2013-2014

FESTIVAL FIN DE CURSO 20-06-14

O venres día 20 de xuño de 2014, tiveron lugar no centro as seguintes actividades:

  • Visionado nas aulas (cada titora cos seus alumnos) e en audiovisuais (para pais/nais) das fotos das actividades e conmemoracións levadas a cabo ao longo de todo este curso.
  • Festival Fin de Curso. No comedor, celebramos un ano máis este festival, con ata 18 actuacións e representacións musicais por parte dos alumnos e alumnas do centro.
  • Entrega dos Diplomas das actividades da ANPA, Diplomas do Deporte Escolar, Orlas aos alumnos que rematan ed. infantil e aos que rematan 6º de primaria.
  • Entrega de notas e revista escolar O San Cosmeiro nº 27.

 

 

ACTUACIÓN DE XOAN CURIEL. A PICOTA 18-06-13

O mércores día 18 de xuño de 2014, en horario de 11:30 a 13 horas na Aula da Cultura do Concello de Mazaricos (A Picota), tivo lugar, para todo o alumnado, a Representación da parte musical do libro-disco “Estamos no verán” (1ª novela disco que se fai en Galicia). Autora: Charo Pita; Música: Xoán Curiel; Ilustrador: Iván R.

 

XORNADA DE CONVIVENCIA BALARÉS 13-06-14

O venres día 13 de xuño de 2014, levamos a cabo a Xornada de Convivencia na praia de Balarés. Pola mañá os nenos de ed. infantil disfrutaron no parque infantil de Laxe, mentres os de primaria e as súas familias facían unha camiñata polo Castro A Cibdá (Borneiro), a chamada "Ruta dos Muiños". Logo nos xuntamos todos en Balarés para xantar e posteriormente tivemos a actuación de PETER PUNK, coa súa función "Peor Imposible" e para rematar o día os nenos e nenas poideron disfrutar de dous hinchables e un toro mecánico.

EXCURSIÓN FIN DE CURSO ALUMNOS DE 6º Á RIBEIRA SACRA

Xa vai chegando o remate do curso 13-14, e os alumnos de 6º de primaria van facer a Excursión de Fin de Curso á Ribeira Sacra, os días 9, 10 e 11 de xuño, acompañados pola súa titora Patricia e a súa profe de Música, Susi. Serán tres días de emocións e actividades a tope!!!!! Eiquí vos deixamos o enlace do albergue no que estarán hospedados os nenos con toda a información necesaria (picade na foto de A FÁBRICA DA LUZ).

 

1º DÍA DE EXCURSIÓN 09-06-14

 

   

   

   

FIESTA VOZ NATURA 2014 07-06-14

Este sábado día 7 de xuño de 2014, terá lugar a FESTA FIN DE CURSO VOZ NATURA 2014 en horario de 11 a 19:30 horasno Parque Deportivo Acea de Ama no Burgo - Culleredo (A Coruña). Para ver todo tipo de información picade no cartel. Unha parte pequena dos nosos traballos do proxecto integrado deste curso xa están expostos na carpa de Voz Natura, para que podades pasar a velos.

                            

XORNADA DE CONVIVENCIA EN BALARÉS 06-06-14

A XORNADA DE CONVIVENCIA PREVISTA PARA ESTE VENRES DÍA 6 DE XUÑO DE 2014, QUEDA APLAZADA PARA O VINDEIRO VENRES DÍA 13 DE XUÑO DE 2014 (OU NOUTRA DATA, CANDO O TEMPO O PERMITA), DEBIDO A QUE O PRONÓSTICO DO TEMPO PARA ESTE VENRES É DESFAVORABLE. http://www.tiempo.com/ponteceso.htm

GRATUIDADE SOLIDARIA LIBROS DE TEXTO 2014-2015

Picando nestas imaxes teredes toda a información necesaria sobre a GRATUIDADE SOLIDARIA 14-15 para a adquisición dos libros de texto. Tamen poderedes imprimir os anexos ou a información que necesitedes. Para calquer aclaración podedes pasar polo centro.                                                         

                                                            

VISITA DA ENDOCRINA CRISTINA GUILLÍN AMARELLE 29-05-14

O xoves día 29 de maio de 2014, recibimos a visita no noso centro da Endocrina CRISTINA GUILLÍN AMARELLE, en horario de tarde para os alumnos de 2º a 6º de educación primaria e para os pais/nais do centro. A charla foi sobre LA ALIMENTACIÓN DE TUS NIÑOS Y NIÑAS. 

  

VISITA A PAN IGNACIO EN VIMIANZO 2º E 3º DE E.P. 21-05-14

O mércores día 21 de maio de 2014 os alumnos do 2º e 3º ciclos de educación primaria foron a visitar a panificadora de PAN IGNACIO en Vimianzo, para ver como se fai o pan e facer os seus primeiros pinitos na elaboración do mesmo. Seguro que o fan polo menos igual de ben que cando foron os alumnos de educación infantil e 1º ciclo de primaria. Esta actividade está inmersa no noso proxecto integrado de centro 2013-2014 sobre a "GASTRONOMÍA".

 

CONCURSO DE ILUSTRACIÓN E REDACCIÓN LETRAS GALEGAS 2014 16-05-14

O venres día 16 de maio de 2014, entregamos os premios do CONCURSO DE ILUSTRACIÓN E REDACCIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2014, que este ano se lle adica a XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, aos traballos elaborados polos nenos e nenas en cada aula. Os premios, según as bases, foron 1 por curso en Educación Primaria, 1 para Ed. Infantil de 3 e 4 anos e outro para EI de 5 anos. O concurso de ilustración foi para os alumnos de EI e o de redacción para os alumnos de EP. Noraboa a todos, pola vosa participación!!!!!!!!! Tamén para conmemorar este día das LETRAS GALEGAS, fixemos un MAIO con todalas frores e outras plantas que foron traendo os nenos ao centro durante estos días. Así mesmo a mestra de música SUSI preparou unha canción que fala sobre os maios. Nas fotos inferiores, tedes os/as gañadores/as do concurso.

 

 

 

  

  

 

OBRADOIRO DE BEBIDAS SAUDABLES (NERIA) 15-04-14

O xoves día 15 de maio de 2014, levamos a cabo no centro un OBRADOIRO DE BEBIDAS SAUDABLES para os alumnos do 2º e 3º ciclos de educación primaria. Esta actividade está enmarcada dentro de Programa de Prevención e Reinserción de Drogodependencias (Asociación NERIA). Ambos ciclos elaboraron xunto coa encargada da actividade, Miriam, un batido "DESEO", un cóctel "MEDIODÍA" e un granizado de "LARANXA E PERA". Picando nas diferentes bebidas poderedes ver a súa elaboración.

 

VISITA AO CENTRO DE PALMIRA (mimadriña.com) 14-05-14

O mércores día 14 de maio de 2014, visitou o noso centro PALMIRA coa súa actividade MIMADRIÑA.COM. Así contando historias aos nenos, meteuse de cheo nunha actividade de papiroflexia super entretida.

 

  

CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2014 E 8ª CARREIRA PEDESTRE COSTA DA MORTE EN MAZARICOS.

Acábanos de chegar do Concello de Mazaricos, información sobre CAMPAMENTOS DEPORTIVOS 2014 no colexio CALVO SOTELO (A CORUÑA) do 29 de xuño ao 19 de xullo, para rapaces e rapazas nados nos anos 2004, 2003, 2002, 2001 e 2000, residentes en calquera municipio da provincia da Coruña. Teléfono de contacto 981080327  -  www.dicoruna.es 

Tamen temos a información necesaria da 8ª CARREIRA PEDESTRES COSTA DA MORTE, que este ano se celebra en MAZARICOS, o sábado día 24 de maio. Teléfono de contacto: 981867104  -  http:carrera.elcorreogallego.es

Para ver máis información de estas dúas actividades, picar nos posters.

        

EXCURSIÓN DOS ALUMNOS DE E.P. AOS MUSEOS CORUÑESES 08-05-14

O xoves día 8 de maio de 2014, todo o alumnado de Educación Primaria foi de excursión á Coruña para ver os Museos Coruñeses. Pola mañá viron A DOMUS, e despois de xantar foron ao AQUARIUM FINISTERRAE. Xa de tarde foron á CASA DAS CIENCIAS rematando cunha visita ao PLANETARIO. Un plan extraordinario!!!!!!!.

  

VISITA FÁBRICA DE QUEIXOS PÉREZ OLVEIRA ALUMNOS DE E.I. 08-05-14

O xoves día 8 de maio de 2014 os alumnos de Educación Infantil coas súas titoras, fixeron unha visita á fábrica de queixos PÉREZ OLVEIRA, para ver como é o proceso de fabricación de estes queixos tan ricos. Ao remate da visita poideron degustalos queixos insitu.

 

 

OS QUINQUILLÁNS CA OBRA "MERLÍN" NA PICOTA 30-04-14

O mércores día 30 de abril, en horario de mañá, todo o alumnado asistirá á Aula de Cultura do Concello de Mazaricos

para presenciar a obra "MERLÍN" representada polo grupo OS QUINQUILLÁNS.

                                                                                                               

APADRIÑAMENTOS LECTORES. DÍA DO LIBRO 23-04-14

O 23 de abril de 2014, DÍA DO LIBRO, levamos a cabo no centro unha actividade que leva por nome APADRIÑAMENTOS LECTORES. Esta actividade, organizada dende a Biblioteca, consistiu en que os alumnos de 2º e 3º ciclos de Educación Primaria, escollerían un libro da Biblioteca axeitado para lerlle aos nenos de Educación Infantil e 1º ciclo de Educación Primaria. Esta lectura levouse a cabo no lugar do centro que eles elixiran.

  

  

CONTACONTOS FRAN REI "A HISTORIA DE BRANCAFLOR" 23-04-14

O Día 23 de abril de 2014, conmemorando O DÍA DO LIBRO, visitou o noso centro FRAN REI pertencente ao grupo "Os 7 magníficos máis 1", para contarnos "A HISTORIA DE BRANCAFLOR" e regalarnos algún truco de maxia. Levouse a cabo na Biblioteca do centro, para tódolos alumnos, en horario de 10:45 a 12:00.

 

EXCURSIÓN A SANTIAGO 04-04-14

O venres día 4 de abril, fomos todos de excursión a Santiago e fixemos as seguintes actividades:

11:00h. Auditorio de Galicia. Visita guiada á exposición dunha mostra dos 46 traballos seleccionados polo xurado de entre tódolos presentados ao "8º Premio Auditorio de Galicia para Novos Artistas 2013". http://www.compostelacapitalcultural.com/detalles/1231/exposiciones.html

12:00h. Concerto "Manifestacións musicais lúdicas". Ultreia e a tradición galega. http://www.compostelacapitalcultural.com/detalles/15876/eventos.html

13:15h. Infantil e 1º ciclo: non puideron facer o percorrido pola Praza de Abastos xa que chovia. Polo que fumos xantar ao Área Central e despois xogaron no parque infantil.

2º e 3º ciclo: coincidindo coa exposición na Fundación Novacaixagalicia "MASIDE EN COMPOSTELA. O testamento pictórico do mestre", asistiron á actividade-Obradoiro "Maside pinta, Manuel Antonio recita". http://www.obrasocialncg.com/es/evento/maside_en_compostela._o_testamento_pictorico_do_mestre

14:15h. Comimos nun cuberto debido ás inclemencias meteorolóxicas.

15:15h. Saímos de Santiago e chegamos a San Cosme ás 16:15h.

 

CHARLA: "CURIOSIDADES SOBRE A ALIMENTACIÓN". 03-04-14

O xoves día 3 de abril de 2014, tivemos no centro ás 15:00 horas unha charla para todo o alumnado de Educación Primaria co título "CURIOSIDADES SOBRE A ALIMENTACIÓN". Esta ponencia foi a cargo de ADRIÁN BLANCO, Técnico Superior en Industrias Alimentarias. Esta charla tamén estivo enmarcada no Proxecto de centro sobre "A Gastronomía".

 

PLACA CONMEMORATIVA AO MESTRE ANDRÉS MOUZO GRILLE

O martes día 1 de abril de 2014, ás 13:30 horas, fíxoselle unha homenaxe ao mestre de Inglés do centro ANDRÉS MOUZO GRILLE (falecido no 2013). Esta homenaxe consistiu na colocación dunha placa co seu nome na AULA DE INGLÉS. A este acto asistiu a súa muller Mª Carmen e os seus dous fillos Andrés e Paula, así como todos os nenos e o profesorado do centro.

 

CHARLA SOBRE RISCOS COAS NOVAS TECNOLOXÍAS 27-03-14

Relacionado co "Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos" organizado pola Delegación de Goberno en Galicia, o curso pasado realizamos unha charla para o alumnado sobre os usos correctos das novas tecnoloxías (internet e redes sociais).

Este curso realizamos unha charla similar para o profesorado e as familias sobre "Riscos de seguridade asociado ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais, especialmente acoso sexual ou difusión de contidos de natureza sexual por teléfonos móbiles e a utilización de nenos na pornografía". Esta charla foi o xoves día 27 de marzo en horario de 13:30 a 15 horas e impartida por un membro da Garda Civil do cuartel de Noia.

EXCURSIÓN DE INFANTIL E 1º CICLO 25-03-14

O martes día 25 de marzo, os alumnos de Educación Infantil e do 1º ciclo de Educación Primaria foron de excursión en horario de mañá a unha panadaría (PAN IGNACIO) onde elaboraron pan e viron cales eran os mecanismo de traballo, e máis tarde foron a unha piscifactoria. Toda esta actividade está englobada dentro do Proxecto de centro que este ano trata sobre a gastronomía.

 

SAÍDA DIDÁCTICA PONTEVEDRA-CAMBADOS 14-03-14

Este curso o proxecto que estamos a traballar no centro é sobre a "Gastronomía-Alimentación". Polo tanto esta saída, para os alumnos de 2º e 3º ciclo de E.P., contou coas seguintes actividades:

  • De 11:30 a 13:45 horas, visitamos o XV Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra no Auditorio do Pazo da Cultura (a temática este ano é COCIÑANDO CONTOS). Foi unha visita guiada e asistencia ao espectáculo "A CASIÑA DE CHOCOLATE". http://www.salondolibro.org
  • De 13:45 a 14:30 horas, comimos e xogamos nun parque.
  • De 16:00 a 17:00 horas, fixemos unha visita guiada a unha Cetárea de Mariscos. http://www.mariscosveiro.com

Debido a que o tempo se nos votou enriba no Salón do Libro, non poidemos visitar a bodega Martín Códax (Cambados) como tiñamos previsto. Outra vez será!!!!! Chegamos ao centro ás 19:15 horas.

  

  

 

PLACA CONMEMORATIVA Á COCIÑEIRA Mª LOURDES RIAL GARCÍA

O xoves día 6 de marzo de 2014, ás 13:30 horas e antes de entrar os nenos para xantar, fíxoselle unha homenaxe á axudante de cociña do noso centro Mª LOURDES RIAL GARCÍA (falecida en xaneiro de 2012). Esta homenaxe consistiu na colocación na entrada do comedor dunha placa conmemorativa. A este acto asistiu o seu marido e os nenos e mestres do centro.

 

ENTROIDO 2014 E QUEIMA DO MECO

Celebramos o ENTROIDO 2014 no centro o venres día 28 de febreiro. A temática este ano xira entorno á GASTRONOMÍA, proxecto integrado de centro que se leva este ano a diante no noso colexio. Para ese día tiñamos aprobado o cambio horario que foi de 10:00 ata as 13:15 horas. As actividades que levamos a cabo ese día foron as seguintes:

  • Os nenos e nenas disfrazaranse nas aulas e ante o mal tempo reinante sairon das clases disfrazados ás 11:50, cara ao comedor para facer un pequeno desfile, e cantar e bailar unha canción.
  • Logo levamos a cabo o xogo das piñatas, unha por curso, unha para pais/nais e outra para mestres.
  • Pedimos por carta, como tódolos anos, que as familias trouxeran comida de entroido, que colocarán en mesas no comedor mentras os nenos se disfrazan, para xantar posteriormente.
  • Unha vez rematadas todas as actividades os nenos foron nos buses para as súas casas ás 13:15 horas aproximadamente.
  • A queima do MECO realizouse, á volta das vacacións de entroido, o xoves día 6 de marzo.

Ademáis, os Equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega queremos convidarvos a participar na recolleita de pratos típicos de Entroido para elaborar un LIBRO DE RECEITAS. Estas deberán estar escritas seguindo a estrutura dunha receita: incluiranse os ingredientes e a continuación os pasos a seguir para a súa elaboración. Con esta actividade tratamos de recuperar aqueles pratos tradicionais e propios do noso entorno, para que non se esqueza cómo se fai un bo cocido, unhas deliciosas filloas ou calquera outra suxerencia gastronómica na zona de Mazaricos. Desexando que participedes todos/as, enviámosvos o noso agradecemento.

 

 

   

 

MANDADIÑOS DE ENTROIDO 2014

Durante a semana do 24 ao 28 de febreiro de 2014, realizaremos as actividades propias do Entroido. Do luns 24 ao xoves 27, os nenos virán disfrazados segundo a orde dos mandadiños, e o venres día 28 terá lugar o ENTROIDO 2014 no colexio. Os mandadiños serán os seguintes:

  • Luns día 24: traer un mandil.
  • Martes día 25: traer o mandil e un trapo de cociña na cintura.
  • Mércores día 26: traer o anterior e máis un mostacho.
  • Xoves día 27: traer o anterior e máis un paniño na cabeza.
  • Venres día 28: ENTROIDO. A temática no cole este ano será "A Gastronomía".

                               

                             

Powered by Drupal - Design by artinet