Departamento de Orientación

BENVIDOS AO CURSO 2018-2019

                   

CHARLA DA GUARDIA CIVIL DE NOIA SOBRE OS RISCOS DE INTERNET 22-01-13

Dentro do "III PLAN DIRECTOR PARA LA CONVIVENCIA Y MEJORA DE LA SEGURIDAD ESCOLAR" , solicitamos dende o centro a intervención da Guardia Civil de Noia para desenrolar unha charla sobre a temática dos "RISCOS NA INTERNET" para os/as alumnos/as de 2º e 3º ciclos de educación primaria o martes día 22 de xaneiro, en horario de 10:15 a 11:50. Trátase de ofertar información sobre os problemas e riscos obxectivos, motivar aos alumnos na adopción de conductas pro-activas, así como facilitar aos pais e mestres pautas de detección e reacción, ademáis da axuda inmediata de funcionarios policiais especializados nas situacións máis graves.


       

ESCOLA DE PAIS: CINE FORUM

Este ano continuamos coa escola de pais, pero introducimos unha nova actividade que é "CINE FORUM". Ata o de agora cos pais vimos as películas "Manolito gafotas" e "Te doy mis ojos", estando prevista a de "Quiero ser como Beckam". Ao final do visionado de cada unha das películas, facemos un comentario sobre elas e entregamos un material relacionado coa temática. Véxase arquivo adxunto. Para elo colaboramos co Servicio de Prevención de Drogodependencias da Asociación NERIA.


                   

PRESENTACIÓN DO VIDEO "MASHI TRASI QUE TRASI". PAYASOS EN PALESTINA 2010

Presentouse no colexio, a través de Isaac (Peter Punk) un vídeo que leva por título “MASHI TRASI QUE TRASI”. Estevídeo foi presentado no 1º festival Internacional de payasos en PALESTINA 2010, dentro do FESTICLOWN PALESTINA 2010. Trata de fomentar e consolidar xunto coa asociación Palestinian Circus School, as artes circenses, o clown e a risa, como unha alternativa psicolóxica e social a unha economía de ocupación e conflito bélico eternizado.

Powered by Drupal - Design by artinet