2011-2012

A COMUNIDADE EDUCATIVA DO C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ DAVOS A BENVIDA Á NOSA PÁXINA WEB.

 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
 
C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ - SAN COSME DE ANTES Nº 35 - MAZARICOS C.P. 15.256 - A CORUÑA    
TELÉFONOS: 881866101-881866102  FAX: 881866103    CÓDIGO DO CENTRO: 15008490
Correo electrónico: ceip.victor.saenz@edu.xunta.es
Blogue da Aula de 5º curso de E.P. http://cuentamemasaulacruz.blogspot.com.es/
Blogue da Biblioteca: http://bibliovictorsaenz.blogspot.com
Blogue de Música: http://musicantes-mazaricos.blogspot.com.es
Blogue de Idioma Estranxeiro (inglés): http://victorsaenzsenglishclass.blogspot.com.es/
Páxina Web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvictorsaenz
HORARIO: Xornada partida de 10:00 h. a 16:30h.

RESULTADOS AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2011-2012

Concluido o proceso de aplicación e corrección da avaliación de diagnóstico da Comunidade Autónoma de Galicia correspondente ao curso 2011-2012, e segundo o artigo 17 da Resolución do 30 de novembro de 2011 (DOG do 13 de decembro), informamos dos resultados do noso centro, en relación ás competencias avaliadas: competencia en comunicación lingüística, competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico e competencia matemática. Estes resultados refírense ao alumnado que no curso académico 2011-2012 cursou 4º de educación primaria. Para ver os resultados picar nos enlaces:


RESULTADOS GLOBAIS DO CENTRO 2011-2012


RESULTADOS DA AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2011-2012

XORNADA DE CONVIVENCIA EN BALARÉS (PONTECESO) 13-06-12

Despois de moito chover, ¡¡¡acertámoslle co tempo!!! Xa pensamos que outro ano máis íamos quedar si a nosa convivencia de fin de curso. Gracias aos meteorólogos. Celebrouse o mércores día 13 de xuño. Saimos do colexio sobre as 10:20 da mañá. O autobús de infantil e 1º dirixiuse directamente á praia de Balarés cos nenos e pais para que xogarán nos hinchables, e o resto fomos ao Faro Roncudo (Corme) para facer unha pequena ruta de sendeirismo ata Corme. Ao rematar xuntámonos todos na praia, e os nenos disfrutaron dos hinchables antes e despois do xantar. Regresamos para o centro ás 17:00 horas, chegando ao centro ás 18:00horas. Saiu todo a pedir de boca. ¡¡¡ATA O ANO QUE VEN!!!.

FESTA VOZ NATURA 2012

O Sábado día 2 de xuño, en horario de 11 da mañá ás 19:30 horas, celebrarase no Parque Deportivo de Acea de Ama, no municipio coruñes de Culleredo, a FESTA VOZ NATURA 2012 á que está invitado todo o mundo que queira asistir, con entrada libre e participación gratuita en tódalas actividades. Alí acudirá unha comunidade formada por 288 centros, casi 49000 alumnos e 3000 mestres. A festa convertirase na clausura da decimoquinta edición do programa, que acollerá a exposición final, na que mestres e alumnos mostrarán os traballos realizados durante todo o curso para protexer e recuperar os ecosistemas. Pola nosa parte exporemos unha maqueta dos nosos bosques, elaborada polo alumnado de 4º de primaria, os proxectos documentais elaborados ao longo do curso, sobre a temática dos bosques, a memoria final do proxecto, un traballo titulado "A árbore feita poesía" e algúns traballos máis de plástica. Para máis información da web pincha aquí.


 

EXCURSIÓN DE 6º A MANZANEDA 23-24-25 MAIO 2012. 3º DÍA

As nosas reporteiras comentan que: "Amanece outro día estupendo na montaña". A temperatura é ideal. Despois do almorzo, comezarán con TIRO CON ARCO.Tamen están a practicar beisbol e hípica. ¡¡¡Estes rapaces fan de todo!!!


    


EXCURSIÓN DE 6º A MANZANEDA 23-24-25 MAIO 2012. 2º DÍA

Según nos contan as nosas reporteiras, amanece un día excelente. Desaiuno e despois imos á AULA DA NATUREZA. Alí nos falan dos lobos, xenetas, cervos, xabaríns, como recoñecer as pisadas e excrementos dos animais, falamos dos seus rastros. Tamén nos informan sobre os árbores que podemos ver en Manzaneda, como: o pino vermello, bidueiro, capudre, teixo e buxo. Rematamos a mañá na PISCINA. ¡¡¡Pasándoo a TOPE!!! E a xantar que xa é hora. ¡¡¡Bo proveito!!!


   


   


  


  


Pola tarde adicáronse a escalar no rocódromo (uns artistas) e que non falte a festa da noite. Con perrucas e ao tolo, titulariase a peli. Parece que o "están a pasar mal".


    

EXCURSIÓN DE 6º A MANZANEDA 23-24-25 MAIO 2012. 1º DÍA

Os/as alumnos/as de 6º curso de educación primaria, marcharon o mércores día 23 pola mañá para a Estación invernal de Cabeza de Manzaneda, acompañados das súas mestras Susi e Asun, para pasar alí tres días, ata o venres 25 de maio. Levarán a cabo diversas actividades con monitores durante estos tres días, e vivirán unha gran experiencia. Esperamos que o pasedes o mellor posible. Un saúdo dende San Cosme a todos. Unha vez alí, déulles tempo de andar nos KARS, facer SENDEIRISMO, de que a Miriam lla caera un dente, e da VELADA pola noite. Para o 1º día non está nada mal.


     

ENTREGA DOS PREMIOS DO CONCURSO DE REDACCIÓN E ILUSTRACIÓN 16-05-12

O mércores día 16 de maio entregáronse os premios do Concurso de Redacción e Ilustración como actividade para a conmemoración do Día das Letras Galegas 2012. Déuse un premio por ciclo. Levouse a cabo no comedor do centro despois de xantar. Os gañadores foron (se queres ver os traballos dos gañadores pincha no seu nome):


ED. INFANTIL: NEREA OZÓN OTERO (3 anos)


1º CICLO PRIMARIA: MARIO ANTELO CAMBEIRO (2º)


2º CICLO PRIMARIA: SAMUEL SANTIAGO POSE (3º)


3º CICLO PRIMARIA: ALBERTO LEMA ZAMORA (5º)


  ¡¡¡NORABOA A TODOS/AS POR PARTICIPAR!!!.


OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS MUSICAIS CON TOMÁS RÁBANOS MURO 16-05-12

O mércores día 16 de maio, en horario de mañá e no comedor do centro, tivo lugar un OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS MUSICAIS a cargo de TOMÁS RÁBANOS MURO, en conmemoración do Día das Letras Galegas 2012, no que se construiron instrumentos musicais con materiais de refugallo, con tódolos nenos do centro. Aproximadamente cada neno levou para casa 5 ou 6 instrumentos elaborados ese día.



BIOGRAFÍA

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 17-05-12

Este ano adícaselle o DÍA DAS LETRAS GALEGAS a VALENTÍN PAZ ANDRADE. Naceu o 23 de abril de 1898 no barrio do Socorro de Lérez, en Pontevedra. O seu tío, o poeta Juan Bautista Andrade, espertou nel a paixón polas letras e por Galicia. Se queredes atopar fotos, información e actividades en liña, atoparédelo no seguinte link: seminariogalan.org


      


No noso centro xa temos expostos os paneles que todos os anos nos envían dende a Xunta de Galicia, co fin de que os alumnos se vaian familiarizando co homenaxeado. Se queredes ver os paneis un por un pinchade na foto.



A Secretaría Xeral de Política Lingüística acaba de poñer no seu espazo web os carteis e guías gañadores do Concurso-exposición Letras Galegas 2012, ademais dunha selección de materiais e recursos elaborados por distintos centros educativos galegos cos que se pretende contribuír a un mellor coñecemento da sobranceira figura de Valentín Paz-Andrade. Picade neste link para entrar


 http://www.xunta.es/linguagalega/letras_galegas

APADRIÑAMENTOS LECTORES 23-04-12

Realizouse esta actividade para conmemorar o "Día do Libro" o luns 23 de abril pola mañá. Consistía en que cada neno do 2º e 3º ciclo de educación primaria lle lera un conto a un alumno de ed. infantil e do 1º ciclo de primaria, preparado de antemán. Este "apadriñamento" fíxose efectivo na hora de ler e cada parella buscou por todo o centro un lugar axeitado para que a lectura fose tranquila e relaxada. Tamén dous mestres léronlle en grupo aos alumnos de 2º e do 3º ciclo de primaria. ¡¡¡E todos contentos!!!.


    

DÍA DO LIBRO 23-04-2012

Para conmemorar o "DÍA DO LIBRO 2012", dende a biblioteca do centro, propuxéronse unha serie de actividades. Algunhas xa se realizaron hai uns días como unha Charla Escola de Pais e Nais, a visita da contacontos PEPA MARTÍN, e de outra contacontos CHARO PITA. O día 23 de abril, coincidindo coa celebración, levaremos a cabo outras actividades: APADRIÑAMENTOS LECTORES, na que cada alumno de 2º e 3º ciclo de primaria, apadriñará a un alumno/a de infantil ou 1º ciclo, e lle lerá un conto que terá preparado de antemán; Exposición "O MEU LIBRO ESPECIAL"; exposición de fondos da biblioteca "OS LIBROS NOS LIBROS"; e a publicación da guía de lectura "Os libros nos libros".


  


   

VISITA DE CHARO PITA 19-04-12

O Xoves, día 19 de abril, co gallo da celebración do Día do Libro 2012, tivemos a visita de CHARO PITA, escritora, actriz, cantante e, sobre todo, contadora de historias. Contou unha serie de historias tanto aos máis pequenos como aos maiores do colexio. Foi ¡¡¡fantástico!!!. 


  


  

EXCURSIÓN A SANTIAGO 2º E 3º CICLO DE PRIMARIA 17-04-12

O martes, día 17 de abril, realizaron unha excursión a Santiago de Compostela os alumnos e alumnas do 2º e 3º ciclos de ed. primaria coas seguintes actividades:


ACTIVIDADES EXCURSIÓN A SANTIAGO


     


  


  


  


 

CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO 2012

Co fin de conmemorar o DÍA DO LIBRO 2012, levaremos a cabo unha serie de actividades no centro, a través da biblioteca, as cales se mostran a continuación pinchando no título ou na imaxe.


ACTIVIDADES PARA A CONMEMORACIÓN DO DÍA DO LIBRO 2012


CHARLA DA ESCOLA DE PAIS 13-04-12

O venres, día 13 de abril, celebrouse na aula de audiovisuais unha charla da Escola de Pais, organizada polo Departamento de Orientación, co título "Que podemos facer para fomentar a lectura e mellorar o rendemento académico dos nosos fillos", a cargo de Mª Pilar Allariz Villanueva da Asociación NERIA.

PEPA MARTÍN (Editorial Nivola) CONTACONTOS 12-04-12

A librería LER de Santa Comba, trouxo ao colexio, gracias á Editorial NIVOLA, á contacontos PEPA MARTÍN, o xoves día 12 de abril, en horario de 11 a 12 da mañá, para os nenos de ed. infantil e 1º ciclo de ed. primaria. A actividade realizada na biblioteca do centro, consistiu en ensinar aos nenos o ciclo da auga, e concienciar aos máis pequenos da importancia da auga, a través do divertimento. Para elo empregou como fío conductor o libro "La vuelta al mundo de gota de agua" da editorial Nivola.


  


    

EXCURSIÓN DO 3º CICLO DE PRIMARIA AO SALÓN DO LIBRO DE PONTEVEDRA E VISITA GUIADA Á CIDADE 27-03-12

Os alumnos de 5º e 6º cursos de educación primaria, foron de excursión o día 27 de marzo a Pontevedra para realizar as seguintes actividades: sairon do colexio ás 10:00 horas e chegaron a Pontevedra sobre as 11:30 da mañá. De 11:30 a 12:30 realizaron unha visita guiada pola cidade de Pontevedra e de 12:45 a 14 horas visitaron o Salón do Libro. Despois de xantar regresaron ao centro. Eiquí tedes, para máis información, a páxina web do Salón do Libro de Pontevedra. Picar na imaxe e navegade pola web.


 

RESULTADOS AVALIACIÓN DE DIAGNÓSTICO 2010-2011

Realizada a proba de avaliación de diagnóstico en cumprimento do establecido na Lei orgánica 2/2006 do 3 de maio, de educación, expóñense os resultados do centro en relación ás competencias avaliadas: competencia en comunicación lingüística, competencia no coñecemento e na interacción co mundo físico e competencia matemática. Estes resultados refírense ao alumnado que no curso académico 2010-2011 cursou 4º curso de educación primaria. Para ver os resultados a maior tamaño, pica nas imaxes.


RESULTADOS GLOBAIS DO CENTRO 2010-2011


RESULTADOS AVALIACIÓN DIAGNÓSTICA 2010-2011

21-03-12 DÍA DA ÁRBORE, DÍA DA AUGA E DÍA DA POESÍA.

O día 21 de marzo de 2012, realizamos pola tarde unha serie de actividades no patio do centro para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA ÁRBORE, DA AUGA E DA POESÍA. Os alumnos plantaron no patio dous castiñeiros e lemos unhas poesías sobre árbores de poetas galegos como Rosalía de Castro, Manuel María, Uxío Novoneyra, Luis Pimentel, etc. Tamen éstase a traballar no centro sobre o tema dos bosques e da escasez de auga que padecemos no noso planeta.


        


 

PLANTACIÓN DE CASTIÑEIROS NO CENTRO DE INTERPRETACIÓN DO DOLMEN DA PARXUBEIRA 20-03-12

Dende o Concello recibimos a invitación, en coordinación co Servizo forestal contra incendios distrito V, para que o martes día 20 de marzo, en horario de mañá, asistiramos a unha plantación de castiñeiros no entorno do Centro de difusión medioambiental e interpretación do dolmen da Parxubeira, en San Fins de Eirón. Esta actividade está relacionada coa temática que levamos a cabo este ano no centro, que son os bosques.



 

8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

O xoves día 8 de marzo, celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA. É un día moi especial no que conmemoramos a loita das mulleres pola súa participación na sociedade en igualdade de condicións que os homes e polo seu desenvolvemento íntegro como persoas. A biblioteca do noso cole quere colaborar poñendo á vosa disposición unha recompilación de recursos que elaborou co gallo deste día e co que pretendemos facilitar aos nosos mestres e aos nosos alumnos o seu traballo e aprendizaxe entorno a un tema tan importante como a igualdade real entre homes e mulleres nos ámbitos laboral, social e político. Todo este material tédelo no Blogue da biblioteca.

CAMPAMENTOS DE VERÁN 2012 PARA NENOS ENTRE 9 E 17 ANOS

A CONSELLERÍA DE TRABALLO E BENESTAR, A TRAVÉS DA DIRECCIÓN XERAL DE XUVENTUDE E VOLUNTARIADO, CONVOCA, UNHA VEZ MÁIS, A CAMPAÑA DE VERÁN 2012, PARA FAVORECER QUE A XUVENTUDE EMPREGUE PARTE DO SEU TEMPO VACACIONAL EN ACTIVIDADES DE CARÁCTER LÚDICO, CULTURAL, DEPORTIVO E FORMATIVO, QUE SIRVAN NON SÓ PARA DIVERTIRSE SENÓN TAMÉN PARA O ENRIQUECEMENTO PERSOAL E VITAL, ADEMÁIS DE OFRECER A POSIBILIDADE DE COÑECER OUTRAS ZONAS DE GALICIA. "ACCIÓN DE VERÁN" É UN PROGRAMA DE ACTIVIDADES QUE TEN LUGAR DURANTE OS MESES DE XULLO E AGOSTO. PARA MÁIS INFORMACIÓN PINCHA NO ENLACE E PARA VISUALIZAR O CATÁLOGO PINCHA NA PORTADA DO MESMO.


http://xuventude.xunta.es/accion-de-veran.html


PRAZO DE PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES DO 6 AO 20 DE MARZO.


VISITA A SANTIAGO DE COMPOSTELA 08-03-12

O XOVES, DÍA 8 DE MARZO, FOMOS DE EXCURSIÓN, A SANTIAGO DE COMPOSTELA CON TÓDOLOS NENOS DO CENTRO. SAIMOS DO COLEXIO ÁS 10 DA MAÑÁ E VOLTAMOS EN TORNO ÁS 16:30. PARA VER AS ACTIVIDADES QUE SE REALIZARON, PINCHAR NO SEGUINTE ENLACE.


ACTIVIDADES A REALIZAR EN SANTIAGO DE COMPOSTELA


 


ADMISIÓN DE ALUMNOS 2012-2013

DENDE O DÍA 1 DE MARZO E ATA O DÍA 10 DE ABRIL DE 2012, ABRANGUE O PRAZO PARA A PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO PARA O CURSO ACADÉMICO 2012-2013. PODEDES VER A ORDE DO 17 DE MARZO DE 2007, O DECRETO 30/2007 DO 16 DE MARZO E MAIS OS ANEXOS I E II DE DITA ORDE, SEGUINDO ESTA RUTA: O CENTRO---SECRETARÍA---ADMISIÓN ALUMNADO (DA NOSA PÁXINA WEB). PARA CALQUER DÚBIDA OU SE NECESITAN AXUDA COAS SOLICITUDES, NON TEÑEN MÁIS QUE VIR AO CENTRO, ONDE SE LLES ATENDERÁ, OU PICAR NESTE PANEL PARA VER TODA A INFORMACIÓN.

QUEIMA DO MECO 23-02-12

COMO É CONSTUME, O PRIMEIRO DÍA DE CLASE DESPOIS DO ENTROIDO, SE O TEMPO O PERMITE, LAVAMOS A CABO "A QUEIMA DO MECO" NO PATIO DO COLEXIO. ESTE ACTO TIVO LUGAR O XOVES DÍA 23 DE FEBREIRO, ÁS 15:00 HORAS.


 

ENTROIDO 2012

O VENRES DÍA 17 DE FEBREIRO, LEVOUSE A CABO O ENTROIDO 2012. A PRIMEIRA HORA DA MAÑÁ VISIONOUSE TANTO EN AUDIOVISUAIS COMO NA BIBLIOTECA (PAIS/NAIS E ALUMNOS) FOTOS DE ENTROIDO DENDE O ANO 2003 ATA O ANO 2011 DO NOSO CENTRO. UNHA VEZ REMATADO OS ALUMNOS, AXUDADOS POLAS SÚAS TITORAS DISFRAZÁRONSE NAS AULAS, PARA DAR INICIO AO DESFILE QUE SE FIXO NO COMEDOR DO COLEXIO, ESTE ANO COA TEMÁTICA DOS "BOSQUES" COMO FIO CONDUCTOR. LOGO SAÍMOS AO PATIO PARA FACER O "XOGO DAS PIÑATAS", E COMO COLOFÓN DESTA FESTA, COMIMOS NO COMEDOR TODOS AQUELES MANXARES QUE AS FAMILIAS DOS NENOS TROUXERON DAS SÚAS CASA, ADEREZADO CON BOA MÚSICA DE ENTROIDO. TEMOS PREVISTO LEVAR A CABO "A QUEIMA DO MECO" O XOVES DÍA 23 DE FEBREIRO, SI O TEMPO O PERMITE.


FOTOGALERÍA ENTROIDO 2012(PINCHA AQUÍ)


 

SEMANA DE ENTROIDO 2012

NA SEMANA DO DÍA 13 AO 17 DE FEBREIRO, COMEZAREMOS A FESTEXAR NO COLEXIO "O ENTROIDO", POLO QUE NECESITARIAMOS DA SÚA COLABORACIÓN PARA QUE OS RAPACES TROUXERAN CADA DÍA DETERMINADOS ABALORIOS PARA IR DÁNDOLLE COLORIDO A ESTA FESTIVIDADE. ASÍ:



  • O LUNS 13: TRAER ALGO NA CABEZA

  •    

  • O MARTES 14: TRAER ALGO NA CARA.

  •    

  • O MÉRCORES 15: TRAER ALGO NO PESCOZO.

  •    

  • O XOVES 16: TRAER TODO O DOS DÍAS ANTERIORES E MÁIS UN MANDIL.

  •     

  • VENRES 17: CELEBRACIÓN DO ENTROIDO (DO QUE XA LLES ENVIAREMOS MÁIS INFORMACIÓN).

RECORDARLLES QUE ESTE ANO, A TEMÁTICA EN TORNO Á QUE XIRARÁ TODA A CELEBRACIÓN SERÁ "O BOSQUE". SE VOSTEDES QUEREN VIR DISFRAZADOS, RECORDEN QUE SERÍA MELLOR ALGÚN DISFRAZ SOBRE ESTA TEMÁTICA EN CONCRETO.


CHARLA "O MONTE VIVO" 02-02-12

Esta charla vai dirixida a concienciar aos escolares de 6 a 12 anos, acerca do valor dos montes e a grave problemática que supón os incendios forestais en xeral e en Galicia en particular. O método de traballo ofrécelle ao profesorado, a través dunha serie de separatas para a escoller nun xornal de difusión autonómica, información sobre o monte e os incendios. Para máis información, pódese visitar a páxina web do proxecto http://onosomonte.mediorural.xunta.es/


   

DÍA DA PAZ 30-01-12

CELEBROUSE DURANTE A MAÑÁ DO DÍA 30, COAS SEGUINTES ACTIVIDADES: DENDE AS 10 ATA A HORA DO RECREO VISIONÁRONSE PELÍCULAS SOBRE A PAZ (INFANTIL: "WANGARI E AS ÁRBORES DA PAZ"; 1º E 2º CICLO DE PRIMARIA. "EL GIGANTE DE HIERRO"; 3º CICLO DE PRIMARIA: "AZUR E ASMAR"). DESPOIS DO RECREO, FIXEMOS TODOS UNHA GRAN RODA NO PATIO. PRIMEIRO CANTARON OS ALUMNOS DE 5º E 6º DE PRIMARIA UNHA CANCIÓN DE PRODUCCIÓN PROPIA, E DESPOIS TODOS CANTAMOS E BAILAMOS A CANCIÓN "CAMIÑO DE VISEU". PARA REMATAR AS ACTIVIDADES NO PATIO FIXEMOS UNHA SOLTA DE POMBAS, UNHA POR CURSO. DENTRO DO COLEXIO ELABOROUSE UNHA ÁRBORE CO LEMA "OS NOSOS DESEXOS DE PAZ", ONDE CADA ALUMNO DO CENTRO COLGOU A SÚA POMBA DE PAPEL CUN DESEXO DE PAZ, ATA FORMAR A COPA DA ÁRBORE.


 


           

Powered by Drupal - Design by artinet