

  

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2014 E 8ª CARREIRA PEDESTRE COSTA DA MORTE EN MAZARICOS.

Acábanos de chegar do Concello de Mazaricos, información sobre CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2014 no colexio CALVO SOTELO (A CORUÑA) do 29 de xuño ao 19 de xullo, para rapaces e rapazas nados nos anos 2004, 2003, 2002, 2001 e 2000, residentes en calquera municipio da provincia da Coruña. Teléfono de contacto 981080327  -  www.dicoruna.es 

Tamen temos a información necesaria da 8ª CARREIRA PEDESTRES COSTA DA MORTE, que este ano se celebra en MAZARICOS, o sábado día 24 de maio. Teléfono de contacto: 981867104  -  http:carrera.elcorreogallego.es

Para ver máis información de estas dúas actividades, picar nos posters.

        

EXCURSIÓN DOS ALUMNOS DE E.P. AOS MUSEOS CORUÑESES 08-05-14

O xoves día 8 de maio de 2014, todo o alumnado de Educación Primaria foi de excursión á Coruña para ver os Museos Coruñeses. Pola mañá viron A DOMUS, e despois de xantar foron ao AQUARIUM FINISTERRAE. Xa de tarde foron á CASA DAS CIENCIAS rematando cunha visita ao PLANETARIO. Un plan extraordinario!!!!!!!.

  

VISITA FÁBRICA DE QUEIXOS PÉREZ OLVEIRA ALUMNOS DE E.I. 08-05-14

O xoves día 8 de maio de 2014 os alumnos de Educación Infantil coas súas titoras, fixeron unha visita á fábrica de queixos PÉREZ OLVEIRA, para ver como é o proceso de fabricación de estes queixos tan ricos. Ao remate da visita poideron degustalos queixos insitu.

 

 

OS QUINQUILLÁNS CA OBRA "MERLÍN" NA PICOTA 30-04-14

O mércores día 30 de abril, en horario de mañá, todo o alumnado asistirá á Aula de Cultura do Concello de Mazaricos

para presenciar a obra "MERLÍN" representada polo grupo OS QUINQUILLÁNS.

                                                                                                               

EXCURSIÓN A SANTIAGO 04-04-14

O venres día 4 de abril, fomos todos de excursión a Santiago e fixemos as seguintes actividades:

11:00h. Auditorio de Galicia. Visita guiada á exposición dunha mostra dos 46 traballos seleccionados polo xurado de entre tódolos presentados ao "8º Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas 2013". http://www.compostelacapitalcultural.com/detalles/1231/exposiciones.html

12:00h. Concerto "Manifestacións musicais lúdicas". Ultreia e a tradición galega. http://www.compostelacapitalcultural.com/detalles/15876/eventos.html

13:15h. Infantil e 1º ciclo: non puideron facer o percorrido pola Praza de Abastos xa que chovia. Polo que fumos xantar ao Área Central e despois xogaron no parque infantil.

2º e 3º ciclo: coincidindo coa exposición na Fundación Novacaixagalicia "MASIDE EN COMPOSTELA. O testamento pictórico do mestre", asistiron á actividade-Obradoiro "Maside pinta, Manuel Antonio recita". http://www.obrasocialncg.com/es/evento/maside_en_compostela._o_testamento_pictorico_do_mestre

14:15h. Comimos nun cuberto debido ás inclemencias meteorolóxicas.

15:15h. Saímos de Santiago e chegamos a San Cosme ás 16:15h.

 

CHARLA: "CURIOSIDADES SOBRE A ALIMENTACIÓN". 03-04-14

O xoves día 3 de abril de 2014, tivemos no centro ás 15:00 horas unha charla para todo o alumnado de Educación Primaria co título "CURIOSIDADES SOBRE A ALIMENTACIÓN". Esta ponencia foi a cargo de ADRIÁN BLANCO, Técnico Superior en Industrias Alimentarias. Esta charla tamén estivo enmarcada no Proxecto de centro sobre "A Gastronomía".

 

EXCURSIÓN DE INFANTIL E 1º CICLO 25-03-14

O martes día 25 de marzo, os alumnos de Educación Infantil e do 1º ciclo de Educación Primaria foron de excursión en horario de mañá a unha panadaría (PAN IGNACIO) onde elaboraron pan e viron cales eran os mecanismo de traballo, e máis tarde foron a unha piscifactoria. Toda esta actividade está englobada dentro do Proxecto de centro que este ano trata sobre a gastronomía.

 

SAÍDA DIDÁCTICA PONTEVEDRA-CAMBADOS 14-03-14

Este curso o proxecto que estamos a traballar no centro é sobre a "Gastronomía-Alimentación". Polo tanto esta saída, para os alumnos de 2º e 3º ciclo de E.P., contou coas seguintes actividades:

  • De 11:30 a 13:45 horas, visitamos o XV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra no Auditorio do Pazo da Cultura (a temática este ano é COCIÑANDO CONTOS). Foi unha visita guiada e asistencia ao espectáculo "A CASIÑA DE CHOCOLATE". http://www.salondolibro.org
  • De 13:45 a 14:30 horas, comimos e xogamos nun parque.
  • De 16:00 a 17:00 horas, fixemos unha visita guiada a unha Cetárea de Mariscos. http://www.mariscosveiro.com

Debido a que o tempo se nos votou enriba no Salón do Libro, non poidemos visitar a bodega Martín Códax (Cambados) como tiñamos previsto. Outra vez será!!!!! Chegamos ao centro ás 19:15 horas.

  

  

 

EXCURSIÓN A SANTIAGO INFANTIL E 1º CICLO

O venres día 21 de febreiro de 2014, foron de excursión a Santiago os alumnos de Ed. Infantil e os de 1º ciclo de EP. As actividades que realizaron foron as aseguintes:

  • Ás 11:00h. foron ao Auditorio de Galicia para ver a obra "Pedro e o lobo" de Sergei Prokofiev.
  • Ás 12:15h. visitaron no centro NovacaixaGalicia a exposición "Maside en Compostela", cunha actividade para nenos que levaba por título: "Sons dunha campá chamada Berenguela".
  • Ás 14:15h. xantaron e regresaron para o colexio ás 15:15h. co fin de estar en San Cosme sobre as 16:15h. para coller os autobuses e que os nenos fosen repartidos nas rutas e horarios habituais. Picade nas imaxes para obter máis información das actividades.

   

                                    

EXCURSIÓN A SANTIAGO AUDITORIO-PLAZA DE ABASTOS 18-10-13

O venres día 18 de outubro, os alumnos de 2º e 3º ciclo de educación primaria, irán de excursión a Santiago para ver unha actuación no Auditorio de Galicia do grupo TAC (Taller Atlántico Contempporáneo), ás 12 da mañá e posteriormente trasladarse ata a Plaza de Abastos, para facer unha visita, dentro da programacións de visitas e actividades do proxecto integrado do centro sobre A Gastronomía.Para ver máis fotos, pincha na cámara.


   


VISITA Á GRANXA DE BUSTO-CORZÓN 18-09-13

A Cooperativa FEIRACO está a levar a cabo unha actividade na Granxa BUSTO-CORZÓN en Mazaricos, na que dispoñen dun contacontos e un obradoiro de debuxo. Tamén se realizará unha visita á granxa. Irán os alumnos de Infantil 4-5 anos e os alumnos do 1º e 2º ciclo de educación primaria. Esta visita terá lugar o mércores día 18 de setembro de 2013, en horario de mañá. Pincha na foto para ver máis.

VISITA O CENTRO A SUDAFRICANA RIANA VAN NIEKERK TALJAARD 29-05-13

Visitou o noso centro a Sudafricana RIANA VAN NIEKERK TALJAARD, para falarlles aos nenos e nenas do seu país natal. Fixo unha bonita presentación de fotografías e vídeos sobre SUDÁFRICA, e ensinoulles aos nenos billetes do país, unha figura decorada dun ovo dunha avestruz, etc.. Respondeu ás preguntas dos máis intrépidos e deixounos no centro varias moedas do seu país e un puzzle de sudáfrica para os nenos, a modo de agasallo. Esta visita é outra de tantas que fan referencia ao proxecto sobre as culturas que estamos a desenrolar neste curso no centro. Para ver máis fotos pica nestas.  

 

 

 

VISITA O CENTRO DESIRÉ KOUAKOU TANOH 08-05-13

O día 8 de maio de 2013, visitou o noso centro DESIRÉ KOUAKOU TANOH (Costa de Marfil, 1972), o chamado cariñosamente "Cura negro de Mazaricos", para falarnos sobre o seu pobo natal e a ONG EGUEIRE (Asociación de Cooperación Exterior Egueire), da que é membro, e ca que quere axudar ao seu pobo "para que poida camiñar por sí mesmo". O seu proxecto pretende construir unha casa en GRAND LAHOU para convertila nun centro educativo. Vai facer 7 anos que chegou a Mazaricos e encárgase dos feligreses de Brandomil, Brandoñas, Muiño, Os Vaos e Alborés, nos concellos de Zas e Mazaricos. Esta visita, enmárcase dentro do noso proxecto 12-13 sobre as culturas.

  

PARA VER MÁIS FOTOS DO EVENTO, PINCHA NA FOTO DE GRUPO.

EXCURSIÓN A SANTIAGO: DJ JOSÉ Mª REY E HARUNA TAKEBE NO AUDITORIO 26-04-13

O venres día 26 de abril, fumos de excursión a Santiago de Compostela, ao Auditorio de Galicia, para ver a actuación do DJ José Mª Rey e a actividade "A HISTORIA DO ROCK DE ELVIS A VETUSTA MORLA", de 12 a 13:15, para os alumnos do 2º e 3º ciclo de primaria. O alumnado de ed. infantil e 1º ciclo de EP, repartiron as súas actividades entre o Museo do Pobo Galego e o CGAC. Unha vez rematamos estas actividades, e para o noso centro soamente, na Sala Mozart do Auditorio, vimos en directo un pequeno concerto da pianista xaponesa que nos visitara no centro, HARUNA TAKEBE, de 13:15 a 13:45. Posteriormente xantamos e voltamos para o colexio. Para máis informaíón do concerto de José Mª Rey picade no logo (ahí tamen atoparedes unha unidade didáctica da actividade).

 

  

Para ver máis fotos de ese día, pica en calquera de estas tres fotos.

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2013 DOS 9 AOS 17 ANOS

A Consellería de Traballo e Benestar quere facilitarlle á mocidade galega o acceso a actividades de tempo libre. A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado pretende facer realidade este obxectivo a través da ACCIÓN DE VERÁN 2013. Trátase dun programa de actividades que terá lugar nos meses de xullo e agosto, tanto en Galicia coma noutras comunidades autónomas. Toda a información da campaña podédela ver e descargar picando no seguinte enlace:


 http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html


Para ver as actividades, campamentos e demáis información, pincha neste catálogo. 

ACTIVIDADE: "O DOCE MUNDO DO MEL EN GALICIA" 05-04-13

O Venres día 5 de abril en horario de 10 a 10:30, Beatriz Ríos, impartiu aos alumnos de educación primaria unha actividade que levaba por título "O doce mundo do mel en Galicia". Levouse a cabo o visionado de imaxes e ata un alumno probou un traxe de apicultor. Como remate da sesión, os nenos probaron o mel, e levaron para casa, un tarriño de mel como agasallo. Para ver máis fotos, picade nas imaxes.


   

SAÍDA DIDÁCTICA A PONTEVEDRA. SALÓN DO LIBRO E BIBLIOTECA NODAL 15-03-13

O venres, día 15 de marzo, os alumnos do 2º e 3º ciclo de educación primaria, realizaron unha excursión a Pontevedra, na que levaron a cabo unha visita guiada á exposición do XIV SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL DE PONTEVEDRA, que leva por título "A TODA MÁQUINA". Posteriormente visitamos a BIBLIOTECA NODAL DE PONTEVEDRA, e realizamos unha actividade cos nenos sobre "A formación de usuarios da biblioteca escolar". Para ver información de estas actividades, picade nos títulos ou no cartel anunciador. Para ver máis fotos pica na foto de grupo.


 

SAÍDA DIDÁCTICA A SANTIAGO 01-03-13

                         


O venres, día 1 de marzo, todos os alumnos do centro fixemos unha saída didáctica ao Auditorio de Galicia para ver un Concerto do grupo "A TRIBU" que levaba por título "O JAZZ E A SÚA PEGADA HOXE". Se queredes máis información sobre o grupo ou a Unidade Didáctica de esta actuación, pinchade nos títulos. Esta actividade foi en horario de 12 a 13 horas. A partir das 13 horas, os nenos e mestres vimos unha exposición, sin sair do Auditorio de Galicia, que levaba por título "UNIDOS POLA ARTE" (se queredes máis información sobre esta exposición, picade no título). Despois de todo isto, xantamos ás 14 horas (levamos a comida do comedor do colexio: bocadillos de fiambre, augas, froita e iogures bebibles) nun parque infantil no Campus sur, chegando ao colexio ás 16:30 horas. Se queredes ver as fotos de ese día, picade nesta foto.


VISITOU O NOSO CENTRO ÁNGEL CARRACEDO O 21 DE FEBREIRO

O día 21 de febreiro, visitou o noso centro, o padriño da nosa Biblioteca Escolar, D. Ángel Mª Carracedo Álvarez, para dar unha charla a nenos e maiores sobre "a orixe xenética das diferentes razas humanas". Esta charla está enmarcada, como moitas outras que levamos realizadas no que vai de curso, no noso proxecto integrado deste curso sobre as culturas: "Onde os libros te leven". Tamén nos falou de moitas das investigacións xenéticas realizadas, polo seu equipo,  no seu laboratorio, como a mochila do 11-M, as víctimas do tsunami do sureste asiático ou as nenas de Alcáser. Un destes traballos dos que estamos a falar e a investigación que realizou Ángel a través do Instituto de Mediciña Legal da USC, a petición da Fiscalía Colombiana, para esclarecer o ADN dun neno acollido nun centro de protección de Bogotá, para confirmar si era fillo ou non de Clara Rojas, secuestrada polas FARC, no ano 2002.


Parte de todo isto, saltou á luz ou tivo máis repercusión, no momento de chegar ás pantallas de cine o filme "Operacion E" do director hispanofrancés Miguel Courtois e protagonizado por un dos nosos máis grandes actores cinematográficos, LUÍS TOSAR.


Fixo un experimento, tanto cos alumnos coma cos pais/nais, que consistiu en extraerlle o ADN a guisantes. A xornada rematou xantando todos xuntos, no comedor do colexio, ao que tamen se sumaron outras persoalidades. Pincha na foto para ver as imaxes de ese día.


Tamén poñémosvos eiquí os enlaces dos vídeos das charlas de Ángel Carracedo, tanto o dos alumnos coma o das familias e mestres. Pinchade en cada un deles para velos.


Charla de Ángel Carracedo para as familias e profes do C.E.I.P. Víctor Sáenz sobre "O ADN e a orixe xenética das razas".


Charla de Ángel Carracedo para o alumnado do C.E.I.P. Víctor Sáenz sobre "O ADN e a orixe xenética das razas".

TEATRO EN INGLÉS: FACE 2 FACE 17-12-12

Os nenos e nenas de primaria foron á Aula da Cultura do Concello de Mazaricos (A Picota), o luns día 17 de decembro de 2012, para ver unha obra teatral en inglés do grupo de teatro FACE 2 FACE.


EXCURSIÓN A FEIRACO E LÁCTEOS PÉREZ PARA PRIMARIA 28-11-12

O mércores día 28 de novembro de 2012, fomos de excursión cos/as alumnos/as de primaria a visitar ás 10:30 as instalacións de Feiraco e ás 12:15 visitamos as instalacións de Lácteos Pérez na Pereira. Ao rematar viñemos xantar ao centro. Os alumnos de infantil irán tamen a Lácteos Pérez, pero ainda está a data sen concretar. Esta actividade é organizada polo Concello de Mazaricos que financiará os autobuses. 


   


  

ACTUACIÓN DE SON+D2 CON XOÁN CURIEL NA PICOTA 15-11-12

O xoves día 15 de novembro de 2012, en horario de 11:30 a 13:00 horas, vimos na Aula da Cultura do Concello de Mazaricos a actuación do grupo musical Son+d2 co músico XOÁN CURIEL, facendo un percorrido pola Historia da música. Se queredes entrar nesta Proposta de Concerto Didáctico, picade na proposta.


 

SAÍDA DIDÁCTICA: PARQUE NATURAL FRAGAS DO EUME 28-09-12

Como ben sabedes o curso pasado desenvolvimos no centro moitas actividades relacionadas co bosque. Unha das actividades que máis ilusión nos facía tanto aos ao alumnos como aos profesores era unha visita ás FRAGAS DO EUME, que tivemos que aprazala por motivos climatolóxicos. Esta vez si, e como di o refraneiro popular "Máis vale tarde, que nunca" a hora chegou. O venres día 28 de setembro, visitamos este Parque Natural cos alumnos de 2º e 3º ciclo de Ed. Primaria, saindo do centro ás 10 da mañá e regresando ás 16:30 da tarde. Fixemos unha visita-camiñata guiada polas fragas de 12:00 a 14:00 horas, e despois xantamos na alameda das fragas, bocatas e demais comida preparada polo comedor, voltando para o colexio e chegando ás 16:30 horas para que os alumnos colleran os buses de camiño a casa, como é habitual.


XORNADA DE CONVIVENCIA EN BALARÉS (PONTECESO) 13-06-12

Despois de moito chover, ¡¡¡acertámoslle co tempo!!! Xa pensamos que outro ano máis íamos quedar si a nosa convivencia de fin de curso. Gracias aos meteorólogos. Celebrouse o mércores día 13 de xuño. Saimos do colexio sobre as 10:20 da mañá. O autobús de infantil e 1º dirixiuse directamente á praia de Balarés cos nenos e pais para que xogarán nos hinchables, e o resto fomos ao Faro Roncudo (Corme) para facer unha pequena ruta de sendeirismo ata Corme. Ao rematar xuntámonos todos na praia, e os nenos disfrutaron dos hinchables antes e despois do xantar. Regresamos para o centro ás 17:00 horas, chegando ao centro ás 18:00horas. Saiu todo a pedir de boca. ¡¡¡ATA O ANO QUE VEN!!!.

FESTA VOZ NATURA 2012

O Sábado día 2 de xuño, en horario de 11 da mañá ás 19:30 horas, celebrarase no Parque Deportivo de Acea de Ama, no municipio coruñes de Culleredo, a FESTA VOZ NATURA 2012 á que está invitado todo o mundo que queira asistir, con entrada libre e participación gratuita en tódalas actividades. Alí acudirá unha comunidade formada por 288 centros, casi 49000 alumnos e 3000 mestres. A festa convertirase na clausura da decimoquinta edición do programa, que acollerá a exposición final, na que mestres e alumnos mostrarán os traballos realizados durante todo o curso para protexer e recuperar os ecosistemas. Pola nosa parte exporemos unha maqueta dos nosos bosques, elaborada polo alumnado de 4º de primaria, os proxectos documentais elaborados ao longo do curso, sobre a temática dos bosques, a memoria final do proxecto, un traballo titulado "A árbore feita poesía" e algúns traballos máis de plástica. Para máis información da web pincha aquí.


 

EXCURSIÓN DE 6º A MANZANEDA 23-24-25 MAIO 2012. 3º DÍA

As nosas reporteiras comentan que: "Amanece outro día estupendo na montaña". A temperatura é ideal. Despois do almorzo, comezarán con TIRO CON ARCO.Tamen están a practicar beisbol e hípica. ¡¡¡Estes rapaces fan de todo!!!


    


EXCURSIÓN DE 6º A MANZANEDA 23-24-25 MAIO 2012. 2º DÍA

Según nos contan as nosas reporteiras, amanece un día excelente. Desaiuno e despois imos á AULA DA NATUREZA. Alí nos falan dos lobos, xenetas, cervos, xabaríns, como recoñecer as pisadas e excrementos dos animais, falamos dos seus rastros. Tamén nos informan sobre os árbores que podemos ver en Manzaneda, como: o pino vermello, bidueiro, capudre, teixo e buxo. Rematamos a mañá na PISCINA. ¡¡¡Pasándoo a TOPE!!! E a xantar que xa é hora. ¡¡¡Bo proveito!!!


   


   


  


  


Pola tarde adicáronse a escalar no rocódromo (uns artistas) e que non falte a festa da noite. Con perrucas e ao tolo, titulariase a peli. Parece que o "están a pasar mal".


    

EXCURSIÓN DE 6º A MANZANEDA 23-24-25 MAIO 2012. 1º DÍA

Os/as alumnos/as de 6º curso de educación primaria, marcharon o mércores día 23 pola mañá para a Estación invernal de Cabeza de Manzaneda, acompañados das súas mestras Susi e Asun, para pasar alí tres días, ata o venres 25 de maio. Levarán a cabo diversas actividades con monitores durante estos tres días, e vivirán unha gran experiencia. Esperamos que o pasedes o mellor posible. Un saúdo dende San Cosme a todos. Unha vez alí, déulles tempo de andar nos KARS, facer SENDEIRISMO, de que a Miriam lla caera un dente, e da VELADA pola noite. Para o 1º día non está nada mal.


     

Distribuir contido


by Dr. Radut