Skip to Content

Act. Complementarias

ACTIVIDADES "NUTRICOLES" CON NATALIA HOSPIDO 21-02-24

Levamos a cabo o mércores día 21 de febreiro unha actividade coa dietista-nutricionista e farmacéutica NATALIA HOSPIDO, especialista en alimentación complementaria, nutrición infantil e educación alimentaria, a través do seu proxecto "NUTRICOLES". Durante toda a mañá traballou diferentes aspectos nutricionais cos diferentes grupos de alumnos. Así ao alumnado de Infantil contoulles un conto "María ¿que color comes?" de Noelia Caballero e elaborou, coa inestimable axuda das cociñeiras do cole, unha tosta de aceite e allo morado das Pedroñeras para que o alumnado de infantil probara o sabor deste peculiar alimento. Cos de 1º, 2º e 3º de primaria traballou a elaboración dun plato saudable e a elaboración de menús equilibrados, E cos maiores traballou sobre o etiquetado dos alimentos. Unha mañá chea de sabores saudables!!!

SUBVENCIÓN DE FROITA (FOGGA)

Como en anos anteriores, Solicitamos a principio deste curso 23-24 a Subvención de Leite e Froita do FOGGA e nos foi concedida. A finais de xaneiro e durante o mes de febreiro, na hora do recreo, estamos dándolle ao alumnado leite enteira ou de soja (durante 20 días no 1º período) e froita (durante 10 días no 1º período). A froita comezou o xoves 15 de febreiro. Entre as froitas que poidemos solicitar e que está a comer o alumnado atópanse : amorodo, plátano, kiwi, mazá, pera, mandarina,  e melón. BO PROVEITO!!!

IOGA PARA NEN@S

Un ano máis, e xa van uns cuantos, gracias á colaboración da ONG Ayuda en Acción, continuamos a ter IOGA PARA NEN@S cada 15 días. A profesora de Ioga ANA PREMA despois de reunións coas diferentes titorías, planificou as clases de ioga dependendo das necesidades de cada grupo. Os nenos e nenas están encantados con esta actividade. Ademáis, este curso, a través do CAFI, concedéronnos un seminario de MINDFULNESS para mestres, que será impartido por esta mesma profesora.

ENTREGA DE MATERIAL ESCOLAR POR PARTE DO CONCELLO

O Concello de Mazaricos a través da súa representante Sandra Alvite, fixo entrega á ANPA do centro de Material Deportivo e Xogos Populares para uso e disfrute do alumnado no tempo de lecer. Moitas Grazas!!!

REUNIÓN DA PLATAFORMA DE ORGANIZACIÓNS DA INFANCIA DE GALICIA EN SANTIAGO

O sábado 21 de outubro, tivo lugar unha nova xuntanza da POIG (Plataforma de Organizacións da Infancia de Galicia) par poder seguir traballando e trasladar as súas ideas e opinións un ano máis. No centro temos tres alumnas de 6º de Primaria que pertencen a este grupo: Alicia Alvite, Lucía Mourelle e Luzdivina Vasilev. A reunión levouse a cabo no Centro Don Bosco de Santiago de Compostela, e xunto con outros rapaces da Plataforma pasaron un día super agradable, con xantar incluido.

PRIMEIRO RECREO SEN MÁSCARAS 22-03-22

E por fin, chegou o día. O día no que case parece que estamos na normalidade anterior a toda esta pandemia que levamos padecendo durante dous longos anos. Hoxe o alumnado puido, no recreo da mañá e despois de xantar, quitar as máscaras no patio e disfrutar a tope. Puxemos uns estantes na saída ao patio para que cada grupo deixara alí as súas máscaras cos seus gardamáscaras. A partir de agora, a disfrutar, con sentidiño, pero sen máscara!!!

0 COLEXIO CUMPRE 50 ANOS!!!

O edificio onde se atopa a escola cumpre este curso 50 ANOS!!!Cantas persoas pasaron por este espazo: alumnado, profesorado, familias, persoas que nos visitaron, etc...Nestas paredes hai moitos anos de Historia. Nós quixemos conmemoralo dalgún xeito e decidimos poñelo un pouco máis chuli que do que estaba. Así falamos con Brais, un rapaz que forma parte do colectivo "Vella Escola", que se adica a realizar "cultura urbana" e transformou a parede do ximnasio nunha verdadeira obra de arte, coa inestimable axuda do alumnado de 3º a 6º de primaria. Esperamos que vos guste tanto como a nós. Picade nas imaxes para ver dita transformación.

CINEDOMEVR 360º NO COLE 18-03-22

O venres 18 de marzo recibimos no noso cole a visita de Pau que nos trouxo o seu Planetario-Cine 360º inchable para amosarlle ao alumnado de infantil e primaria varias pelis sobre o Universo e o noso planeta. Despois saimos ao patio para facer uns Obradoiros de Astronáutica, mediante o lanzamento dun foguete e a realización de xogos sobre o sistema solar. Veredes máis fotos picando nas imaxes.

ACTIVIDADES AULA STEAM 12-05-21

O mércores día 12 de maio fixemos unha actividade de AULAS STEAM organizadas por AFundación para todo o alumnado do centro. Para os máis pequenos de Infantil e 1º e 2º de primaria a actividade foi "De cando o pincel e o lapis se enfurruñaron e non quixeron compartir cadro" que consiste nunha forma moi sinxela de contar o paso da historia da arte da pintura clásica á contemporánea, a través dun lapis e un pincel que ao principio formaban equipo e logo comezaron a traballar por separado. Este obradoiro é de robótica/electrónica e os nenos construirán un robot pintor.

Para os maiores de 3º a 6º de primaria a actividade foi "A arte das emocións". Fíxose unha proxección dun instagramer ao que acusaban de non ter emocións. Tamén se fixo un concurso de preguntas de arte, e o obradoiro consistiu nunha actividade de programación de tarxetas microbit a través de MakeCode.

CIENCIA EN MOVEMENTO-OBRADOIRO DE VOO 04-05-21

O Martes día 4 de maio, tivemos de novo connosco no cole a Suso e Ámparo que desta vez nos trouxeron un Obradoiro-Museo de Voo a través de CIENCIA EN MOVIMIENTO. Todos os alumnos viron e comprobaron en primeira persoa  os tres principios polos que pode voar un avión, acción-reacción, efecto coanda, e mailo principio de Bernuilli. Tamén trouxeron unha campá de vacío, na que os elementos inchan e inchan, a espiral áurea, o rozamento do aire en caída libre, o voo das aves, e moitas máis cousas.

 

O HORTO COMEZA A DAR OS SEUS FRUTOS

E xa nesta época do ano a nosa plantación no horto escolar comeza a dar os seus frutos. Así o alumnado de Educación Infantil e 1º ciclo recolecta día si e día tamén leitugas para a hora de xantar. Así da GUSTO¡¡¡¡¡¡¡

  

  

SABER O MAR. MUSEO DO POBO GALEGO 14-04-21

O mércores 24 de abril en horario de mañá, tivemos a visita de Valti para realizar un obradoiro para o alumnado de 3º a 6º de Primaria. Este obradoiro estaba dividido en dúas partes: primeiro fixemos unha visita virtual ao Museo do Pobo Galego, onde nos explicaron o que podiamos atopar no museo, faláronnos da famosa escaleira helicoidal e sobre todo da sala adicada ao mar. En segundo lugar realizouse no patio do cole un obradoiro práctico onde Balti nos contou moitos segredos sobre o mar, diversos xeitos de pesca, trucos, a orientarnos coas estrelas, etc. Foi unha actividade divertidísima. Picade na foto para ver o que pasou ese día.

CAMPO A TRAVÉS-FASE COMARCAL-A BAÑA 04-12-19

O pasado mércores, día 4 de decembro de 2.019, celebrouse no circuito do colexio de A Baña, a FASE COMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS. Do noso centro foron competir 21 nenas e nenos escolarizados entre 2º e 6º de educación primaria (un 67,7% do alumnado con posibilidade de participar). Fixo unha mañá maravillosa, despois dun mes enteiro de chuvias, e foi unha gran experiencia para todos eles. Teremos que esperar ás clasificacións, e si non o mellor de todo foi PARTICIPAR!!!!!!!!! Vémonos o curso que ven..... e a seguir correndo!!!!!! Premendo nas fotos, verás todas as fotos e os vídeos de ese día.

CONTACONTOS TEATRAL TRINKETRINKE "Familias Diversas" 21-10-19

O xoves día 24 de outubro, para celebrar o "DÍA DA BIBLIOTECA", contamos no cole coa presenza da ratiña LILÍ GRUYÈRE da compañía de Teatro TRINKETRINKE, que nos contou unhas cantas historias. Pica nas imaxes para ver máis fotos de ese día.



"OS FABULOSOS CLEANERS" TEATRO DE POMPAS DE XABÓN 04-10-19

O venres día 4 de outubro, na Aula de Cultura da Picota, asistimos todo o colexio a un espectáculo de pompas de xabón a cargo de "Os Fabulosos Cleaners". Un espectáculo increible!!!!! Picade nas fotos para ver máis.




DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 25-11-15

Podedes ver moitos vídeos e moita información sobre a celebración de ese día no noso BLOG DA BIBLIOTECA.

 

 

CHARLA UNIÓNS AGRARIAS 17-10-13

O xoves, día 17 de outubro, terá lugar no centro unha CHARLA DE UNIÓNS AGRARIAS, sobre a "POLÍTICA AGRARIA EUROPEA", para os alumnos de 2º e 3º ciclos de educación primaria, ás 12:20h na aula de audiovisuais, coa presentación da vaca PACa. Pincha nas fotos para ver outras de ese día.


           

LA VUELTA CICLISTA JUNIOR 25-04-13

  


O xoves día 25 de abril, fixemos unha actividade no centro, consistente en desenrolar unha actividade ciclista, con 1 sesión teórica e 2 sesións prácticas, cos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º (pincha nas fotos para ver o que sucedeu ese día). En vindeiras datas repartiranse invitacións entre os nenos, 1 por cada curso participante, para asistir o día 27 de agosto, coincidindo coa chegada da Volta ciclista, a unha mini carreira ciclista no concello (Fisterra). Despois os nenos poderán disfrutar en directo da chegada da Volta en dita localidade xunto cos seus pais nunha zoa vip. Os gañadores da minicarreira subirán ao podio xunto co gañador da etapa. Para máis información pica no logo.


Por outro lado, tamen nos ofertaron a posibilidade de participar nun concurso, no que deberemos facer algún proxecto realizado polos nenos (vídeo, canción, mural,...) relacionado co ciclismo. O proxecto elexido gañador terá un premio de 2000€ para material escolar e o segundo clasificado gañará 1200€ para material escolar.


BASES DO CONCURSO:


http://www.lavueltajuniorcofidis.com/padres-y-educadores/concurso/

LA VUELTA CICLISTA JUNIOR 23-04-13

O martes día 23 de abril, faremos unha actividade no centro, consistente en desenrolar unha actividade ciclista, con 1 sesión teórica e 2 sesións prácticas, cos alumnos de 3º, 4º, 5º e 6º. Ao rematar estas sesións repartiranse invitacións entre os nenos para asistir o día 27 de agosto, coincidindo coa chegada da Volta ciclista, a unha mini carreira ciclista no concello. Despois os nenos poderán disfrutar en directo da chegada da Volta en dita localidade xunto cos seus pais nunha zoa vip. Os gañadores da minicarreira subirán ao podio xunto co gañador da etapa. Para máis informaci´´on pica no logo.

8 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

O venres día 8 de marzo de 2013, celebramos no colexio o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA. En cada titoría traballouse, para a conmemoración de este día, facendo uns murais adicados a algunha muller destacada dentro das diferentes culturas que se están levando a cabo, dentro do proxecto das culturas "ONDE OS LIBROS TE LEVEN". Picade na imaxe para ver as fotos.

SAVE THE CHILDREN NÓMBRANOS "CENTRO EDUCATIVO EMBAJADOR"

Dende SAVE THE CHILDREN, queren recoñecernos públicamente, entre aqueles centros educativos que poñemos o noso esforzo e traballo á causa da solidariedade cos nenos e nenas dos países en desarroio. Grazas a este traballo desinteresado, o e ao esforzo e vontade de mestres e alumnos, facemos realidade que tódolos nenos e nenas, en calquer parte do mundo, teñan esperanzas e oportunidades. Para elo crease a figura do "CENTRO EDUCATIVO EMBAJADOR DE SAVE THE CHIDREN", do que formaremos parte en vindeiras datas, mediante a entrega, e conseguinte nomeamento, dunha placa acreditativa como CENTRO EDUCATIVO EMBAJADOR, así como de unha DECLARACIÓN DE INTENCIÓNS. Grazas a todos e todas por facer posible estes logros. Seguiremos apoiando este tipo de causas dende o noso colexio. 

21-03-12 DÍA DA ÁRBORE, DÍA DA AUGA E DÍA DA POESÍA.

O día 21 de marzo de 2012, realizamos pola tarde unha serie de actividades no patio do centro para conmemorar o DÍA INTERNACIONAL DA ÁRBORE, DA AUGA E DA POESÍA. Os alumnos plantaron no patio dous castiñeiros e lemos unhas poesías sobre árbores de poetas galegos como Rosalía de Castro, Manuel María, Uxío Novoneyra, Luis Pimentel, etc. Tamen éstase a traballar no centro sobre o tema dos bosques e da escasez de auga que padecemos no noso planeta.


        


 

8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA

O xoves día 8 de marzo, celebramos o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER TRABALLADORA. É un día moi especial no que conmemoramos a loita das mulleres pola súa participación na sociedade en igualdade de condicións que os homes e polo seu desenvolvemento íntegro como persoas. A biblioteca do noso cole quere colaborar poñendo á vosa disposición unha recompilación de recursos que elaborou co gallo deste día e co que pretendemos facilitar aos nosos mestres e aos nosos alumnos o seu traballo e aprendizaxe entorno a un tema tan importante como a igualdade real entre homes e mulleres nos ámbitos laboral, social e político. Todo este material tédelo no Blogue da biblioteca.

CHARLA: "INICIACIÓN AO MUNDO DAS AVES" 20-01-12

O VENRES, DÍA 20 DE XANEIRO, LEVOUSE A CABO NA AULA DE AUDIOVISUAIS DO COLEXIO, UNHA CHARLA SOBRE "A INICIACIÓN AO MUNDO DAS AVES" EN HORARIO DE 10 A 12 DA MAÑÁ, PARA OS NENOS DE 2º DE PRIMARIA E DO 2º E 3º CICLOS DE PRIMARIA. ESTA ACTIVIDADE ESTÁ ORGANIZADA POLA XUNTA DE GALICIA A TRAVÉS DO PROGRAMA DE DIVULGACIÓN DAS ÁREAS NATURAIS PROTEXIDAS DE GALICIA: VIVE AO NATURAL!!!


  


 PODES VER O VÍDEO DESTA CHARLA NO "BLOG DA BIBLIOTECA" OU PINCHANDO NESTE ENLACE: http://bibliovictorsaenz.blogspot.com/2012/01/charla-no-noso-cole-achegamento-ao.html

MAXÍA E CIENCIA. C3M DA COSTA DA MORTE 19-12-11

O LUNS, DÍA 19 DE DECEMBRO, TIVEMOS A ACTUACIÓN DUN PAIASO, PROCEDENTE DO GRUPO C3M DA COSTA DA MORTE, QUE REPRENTOU NO PATIO DO CENTRO, E PARA TODOS OS ALUMNOS UN ESPECTÁCULO DE MAXÍA E CIENCIA.


            

25 DE NOVEMBRO: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Ás 12:30 haberá no centro unha xuntanza da "Escola de pais" co visionado do documental “Amores que matan” de Iciar Bollaín e debate.


                                       


    

CHARLA SOBRE "OS COGOMELOS" 07-11-11

O luns día 7 de novembro, tivemos no centro unha charla sobre "Os cogomelos", ás 15:10 horas para os alumnos de 2º e 3º ciclos de Educación Primaria, dentro das actividades que se están a desenrolar no centro coa temática dos bosques.


          


 PODES VER O VÍDEO DESTA CHARLA NO "BLOG DA BIBLIOTECA" OU PINCHANDO NESTE ENLACE: http://bibliovictorsaenz.blogspot.com/2011/12/charla-no-cole-achegamento-ao-mundo-do.html

VIDEOCONFERENCIA DE ISABEL FRAGA VILA SOBRE OS BOSQUES 04-11-11

Como ben sabedes, durante este curso estamos a traballar o tema dos bosques e participaremos en todas aquelas actividades complementarias nas que se nos presente oportunidade e que estén relacionadas con esta temática. 


É por ista razón pola que o pasado venres día 4, participamos nunha vídeoconferencia de Dª Mª Isabel Fraga Vila sobre os bosques como parte integrante do desenvolvemento sostible do planeta.


Mª Isabel Fraga Vila é a directora do Museo de Historia Natural e profesora de Botánica da Facultade de Bioloxía da USC. Publicou, entre outros traballos de investigación e divulgación no ámbito da botánica, a Guía Verde de Santiago de Compostela (Alvarellos 2010), un traballo que recolle información sobre todos os parques e zonas verdes da capital galega, ademáis dunha guía botánica con fotos, debuxos e comentarios de 150 especies arbóreas presentes na cidade.


         


PODES VER O VÍDEO DESTA VIDEOCONFERENCIA NO BLOG DA BIBLIOTECA OU PINCHANDO NESTE ENLACE: http://bibliovictorsaenz.blogspot.com/2011/11/mana-videoconferencia-sobre-os-bosques.html

Distribuir contido


by Dr. Radut