Skip to Content

Visitas e excursións

FORMACIÓN PARA AS FAMILIAS SOBRE AS TIC con Martín Mejuto 23-04-24

O 23 de abril en horario de 12:00 a 13:30 horas, tivo lugar no centro unha Formación para as familias sobre "Acompañamento no uso responsable das TIC". Esta formación foi dada polo psicólogo que traballa coa ONG Ayuda en Acción Martín Mejuto. Todo un pracer contar con xente tan profesional, e de seguro que as familias sacaron moitas cousas de proveito.

TALLER-CHARLA SOBRE O CÓMIC 22-04-24

O día 22 de abril, pola mañá, tivemos a sorte de contar no centro con Alfonso Barreiro Carreño, que de 11:00 a 12:30 fixo un Taller sobre o Cómic e a Ilustración para o alumnado de 4º, 5º e 6º de primaria, que se enmarca no proxecto do CLUB DE LECTURA que temos no centro. Todo un descubrimento e algo moi novedoso para o alumnado!!!

EXCURSIÓN A SANTIAGO: Primaria a INNOVART24 e Infantil ao CGAC 18-04-24

O xoves, día 18 de abril, fumos todo o centro de excursión a Santiago. Por un lado o alumnado de Infantil visitou a Praza de Abastos e os seus diferentes postos, e posteriormente tiñamos concertada unha visita no CGAC guiada, para coñecer un pouco máis polo miúdo a figura de Antón Lamazares e a súa exposición "Aún es de Día", onde lles explicaron as obras de este autor e mesmo fixeron as súas propias. Rematamos xantando e xogando no parque inafantil da Alameda.

O alumnado de primaria tiña unha visita concertada á Cidade da Cultura para asistir ás actividades da 2ª edición de INNOVART24. Unha magnífica ocasión para achegarse ás moitas posibilidades académicas que ofrecen as ensinanzas de réxime especial, poñendo en valor o labor realizado polos conservatorios de música e de danza. O alumnado coñeceu en primeira persoa experiencias levadas a cabo nos centros educativos, e participou nos obradoiros de danza, música, artes plásticas e deseño, ensinanzas deportivas e de idiomas. Un día ben completiño!!!

 

CIENCIA EN MOVIMIENTO. O edificio da túa vida. 10 e 11 de xaneiro 2024 (Contratos-Programa CPInnova)

Os días 10 e 11 de xaneiro de 2024, contratamos un Obradoiro de CIENCIA EN MOVIMIENTO sobre o "Edificio da túa vida" relacionado coa nosa temática do Proxecto Integrado sobre A Vida Saudable, e a través da financiación do Contratos-Programa CPInnova (EduSaúde). Así tivemos obradoiros para os de Infantil e 1º ciclo de primaria un día, e o outro para o alumnado de 3º a 6º de primaria. Nestes obradoiros de Ciencia faláronnos de ese edificio na nosa vida que está composto pola cimentación (Quérome), os pilares (Cóidome) e o tellado (Supérome). Traballáronse aspectos como o amor polos demais e por un mesmo, o coidado do noso corpo e a superación persoal todos os días.

EXCURSIÓN Á DOMUS. ENTREVISTA E EXPOSICIÓN BOCADOS 04-12-23

O luns, día 4 de decembro, fomos todo o colexio á DOMUS en Coruña. En principio era para ir o alumnado de 3º a 6º pola Formación de Radio do curso anterior, a través da ONG Ayuda en Acción, pero ao final decidimos ir todo o colexio e aproveitar o día. Chegados alí o alumnado de 4º de primaria entrevistou á Directora da DOMUS Patricia. O resto do alumnado vimos a exposición BOCADOS sobre a nutrición e os obxectivos de desarrollo sostible da ONU. Despois todos vimos o resto das exposicións que hai no Museo e finalmente xantamos mirando ao mar cunhas vistas maravillosas dende o comedor do Museo.





VISITA DE JORGE MIRA: ¿A QUE ALTURA ESTÁ O CEO? 23-05-22

O título desta noticia ten que ver cun libro do físico e divulgador científico JORGE MIRA, que nos visitou o luns 23 de maio. Falou con nós sobre os tamaños dos Planetas que forman o Sistema Solar, axudándonos a descubrir enormes distancias no patio por grupos de alumnos identificando a cada grupo cun planeta. A experiencia foi moi divertida e deu moito para a reflexión. Un enorme orgullo contar con personalidades como Jorge. Eiquí quedan as fotos de ese día.

OBRADOIRO DE ILUSTRACIÓN CIENTÍFICA BAIXO O MAR 19-05-22

Recibimos no cole a Sara Carrasco e Silvia Iglesias que forman 13 GRADOS que é unha cooperativa creada no 2020. Así levaron adiante un Obradoiro sobre ILUSTRACIÓN CIENTÍFICA. Os nenos observaron a natureza do fondo mariño para logo debuxala e coloreala. Foi unha actividade que nunca olvidarán xa que como recordo de ese día quedáronlles unhas ilustración espectaculares.

EXCURSIÓN A CORUÑA: PALACIO DA ÓPERA, ACUARIO E CASA DAS CIENCIAS 13-05-22

O día 13 de maio fixemos unha EXCURSIÓN Á CORUÑA todo o cole. O alumnado de 5 anos visitou o Planetario na Casa das Ciencias e ao rematar foron co outro grupo0 de Infantil e 1º e 2º de Primaria a visitar o Acuario. Por outro lado o alumnado de 3º a 6º de Primaria, asistiron a un Concerto no Palacio da Ópera, no que a Orquetrs Sinfónica interpretou temas de Walt Disney. Vede que fotos tan chulas¡¡¡¡¡

EXCURSIÓN A PONTEVEDRA 5º E 6º DE PRIMARIA 28-04-22

O alumnado de 5º e 6º de Primaria foron de excursión a PONTEVEDRA, dentro das actividades programadas do Proxecto Terra. Pasearon pola cidade do Lérez, cunha guía que lles comentou as cousas máis salientables de tan fermosa cidade. Visitaron a oficina de Información e Turismo e se achegaron ao Museo de Pontevedra e ao Museo Castelao. Xantaron nun parque onde tamén poideron xogar un ratiño, rematando a excursión cunha visita a Lourizán onde atopamos o Pazo de estilo modernista. Foi unha xornada entretenidísima. Picade nas fotos para ver as de ese día.

 

"MOZART Á GALEGA". CUARTETO DE CORDA DA RFG 25-04-22

Recibimos a visita moi especial: un CUARTETO DE MÚSICA da REAL FILHARMONÍA DE GALICIA, auténticos profesionais. A frauta travesera tocada por Luís Soto, o violín por Nikolay Velikov, a viola por Ioana Ciobotaru e o viloncello tocado por Millán Abeledo. Estiveron case que toda a mañá tocando música de Mozart e deixaron aos nenos e nenas tocar os seus instrumentos. Unha clase moi didáctica. Todo xurdiu a raíz do libro que temos no Clube de Lectura de Fina Casaderrey "O xenio da Cidade do Sal". Un maravilloso día de exquisita música. Podedes ver as fotos eiquí.

CONCERTO DE PACO NOGUEIRAS CON ¿BRINCA VAI! 08-04-22

Para despedir o 2º trimestre de curso, tivemos a sorte de facelo cun Concerto de PACO NOGUEIRAS co fin de celebrar o "Día mundial da Radio" e para iso nos trouxo o seu espectáculo ¡BRINCA VAI! cunha grande variedade de cancións e moitos instrumentos. Cas fotos ides a alucinar¡¡¡¡

OBRADOIROS DE "CIENCIA EN MOVIMIENTO" 05-04-22

Adicamos esta semana á Ciencia con duas sesións de CIENCIA EN MOVIMIENTO en dous días diferentes. Así Suso e Amparo trouxeron propostas relacionadas cos Planetas e a Astronomía, proxecto que estamos a traballar neste curso no cole. Así un día foron os de Infantil e 1º e 2º de Primaria os que disfrutaron destes obradoiros e ao día seguinte o alumnado de 3º a 6º de Primaria. Traballamos o Sistema Solar, Os Planetas, as Fases da Lúa, etc... e fixemos experimentos moi interesantes. mIRADE QUE FOTOS MÁIS CHULAS!!!!!

VISITA Á CASA DAS CIENCIAS E AO PLANETARIO 11-02-22

Non podía faltar esta visita, nun ano adicado ao ESPAZO. O venres día 11 de febreiro, todo o alumnado do centro fumos de excursión a Coruña para visitar a CASA DAS CIENCIAS e o PLANETARIO. En grupos burbullas fixemos ámbalas dúas actividades intercambiándonos. Así vimos dúas proxeccións sobre o espazo e a astronomía e logo tivemos tempo para disfrutar dos experimentos das outras salas. Picade nas fotos para ver máis.

VISITA PALACIO DA ÓPERA: ODAIKO

O alumnado de 6º de educación infantil e 1º e 2º de educación primaria foron de excursión á Coruña para ver no Palacio da Ópera a actuación do grupo de percusión ODAIKO. Foi unha mañá maravillosa, incluso coa participación dalgúnha alumna no espectáculo¡¡¡¡¡ Picando nas fotos veredes todas as fotos de ese día.

EXCURSIÓN AO ÉZARO INFANTIL E 1º E 2º 27-05-21

Os primeiros grupos en estrearse en sair de excursión neste curso foron o alumnado de educación infantil e os de 1º e 2º de educación Primaria. O destino non era menos atractivo, xa que visitaron O ÉZARO, a fervenza do río Xallas e a praia. E como facía un día maravilloso, aproveitaron para mollar un pouco os pés na beira do mar.

Esta actividade está feita en colaboración coa ONG "Ayuda en Acción". Estivemos acompañados por Sergio ("Laboratorio de Radio") e Daniel. Eles gravaron xunto cos nenos os sons da natureza que ás veces pasan desapercividos. Deste xeito pasaron unha xornada maravillosa, que esperamos repetir sin dúbida. Pica nas fotos para ver todas.


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

"DE AQUÍ PARA ALÁ" PROPOSTA MUSICAL NO AUDITORIO DE GALICIA 05-03-20

O xoves día 5 de marzo, fomos todo o colexio de excursión a Santiago para ver no Auditorio de Galicia unha proposta musical e teatral, interpretada por Lydia Botana, autora deste espectáculo. "De aquí para alá" da Asociación Cultural Tres por Cuatro é un proxecto de música infantil no que se viaxa arredor do mundo aprendendo, escoitando, bailando e cantando as músicas de cada lugar facendo fincapé na procura de novos sons. Cóntanos, a través da música, a historia dunha bolboreta que vai polo mundo na procura de algo que faga feliz ó seu novo amigo Gali, un neno que vive en África e está moi triste.

EXCURSIÓN A SANTIAGO: AUDITORIO E CGAC 14-02-20

O venres, día 14 de febreiro, fumos todos de excursión a Santiago. Os nenos e nenas de infantil e 1º e 2º de primaria visitaron o Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC), mentres que o alumnado de 3º a 6º de primaria fixeron dúas actividades no Auditorio de Galicia: primeiro fixemos unha visita guiada á exposición: "Deseño de cubertas no disco galego 1955-1995". E logo aisitimos a un Concerto CON FUSIÓN pola Banda Municipal de Santiago e Píscore. Sobre as 13:15 horas regresamos todos para xantar no colexio, debido a que o tempo non acompañaba. Picando nas fotos veredes fotos de ese día.

EXCURSIÓN Á RÍA DO BURGO PARA OBSERVAR E ANELAR AVES CON ANTONIO SANDOVAL 05-02-20

O mércores día 5 de febreiro fomos todo o colexio de excursión á Ría do Burgo para facer unha actividade fantástica e relacionada 100% co noso proxecto sobre as aves. Gracias ao ornitólogo ANTONIO SANDOVAL REY pudemos avistar aves e aprender algo máis sobre o anelamento das mesmas co seu compañeiro ALBERTO MONTEAGUDO. Fixemos un percorrido pola Ría do Burgo, na Coruña, e con prismáticos e outros telescópios e prismáticos profesionais de maior precisión, proporcionados por Antonio,  vimos unha chea de aves: corvos mariños, virapedras, garzas, gaivotas, píllares, cisnes, etc... Despois fomos ao Xardín Botánico onde Alberto nos explicou como se realiza o anelamento das aves e mesmo ensinounos un paporroibo, unha papuxa das amoras e un picafollas. Se queredes ver as fotos de ese día, picade AQUÍ.

GRAN PRIX FINANCIERO NA PICOTA 14-01-2020

O martes, día 14 de xaneiro, o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria foron ata A Picota para participar nunha actividade interesantísima que compartiron con outros nenos e nenas do Concello, no GRAN PRIX FINANCIERO. A actividade consistía en xogar en situacións da vida cotiá nas que hai que xestionar cartos. Si picades nas imaxes veredes máis de ese día.

EXCURSIÓN A SANTIAGO. AUDITORIO E RADIO GALEGA 21-11-19

O xoves día 21 de novembro de 2019 saimos de excursión a Santiago. Dividímonos en dous buses. Un que levou aos nenos de 3º a 6º de primaria ao Auditorio de Galicia para asistir ao Concerto Didáctico "CLÁSICOS Á GALEGA", rematando a visita asistindo á EXPOSICIÓN no Auditorio de Galicia titulada "INVISIBLE WOM@RTS", a través da obra de mulleres artistas. Mentres tanto noutro bus foron os alumnos de infantil 4-5 e 1º e 2º de primaria a visitar a RADIO GALEGA. Esta visita estaba pendente como gañadores do "I Concurso de Podcasts Radio na Biblio" do curso pasado. Explicáronlles cada recuncho da Radio Galega e viron emitir en directo o Programa "Galicia por diante" dirixido por KIKO NOVOA. Toda unha experiencia¡¡¡¡¡¡¡Pica nas fotos para ver máis. E picando AQUÍ veredes un video na Radio.

 

FACE 2 FACE TEATRO EN INGLÉS 19-11-19

O martes día 19 de novembro de 2019, fomos á Aula de Cultura da Picota para asistir coma en outras ocasións a ver o teatro en inglés da compañía FACE 2 FACE, xunto cos alumnos do C.E.I.P. de Pino de Val. Vimos dúas sesións, unha para os alumnos de infantil e 1º e 2º de primaria que levaba por título "UNDER THE SEA", e outra sesión para o alumnado de 3º a 6º de primaria titulada "CIRCUS LIFE". Pasamos unha mañá maravillosa. Pinchade nas fotos para ver máis.

CHARLA DE DAVID ARCAY SOBRE A PESCA SEN MORTE 25-09-19

Dende o Concello se nos plantexou a posibilidade de levar a cabo un charla para os alumnos de 3º a 6º de primaria, con DAVID ARCAY, tetracampión do mundo de pesca sen morte. Logo, no patio, fíxonos algunha demostración con canas e algúns xogos de equipo. Pica nas imaxes para ver máis fotos.


EXCURSIÓN A SANTIAGO. EXPOSICIÓN LEONARDO DA VINCI 14-05-19

O martes, día 14 de maio, fomos todo o colexio de excursión a Santiago para realizar unha visita que tiñamos concertada a San Martín Pinario para ver a EXPOSICIÓN DE LEONARDO DA VINCI, dentro do programa de actividades que estamos a facer este curso co noso proxecto sobre a Ciencia. Os nenos poideron ver dentro da visita guiada a dedicación de este xenio á pintura, ao seu estudo sobre a anatomía humana, á auga e ao voo, entre outras moitas cousas, celebrando así tamén o 500 aniversario da súa morte. Despois fomos todos paseando polas rúas de Compostela cara o Parque da Alameda onde os nenos xogaron ata cansar e onde xantamos antes de vir de volta para o centro. Picade nas fotos para ver máis.

CIENCIA EN MOVIMIENTO 03-05-19

O venres, día 3 de maio, visitou o noso centro unha actividade levada a cabo por Suso e Nuria que levaba por nome "CIENCIA EN MOVIMIENTO". Ao longo da mañá fixéronse diversos obradoiros para os alumnos de infantil e o alumnado de 1º a 3º de primaria, e despois do recreo o alumnodao de 4º ata 6º de primaria traballaron nun MUSEO cunha innuerable cantidade de experimentos que puideron probar in situ. Para ver tódalas fotos de ese día, picade nas fotos.

EXCURSIÓN Á CORUÑA 05-04-19

O venres día 5 de abril, fomos todos de excursión a Coruña en dous autobuses: Un que levou aos nenos de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria a visitar a Redacción Central de La Voz de Galicia en Arteixo. E outro bus que levou aos máis pequenos do cole, os de infantil e 1º e 2º de primaria ao Palacio da Ópera da Coruña para ver un concerto didáctico onde escoitaron temas tradicionais de rexións de África con instrumentos típicos africanos coma o djembé, o caxixi ou a kalimba. Para ver as fotos de ese día picade nas imaxes.

EXCURSIÓN A SANTIAGO 20-03-19

O mércores día 20 de marzo, todo o centro fumos de excursión a Santiago. Os máis pequenos de Infantil e 1º e 2º de primaria foron ao Teatro Principal para asistir á representación teatral da compañía Elefante Elegante titulada "A Danza da choiva". Ao remate deron un paseo pola zona vella de Santiago, para rematar a camiñata nun parque da Alameda. Os maiores, mentres tanto, visitaban o laboratorio de ÁNGEL CARRACEDO, onde viviron moitísimas experiencias e o pasaron xenial entre tubos de ensaio e aparellos de análise de ADN. Despois foron ao Observatorio Astronómico Ramón Mª Aller, onde estiveron moi atentos ás explicacións dun experto que tamén nos ensinou diferentes aparellos meteorolóxicos e mesmo un telescopio grandísimo. Todos nos reunimos para xantar nun parque e regresar para San Cosme. Para ver tódalas fotos de ese día, picade en cada unha das diferentes imaxes.

SAÍDA DIDÁCTICA A CORUÑA 21-02-19

O xoves día 21 de febreiro, fixemos unha saída didáctica a A Coruña con todo o alumnado. De 11:30h a 12:45h visitamos o MUSEO DOMUS para ver as salas de exposicións e vimos unha proxección na sala Magnavisión. De 13:00h a 14:15h visitamos a CASA DAS CIENCIAS. Alí vimos O Planetario e visitamos tamén as salas de exposicións. Ao rematar sobre as 14:30h xantamos no parque de Santa Margarita, ata a hora de regresar cara ao colexio sobre as 15:15h. Todo estivo relacionado co noso proxecto integrado de centro de este ano sobre "A CIENCIA". Para máis información sobre os museos, picade nas imaxes ou nos nomes suliñados.Picando AQUÍ verás todas as fotos de ese día.

SAÍDA DIDÁCTICA A SANTIAGO 05-02-19

O vindeiro martes, día 5 de febreiro de 2019, faremos unha Saída Didáctica a Santiago con todo o colexio. O programa de actividades será o seguinte:

Ao rematar estas actividades nos xuntaremos para ir xantar, dependendo do tempo, nun parque ou nunha zona cuberta. Regresaremos ao centro arredor das 16:25 horas. Para ver as fotos do mhn picade AQUÍ. E para ver as fotos dos maiores noTeatro e na exposición, picade AQUÍ.

FACE 2 FACE TEATRO EN INGLÉS. A PICOTA 14-12-18

Celebrouse, un ano máis, na Aula de Cultura da Picota, o Teatro en Inglés a cargo da compañía FACE 2 FACE o venres día 14 de decembro en horario de mañá, no que participamos xunto co colexio de Pino de Val. Mentres os pequenos participaban no teatro, os maiores vían unha película no Auditorio, e viceversa. A película que visionaron foi "ATRAPA LA BANDERA". Cada centro rematou de ver a película nos seus respectivos centros. Pica para ver as fotos.

VISITA DE ÁNGEL CARRACEDO ÁLVAREZ 27-11-18

Visitóunos unha vez máis o noso padriño da Biblioteca D. ÁNGEL CARRACEDO ÁLVAREZ, que é a persoa perfecta para falar sobre o tema do noso Proxecto "A Ciencia". Foi un fantástico día o que pasamos na compaña de este gran amigo e mellor persoa. Comezamos o día cunha maravillosa entrevista que lle fixeron os nenos de 5º e 6º na nosa RADIO ROSIÑA, que a Ángel súpolle a pouco (estaría alí moitísimo máis tempo). Logo fomos para a Biblioteca con todo o alumnado e como sempre Ángel, deleitounos coas súas verbas, sobre ciencia e mil cousas máis. Xa rematado e cando os nenos ían xantar, tivemos un encontro cos pais/nais que se acercaron ata o colexio para poder presenciar unha charla de este magnífico xenetista. Eso, un día completiño!!!!!!! Grazas por todo Ángel. Ata a próxima. Pica nas fotos para ver máis.

Distribuir contido


by Dr. Radut