As Letras Galegas

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018. Mª VICTORIA MORENO 16-05-18

Ese mesmo mércores día 16 de maio tamén celebramos, xusto despois da construcción do maio, o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2018, adicado este ano a MARÍA VICTORIA MORENO. Para conmemorar este día fixemos unha Concurso de Ilustración (para educación infantil) e Literario (para educación primaria). Grazas a todos/as por participar un ano máis masivamente. Os galardoados foron os seguintes:

  • Educación Infantil: ALICIA ALVITE RAMOS
  • Premio Especial: ALEJANDRO VILLAR NEGREIRA
  • 1º e 2º: GUILLERMO TUBÍO GESTO
  • 3º e 4º: PAULA BARCIA BLANCO
  • 5º e 6º: IRIA BLANCO DEL RÍO

Para ver os traballos de tódolos participantes e tamén os gañadores, podedes picar AQUÍ, e verédelos no blogue da biblioteca.

GALEATRO: "CONTOS NO FAIADO" 02-05-18

O mércores día 2 de maio, visitou o noso centro a compañía de teatro GALEATRO, coa súa obra "CONTOS NO FAIADO", como proposta á homenaxeada no Día das Letras galegas 2018 Mª VICTORIA MORENO. Levouse a cabo ás 12:20 horas na Biblioteca do centro. Descubrimos historias moi divertidas de Mª Victoria. Para ver as fotos de ese día, picade AQUÍ.

OS MAIOS E PREMIOS CARTEIS LETRAS GALEGAS 19-05-17

O venres día 19 de maio fixemos coincidir a celebración dos MAIOS, e a entrega dos Premios do Concurso de Carteis das Letras Galegas 2017. Despois de xantar saimos ao patio e coas frores, xestas e demais cousas que foron traendo os nenos os días anteriores nos puxemos a facer o maio. Unha vez rematado coa colaboración de todos, cantamos unha canción todos xuntos formando unha roda arredor do maio, acompañados coa música do profe Óscar e Susi. Despois fixemos a entrega dos premios do Concurso de Carteis das Letras Galegas 2017. Para ver tódalas fotos pica AQUÍ. E os premiados foron os seguintes:

  • Educación Infantil: ÁNGEL GRILLE CALVELO
  • 1º e 2º de Educación Primaria: MAI VILLAR VILAS
  • 3º e 4º de Educación Primaria: PAULA MANEIRO BERGANTIÑOS
  • 5º e 6º de Educación Primaria: ANDREA LABANDEIRA OTERO
  • Premio Especial do Xurado: ÁLEX OTERO MOLEDO

  

                                                 

LETRAS GALEGAS E OS MAIOS 20-05-16

O dís 20 de maio celebramos o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016 E OS MAIOS, conxuntamente. Tódalas canciós e actividades desenvolvidas ese día podé delas ver no seguinte enlace.

http://bibliovictorsaenz.blogspot.com.es/2016/05/celebramos-o-dia-das-letras-galegas-e.html

Si queres ver tódalas fotos de ese día, picade na fotografía.

LETRAS GALEGAS 2015: XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE

O venres día 15 de maio de 2015, e co fin de conmemorar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2015, fixemos unha serie de actividades no patio. Fixemos un MAIO coas flores que trouxeron os rapaces da casa, e cantamos unha canción preparada pola mestra de música Susi, titulada "O Maio das Nogais". Logo esta mesma mestra deu lectura a un conto viaxeiro que se está a elaborar dende o Día do Libro, e para rematar entregáronse os premios do noso Concurso Literario das Letras Galegas, inspirándose os nenos nos textos da obra de Filgueira Valverde. De todo isto, premiados, traballos literarios, maio, etc... tedes un bo reportaxe fotográfico ao voso alcance. En E.I. premiouse a todo o ciclo co seu traballo "Este mes de maio"; no 1º ciclo de E.P. a gañadora foi NEREA OZÓN OTERO (1º) con "A miña horta"; no 2º ciclo de E.P. gañou RUBÉN BLANCO PEREIRA (4º) co traballo "Xoán Paticorto"; no 3º ciclo de E.P. gañou ÁLEX INSUA MOLDES (5º) con "A Amiguiña"; e como premio especial do xurado foi gañadora a obra de YANIRA PARÍS PARÍS (4º) titulada "Jaime O Melenas". Pinchando nas fotos poderedes ver estos traballos gañadores e o resto de actividades de ese día.

       

CONCURSO DE ILUSTRACIÓN E REDACCIÓN LETRAS GALEGAS 2014 16-05-14

O venres día 16 de maio de 2014, entregamos os premios do CONCURSO DE ILUSTRACIÓN E REDACCIÓN DAS LETRAS GALEGAS 2014, que este ano se lle adica a XOSÉ MARÍA DÍAZ CASTRO, aos traballos elaborados polos nenos e nenas en cada aula. Os premios, según as bases, foron 1 por curso en Educación Primaria, 1 para Ed. Infantil de 3 e 4 anos e outro para EI de 5 anos. O concurso de ilustración foi para os alumnos de EI e o de redacción para os alumnos de EP. Noraboa a todos, pola vosa participación!!!!!!!!! Tamén para conmemorar este día das LETRAS GALEGAS, fixemos un MAIO con todalas frores e outras plantas que foron traendo os nenos ao centro durante estos días. Así mesmo a mestra de música SUSI preparou unha canción que fala sobre os maios. Nas fotos inferiores, tedes os/as gañadores/as do concurso.

 

 

 

  

  

 

CONCURSO DE ILUSTRACIÓN E NARRACIÓN - LETRAS GALEGAS 2013

Celebrouse no colexio, o xoves día 16 de maio o DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2013, adicado a ROBERTO VIDAL BOLAÑO (1950-2002). Como unha máis das actividades levadas a cabo durante toda a semana, cabe destacar o "CONCURSO DE ILUSTRACIÓN E NARRACIÓN", sendo os traballos premiados os seguintes:


Educación Infatil:                                     ALBA LAGO GARCÍA


1º Ciclo de Educación Primaria:           MIRIAM MOURO DUARTE


2º Ciclo de Educación Primaria:           NURIA ESPERANTE MANEIRO


3º Ciclo de Educación Primaria:           PAULA GERMIL CALO


Os traballos destas alumnas podédelos ver no noso Blog da Biblioteca. Eiquí quedan unhas fotos de ese día, picando na imaxe das gañadoras.


   

REGUEIFEIROS CONMEMORANDO AS LETRAS GALEGAS 15-05-13

Como parte das conmemoracións a realizar no centro, adicadas ás Letras Galegas 2013 (que este ano se lle adican a Roberto Vidal Bolaño), tivemos a sorte de contar con dous regueifeiros, "PINTO DE HERBÓN E O CARUNCHO" que fixeron as delicias de nenos e maiores. Esta actuación levouse a cabo na biblioteca do centroen horario de 12:30 a 13:30, tempo máis que suficiente para que poidesen dar unhas clases  aos nenos sobre como facer regueifas e cal é a súa orixe. Para ver máis fotos, pica nestas.


   

ENTREGA DOS PREMIOS DO CONCURSO DE REDACCIÓN E ILUSTRACIÓN 16-05-12

O mércores día 16 de maio entregáronse os premios do Concurso de Redacción e Ilustración como actividade para a conmemoración do Día das Letras Galegas 2012. Déuse un premio por ciclo. Levouse a cabo no comedor do centro despois de xantar. Os gañadores foron (se queres ver os traballos dos gañadores pincha no seu nome):


ED. INFANTIL: NEREA OZÓN OTERO (3 anos)


1º CICLO PRIMARIA: MARIO ANTELO CAMBEIRO (2º)


2º CICLO PRIMARIA: SAMUEL SANTIAGO POSE (3º)


3º CICLO PRIMARIA: ALBERTO LEMA ZAMORA (5º)


  ¡¡¡NORABOA A TODOS/AS POR PARTICIPAR!!!.


OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS MUSICAIS CON TOMÁS RÁBANOS MURO 16-05-12

O mércores día 16 de maio, en horario de mañá e no comedor do centro, tivo lugar un OBRADOIRO DE INSTRUMENTOS MUSICAIS a cargo de TOMÁS RÁBANOS MURO, en conmemoración do Día das Letras Galegas 2012, no que se construiron instrumentos musicais con materiais de refugallo, con tódolos nenos do centro. Aproximadamente cada neno levou para casa 5 ou 6 instrumentos elaborados ese día.



BIOGRAFÍA

DÍA DAS LETRAS GALEGAS 17-05-12

Este ano adícaselle o DÍA DAS LETRAS GALEGAS a VALENTÍN PAZ ANDRADE. Naceu o 23 de abril de 1898 no barrio do Socorro de Lérez, en Pontevedra. O seu tío, o poeta Juan Bautista Andrade, espertou nel a paixón polas letras e por Galicia. Se queredes atopar fotos, información e actividades en liña, atoparédelo no seguinte link: seminariogalan.org


      


No noso centro xa temos expostos os paneles que todos os anos nos envían dende a Xunta de Galicia, co fin de que os alumnos se vaian familiarizando co homenaxeado. Se queredes ver os paneis un por un pinchade na foto.



A Secretaría Xeral de Política Lingüística acaba de poñer no seu espazo web os carteis e guías gañadores do Concurso-exposición Letras Galegas 2012, ademais dunha selección de materiais e recursos elaborados por distintos centros educativos galegos cos que se pretende contribuír a un mellor coñecemento da sobranceira figura de Valentín Paz-Andrade. Picade neste link para entrar


 http://www.xunta.es/linguagalega/letras_galegas

Powered by Drupal - Design by artinet