Música

ACTIVIDADE PARA CONMEMORAR A VIOLENCIA DE XÉNERO 28-11-16 "ROEDORES"

Asistimos, invitados polo Concello de Santa Comba, a unha obra teatral titulada "ROEDORES" da compañía REDRUM no Multiusos de Santa Comba, xunto con outros colexios, para conmemorar o Día Internacional contra a violencia de xénero. Foi en horario de mañá de 11:15 a 12:15 horas o luns día 28 de novembro de 2016. Para ver todas as fotos de ese día pica AQUÍ.

  

ACTUACIÓN DE LUIS SOTO AMIL FRAUTISTA DA RFG 22-11-16

Para celebrar este día 22 de novembro Día de Santa Cecilia, patroa dos músicos, poetas e cegos, e dada a temática do noso proxecto integrado de centro de este ano sobre a música, tivemos a sorte de poder contar no centro coa actuación de LUIS SOTO AMIL, frautista, membro fundador do Taller Atántico Contemporáneo e parte da plantilla da REAL FILHARMONÍA DE GALICIA, que nos deleitou coa súa presenza e algunha que outra actuación. Para ver todas as fotos pica AQUÍ.

   

MAGOSTO 2016 E ACTUACIÓN DE ÁLVARO MURAS "A ILUSIÓN DUN MÚSICO" 11-11-16

O venres día 11 de novembro e coincidindo coa celebración do Magosto 2016, tivemos no centro ás 14.45 horas a actuación de Álvaro Muras (Músico) e Martín Camiña (maxía) co seu espectáculo "A ILUSIÓN DUN MÚSICO", na Biblioteca do centro. Picando no cartel veredes un video de estos magnificos artistas. Despois desta actuación fomos todos para o comedor do centro e xantamos as castañas asadas polas cociñeiras que picaron o día anterior os/as alumnos/as de 4º, 5º e 6º de primaria. Para ver fotos de ese día picade nas imaxes.

     

SAÍDA DIDÁCTICA A CORUÑA. TEATRO COLÓN E PALACIO DA ÓPERA 09-11-16

O mércores día 9 de novembro fixemos unha saída didáctica con todos os alumnos de educación primaria á Coruña para asistir ás 11 horas, ao TEATRO COLÓN para ver "AS CATRO ESTACIÓNS" de Vivaldi a través de Danza Contemporánea da man dos coreógrafos Iker Gómez e Kenneth Tindall, a través do Centro Coreográfico Galego. Primavera, verán, outono e inverno, reflectidas sobre o escenario nas distintas variacións interpretadas por un elenco de 8 bailaríns e bailarinas. De 12:15 ás 13 horas demos un paseo pola cidade herculina ata o Palacio da Ópera e de 13 a 14 horas fixemos unha visita guiada ao Palacio da Ópera sede da Orquestra Sinfónica de Galicia. Vimos diferentes salas e estivemos no escenario do Auditorio Principal, dotado de extraordinarias condicións acústicas e técnicas, polo que pasaron grandes nomes do mundo do espectáculo.

     

"PITUSA E SEMIFUSA E A FAMILIA DOS INSTRUMENTOS" AUDITORIO SANTIAGO 03-11-16

O xoves día 3 de novembro, foron de excursión a Santiago os alumnos de Ed. Infatil e 1º e 2º de educación primaria, para ver no Auditorio de Galicia o Concerto "PITUSA E SEMIFUSA, E AS FAMILIAS DE INSTRUMENTOS" ás 12 horas. Tamén poideron ver a Exposición "SEMENTES" dos premios Auditorio de Galicia para novos artistas. Rematou a xornada xogando nun parque infantil e xantando, acompañados polo precioso día que facía. Para ver tódalas fotos de ese día (paseando por Santiago, vendo o Concerto de Fusa e Semifusa e na exposición "Sementes") pica nas fotos.


OBRADOIROS DE PERCUSIÓN CON MATERIAL DE REFUGALLO 24-10-16

O luns día 24 de outubro, en horario de 10 a 12 horas na Biblioteca do centro, fixemos 2 Obradoiros de Percusión con Material de Refugallo a cargo de José Troncoso Barros, celebrando así o "Día da Biblioteca". Un obradoiro para os pequenos de infantil e 1º e 2º de primaria, e outro para os maiores de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria. Estes obradoiros estaban baseados en ritmos interpretados con instrumentos musicais feitos con obxectos de refugallo do tipo de botellas de plástico, latas de conservas, globos, ou mesmo botes de pintura. Picando na imaxe veredes as fotos que fixemos esa mañá.

  

      

Tamén podedes ver un vídeo gravado noutra escola, pero onde se pode ver o tipo de actividade que fixemos esa mañá. Pica no enlace.

https://youtu.be/MOA4iG4HRoY

EMILIO PRESÉNTANOS INSTRUMENTOS DE MÚSICA TRADICIONAL 13-10-16

O venres día 13 de outubro visitounos Emilio, acompañado de Irene, que é a presidenta da Asociación de Amas de casa de San Cosme. Emilio é músico e presentounos varios instrumentos musicais, para animarnos a asistir ás clases que a Asociación oferta para este curso: acordeón, frauta, pandeireta, tambor, gaita,...Picando nas imaxes, veredes algunhas das fotos de ese día.

  

OS INSTRUMENTOS DA BANDA

Escoita como soan algúns dos instrumentos que forman parte dunha banda:

O TROMBÓN E A TROMPA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A TROMPETA E A TUBA

IMOS Á BANDA

O próximo 5 de maio os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º cursos imos a un concerto ao Auditorio de Galicia, en Santiago de Compostela.

Aquí podedes ver algúns videos relacionados co mesmo:

Algúns xogos onde aparecen, entre outros, os instrumentos que forman parte dunha banda:

http://www.educaplay.com/es/recursoseducativos/867/instrumentos_de_vient...

http://www.educaplay.com/es/recursoseducativos/5820/instrumentos_de_vien...

http://www.educaplay.com/es/recursoseducativos/4135/_a_que_familia_perte...

http://www.educaplay.com/es/recursoseducativos/11756/instrumentos_musica...

Actividades e xogos musicais

Neste enlace atoparás cancións, xogos de linguaxe musical, partituras para frauta...

 http://aprendomusica.com/index.htm

Intentámolo?

Pincha nesta dirección, xa verás que divertido!!! http://handsonlycpr.org/symphony/?id=214b


Nós tamén o temos que intentar...


 

Yellow Submarine

No Terceiro Ciclo comezamos a tocar este coñecido tema de The Beatles. Elexímola porque a "Campaña de Animación á Lectura" deste curso xira en torno ao mar, e porque queriamos incluir no noso repertorio algún tema en inglés!


Escoitade unha gravación da canción gravada pola banda de Liverpool, mundialmente coñecida a partir da década dos 60:


http://www.goear.com/listen/dbfb9e1/yellow-submarine-the-beatles

Powered by Drupal - Design by artinet