O martes día 27 de febreiro en horario de mañá, celebrouse no Circuito Estadio Municipal de Fútbol Julio Mato "Matito" en Noia a FASE INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS en idade escolar. A esta cita acudiron cerca de 60 centros escolares e 750 nenos e nenas aproximadamente que pasaron unha maravillosa xornada deportiva. Do noso centro clasificáronse para esta fase 7 alumnos/as (Valeria, Martiño, Álvaro, Izía, Paulina, Víctor e Lucía) de distintas categorías. Disfrutaron e pasárono xenial co resto de participantes que alí atoparon. Para o ano que ven, "máis e mellor".
O venres, día 24 de novembro de 2023, levouse a cabo no circuito de A Baña a competeción escolar de CAMPO A TRAVÉS na súa Fase Comarcal. Do centro este curso participaron 32 alumn@s dos cursos de 2º a 6º de Primaria. Foi unha experiencia maravillosa!!! Tivemos un medallista ÁLVARO CALVO FORJÁN, que quedou 2º na súa categoría, destacando unha moi boa actuación do resto de participantes.
O Conselleiro Jorge Villar, do Concello de Mazaricos, fixo entrega está mañá das equipacións deportivasque levará o alumnado que participa no Campo a Través de A Baña que se celebra este venres día 24 de novembro. Ademáis tamén nos agasallou con bidóns para auga para cada neno/a e marcapáxinas con motivo da celebración CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Moitísimas gracias.!!!
O xoves día 14 de febreiro, fixemos en RADIO ROSIÑA, unha nova sección chamada "ROSIÑA DEPORTES", e a inauguramos cunha entrevista aos tres alumnos do centro que participaron na Fase Intercomarcal de Campo a Través que se celebrou no circuito "Virxe do Loreto" en Porto do Son. Queriamos que Paula Barcia(5º), Jorge Otero (5º) e Paula Maneiro (6º), nos deran as súas impresións desta participación nunha Fase Intercomarcal cheiña de clubs de atletismo. Picando nas fotos da Radio, poderedes escoitar a grabación.
O venres día 25 de xaneiro de 2019, celebrouse no Circuito "Virxe do Loreto" en Porto do Son a Fase Intercomarcal de Campo a Través, na que participamos con tres alumnos/as en tres diferentes categorías. Na categoría alevín feminino correu PAULA BARCIA BLANCO; na categoría alevín masculino JORGE OTERO PITA e na categoría infantil feminino PAULA BERGANTIÑOS DANZA, facendo os tres unhas fantásticas carreiras. Agradecer a Juan José Barcia Riveiro, que trasladou no seu coche particular e acompañou aos atletas, xunto co mestre de Ed. Física, ata Porto do Son. O ano que ven, máis e mellor!!!!!Noraboa a todos/as pola vosa participación. Se queredes ver os VÍDEOS das carreiras, picade AQUÍ.
A Fase Comarcal de Campo a Través celebrouse no Circuito de A Baña o venres día 4 de decembro de 2018 ás 11 horas. Do noso centro participaron 15 alumnos/as de 2º a 6º de educación primaria. Damos a noraboa a todos eles, pola súa participación e animamos ao resto a participar de cara ao vindeiro curso. Destes 15 alumnos, clasificáronse para a Fase Intercomarcal que se celebrará o vindeiro venres día 25 de xaneiro de 2019 no Circuito "Virxe do Loreto" en Porto do Son,4 alumnos de diferentes categorías:
Soraya Lago Silva (2º E.P.-benxamín feminino).
Paula Barcia Blanco (5º E.P.-alevín feminino).
Jorge Otero Pita(5º E.P.-alevín masculino).
Paula Maneiro Bergantiños (6º E.P. infantil feminino)
Desexámoslles a mellor das sortes na carreira. Pica nas fotos para ver tódalas fotos de ese día. E pica AQUÍpara poder ver os vídeos que se gravaron ese día.
O venres día 27 de xaneiro de 2017 celebrouse na Serra de Outes a Fase Intercomarcal de Campo a Través, para a que se clasificaron do noso centro, PAULA BARCIA (3º), JORGE OTERO (3º) E MIGUEL BARRUL (3º). Fixérono fantástico a pesar da gran cantidade de choiva que caeu durante a carreira. Noraboa aos tres!!!!!! Picade AQUÍ para ver as fotos e AQUÍ para ver os vídeos da entrada en meta dos tres alumnos.
O xoves día 12 de xaneiro de 2017, participamos con 13 alumnos/as na Fase Comarcal de Campo a Través no circuito de A Baña. Conseguimos un 2º posto na categhoría alevín masculino con Miguel Barrul, e un 3º posto na categoría benxamín masculino con Jorge Otero. Dende aquí a nosa noraboa a todos/as os/as participantes e á organización da carreira. Para ver tódalas imaxes de ese día picadeAQUÍ.
O pasado venres día 23 de xaneiro de 2015, celebrouse en Porto do Son, no Circuito "Virxén do Loreto", a Fase Intercomarcal de Campo a Través 14-15. Do noso centro clasificouse para esa fase a alumna de 5º de primaria CLAUDIA GONZÁLEZ LIÑARES (despois de quedar no 2º posto na Fase Comarcal disputada en Negreira), que competiu co mellorciño da zona e quedou no posto 21º. A nosa máis grande noraboa!!!!!!!
Celebrouse a Fase Comarcal de Campo a Través no circuito de Negreira (I.E.S. Xulián Magariños), o mércores día 3 de decembro de 2014. A participación dos nosos equipos foi reseñable, e merece especial mención o 2º posto da nosa alumna de 5º curso de primaria CLAUDIA GONZÁLEZ LIÑARES, na categoría Alevín Feminino. Noraboa a todos/as os/as participantes!!!!!!
Os/as alumnos/as pertencentes ós equipos de Campo a Través, representaron ó colexio o venres día 24 de xaneiro de 2014, participando na Fase Comarcal que se celebrou ás 11h. no circuito de Campo a Través, situado cerca do colexio de Bembibre (Val do Dubra). Aquí tedes a LISTA DE PARTICIPANTES. Para ver máis fotos de ese día, e aos nenos en acción, picade nas fotos da parte inferior.
O luns día 3 de decembro de 2012, celebrouse no circuito de Campo a Través de Negreira (en fronte ao IES Xulián Magariños) a Fase Comarcal de Campo a Través escolar. Os nenos anotados para ir correr esta carreira xa levaron a información pertinente para os seus pais. A proba comezou ás 11 horas e a participación dos/as nenos/as foi fantástica. Reseñar a medalla de 3ª clasificada da alumna de 3º curso SHEILA LAGO SILVA. NORABOA A TODOS!!!!! Pica na foto para ver as fotos dos nosos atletas.