O venres día 30 de xaneiro de 2015, tivemos unha charla para o alumnado de 6º de educación primaria, que levaba por título "CAMBIOS NA PUBERTADE" a través da Asociación Neria, en horario de 10 a 11 horas.
O venres día 30 de xaneiro de 2015, tivemos unha charla para o alumnado de 6º de educación primaria, que levaba por título "CAMBIOS NA PUBERTADE" a través da Asociación Neria, en horario de 10 a 11 horas.
Xa vai chegando o remate do curso 13-14, e os alumnos de 6º de primaria van facer a Excursión de Fin de Curso á Ribeira Sacra, os días 9, 10 e 11 de xuño, acompañados pola súa titora Patricia e a súa profe de Música, Susi. Serán tres días de emocións e actividades a tope!!!!! Eiquí vos deixamos o enlace do albergue no que estarán hospedados os nenos con toda a información necesaria (picade na foto de A FÁBRICA DA LUZ).
1º DÍA DE EXCURSIÓN 09-06-14
O luns día 11 e o mércores día 13 de outubro, levouse a cabo, como en anos atrás, unha charla (Asociación NERIA) sobre Os cambios que experimentas os nenos e nenas na pubertade e sobre Habilidades Sociais.
As nosas reporteiras comentan que: "Amanece outro día estupendo na montaña". A temperatura é ideal. Despois do almorzo, comezarán con TIRO CON ARCO.Tamen están a practicar beisbol e hípica. ¡¡¡Estes rapaces fan de todo!!!
Según nos contan as nosas reporteiras, amanece un día excelente. Desaiuno e despois imos á AULA DA NATUREZA. Alí nos falan dos lobos, xenetas, cervos, xabaríns, como recoñecer as pisadas e excrementos dos animais, falamos dos seus rastros. Tamén nos informan sobre os árbores que podemos ver en Manzaneda, como: o pino vermello, bidueiro, capudre, teixo e buxo. Rematamos a mañá na PISCINA. ¡¡¡Pasándoo a TOPE!!! E a xantar que xa é hora. ¡¡¡Bo proveito!!!
Pola tarde adicáronse a escalar no rocódromo (uns artistas) e que non falte a festa da noite. Con perrucas e ao tolo, titulariase a peli. Parece que o "están a pasar mal".
Os/as alumnos/as de 6º curso de educación primaria, marcharon o mércores día 23 pola mañá para a Estación invernal de Cabeza de Manzaneda, acompañados das súas mestras Susi e Asun, para pasar alí tres días, ata o venres 25 de maio. Levarán a cabo diversas actividades con monitores durante estos tres días, e vivirán unha gran experiencia. Esperamos que o pasedes o mellor posible. Un saúdo dende San Cosme a todos. Unha vez alí, déulles tempo de andar nos KARS, facer SENDEIRISMO, de que a Miriam lla caera un dente, e da VELADA pola noite. Para o 1º día non está nada mal.
Os/as alumnos/as de 6º de Ed. Primaria, foron de excursión de fin de curso a Cabeza de Manzaneda, do mércores 8 ao venres 10 de xuño, acompañados polas súas mestras Asun e Susi. Estarán 3 días facendo todo tipo de actividades lúdico-recreativas. ¡¡¡Esperamos que o pasedes de maravilla!!!.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 |
Xunta de Galicia - Consellería de Educación, 2013 |