O Entroido

ENTROIDO 2018. "O EXÉRCITO DOS PANOS" DE ARCOS (Mazaricos).

Este ano, e despois de moito traballar tanto mestres, nenos como as familias, todo o centro disfrazámonos do "EXÉRCITO DOS PANOS" co fin de revitalizar o ENTROIDO DE ARCOS (Mazaricos). Ademáis do Exército había cegos, xenerais e músicos como Marcos e o mestre Óscar, que nos acompañaron durante toda a xornada levando cos seus instrumentos o ritmo deste exército. Celebrouse o venres día 9 de febreiro, e debido ao mal tempo, demos unha pequena volta polo pobo de San Cosme e regresamos axiña xa que a chuvia nos acompañaba durante todo o percorrido (ata nos tivemos que resguardar no Bar PEGO). Xa no cole de volta fixemos un desfile polo pasillo ao ritmo de támbor e bombo, para rematar no comedor levando a cabo a pertinente sesión fotográfica. Rematamos a xornada xantando todos xuntos no comedor do centro todos aqueles doces típicos de Entroido que elaboraron con moita amabilidade as familias (orellas, fillos, chulas,...) e bailando ao son da música típica destas datas. Deixamos a queima do Meco e o xogo das piñatas para o 1º día que faga bo tempo á volta das vacacións de Entroido. Si queredes ver tódalas fotos de ese día, picade AQUÍ.


CHARLA DE SUSO E LEIRO SOBRE O ENTROIDO DE ARCOS 31-01-18

O mércores día 31 de xaneiro, tivemos a sorte de contar no centro coa presencia de Suso do Concello e o Sr. Leiro de Arcos, que nos viñeron a dar unha charla e poñer fotos cunha presentación, para coñecer máis polo miúdo o ENTROIDO DE ARCOS, sobre o que estamos a traballar este ano para o Entroido. As fotos de esta charla, verédelas picando AQUÍ.


QUEIMA DO MECO E XOGO DAS PIÑATAS 06-03-17

O luns día 6 de marzo pola tarde, queimamos o meco no patio e xogamos ao xogo das piñatas, que non nos dera tempo de facelo no Entroido. Así rematamos este período tan tradicional en Galicia. Pica nas fotos para ver máis.

 

ENTROIDO 2017

Celebramos o ENTROIDO 2017 o venres día 24 de febreiro en horario de mañá. A temática foi sobre a música e en concreto sobre as TRIBUS URBANAS. En educación infantil foron de RAPEIROS, en 1º e 2º de primaria foron de PUNKIS, en 3º e 4º de primaria foron de GÓTICOS e en 5º e 6º de primaria foron de ROCKABILLIES. Todos xuntos saímos a dar unha volta polo pobo de San Cosme, acompañados pola música de Marcos á gaita e Josefa que se arrancou a tocar a pandeireta. Despois subimos ao escenario no comedor para lucir os nosos traxes e bailar as diferentes músicasdas tribus. Sacamos fotos e para rematar xantamos todo aquilo que trouxeron as familias para conmemorar ese día de Entroido: orellas, filloas, rosquillas, etc... Picando AQUÍ poderedes ver as fotos de ese día.

   

QUEIMA DO MECO 2016

O 1º día despois das vacacións de Entroido, o xoves día 11 de febreiro, aproveitamos unha tregua que nos deu o tempo e poidemos rematar o Entroido coma se merece: coa QUEIMA DO MECO. Esperamos que este ano o pasarades o mellor posible, e ata o vindeiro curso!!!!. Picade nas fotos para ver máis fotos de ese día.

                

ENTROIDO 2016

oCelebramos o noso ENTROIDO 2016 o venres día 5 de febreiro de 2016, en horario de 10 a 13 horas no patio do centro. Os disfraces foron moi coloridos e moi traballados. Así os de E.I. ían de CAMPOS DE FÚTBOL; os alumnos de 1º e 2º ían de ANTORCHAS; os alumnos de 3º e 4º ían de ABANDEIRADOS/AS dos xogos olímpicos; e os alumnos de 5º e 6º foron de DEPORTISTAS OLÍMPICOS FAMOSOS. Pais, nais e mestres tamén se disfrazaron para a ocasión. Despois do desfile fixemos o XOGO DAS PIÑATAS, por cursos e os pais/nais e os mestres, e para rematar a celebración, fomos todos para o comedor do colexio para DEGUSTAR OS DELICIOSOS MANXARES típicos desta festa, que nos trouxeron os pais e nais dos alumnos. Todo, por suposto, aderezado cunha boa dose de MÚSICA DE ENTROIDO. Para ver tódalas fotos de ese día pica AQUÍ.

 

  

       

MANDADIÑOS DE ENTROIDO 2016

Comezamos indicándovos os MANDADIÑOS que rexirán no centro esta semana de ENTROIDO 2016. Pica AQUÍ para ver tódalas fotos.

   

  

     

                    

QUEIMA DO MECO 19-02-15

O primeiro día á volta do Entroido que fixo bo tempo foi o xoves día 19 de febreiro de 2015 e pola tarde saimos ao patio para queimar O MECO. Eiquí vos quedan unhas fotos. Ata o ano que ven!!!!

  

ENTROIDO 13-02-15

O venres día 13 de febreiro de 2015 celebramos o ENTROIDO 2015. Debido ás inclemencias meteorolóxicas quedamos no centro. Os nenos e mestres disfrazáronse na primeira hora e despois fixemos un desfile polo comedor do colexio subindo ao escenario para sacar fotos e os demáis tiñan que adiviñar de que iban disfrazados os diferentes cursos. Logo cantamos todos, alumnado e mestres, xunto cos pais/nais asistentes ao festival unha canción a modo de "chirigota" creada pola mestra de música Susi, para quentar motores. Rematamos o día facendo o xogo das piñatas e comendo as lambetadas típicas do Entroido que trouxeron as familias das casas para ese día (chulas, filloas, rosquillas, orellas, etc...). Si queredes ver unha gran cantidade de fotos de ese día, pinchade en calqueira das fotos que se atopan na parte inferior.

                   

MANDADIÑOS DE ENTROIDO 2015

Comezamos a semana cos típicos MANDADIÑOS DE ENTROIDO, nos que cada día había que traer algún distintivo. O luns un sombreiro e unha capa, o martes a cara maquillada, o mércores as orellas de Mickey Mouse e o xoves unha claqueta e un cómic ou viñeta baixo o brazo. Eiquí vos quedan unhas fotos.

       

ENTROIDO 2014 E QUEIMA DO MECO

Celebramos o ENTROIDO 2014 no centro o venres día 28 de febreiro. A temática este ano xira entorno á GASTRONOMÍA, proxecto integrado de centro que se leva este ano a diante no noso colexio. Para ese día tiñamos aprobado o cambio horario que foi de 10:00 ata as 13:15 horas. As actividades que levamos a cabo ese día foron as seguintes:

  • Os nenos e nenas disfrazaranse nas aulas e ante o mal tempo reinante sairon das clases disfrazados ás 11:50, cara ao comedor para facer un pequeno desfile, e cantar e bailar unha canción.
  • Logo levamos a cabo o xogo das piñatas, unha por curso, unha para pais/nais e outra para mestres.
  • Pedimos por carta, como tódolos anos, que as familias trouxeran comida de entroido, que colocarán en mesas no comedor mentras os nenos se disfrazan, para xantar posteriormente.
  • Unha vez rematadas todas as actividades os nenos foron nos buses para as súas casas ás 13:15 horas aproximadamente.
  • A queima do MECO realizouse, á volta das vacacións de entroido, o xoves día 6 de marzo.

Ademáis, os Equipos de Biblioteca e Dinamización da Lingua Galega queremos convidarvos a participar na recolleita de pratos típicos de Entroido para elaborar un LIBRO DE RECEITAS. Estas deberán estar escritas seguindo a estrutura dunha receita: incluiranse os ingredientes e a continuación os pasos a seguir para a súa elaboración. Con esta actividade tratamos de recuperar aqueles pratos tradicionais e propios do noso entorno, para que non se esqueza cómo se fai un bo cocido, unhas deliciosas filloas ou calquera outra suxerencia gastronómica na zona de Mazaricos. Desexando que participedes todos/as, enviámosvos o noso agradecemento.

 

 

   

 

MANDADIÑOS DE ENTROIDO 2014

Durante a semana do 24 ao 28 de febreiro de 2014, realizaremos as actividades propias do Entroido. Do luns 24 ao xoves 27, os nenos virán disfrazados segundo a orde dos mandadiños, e o venres día 28 terá lugar o ENTROIDO 2014 no colexio. Os mandadiños serán os seguintes:

  • Luns día 24: traer un mandil.
  • Martes día 25: traer o mandil e un trapo de cociña na cintura.
  • Mércores día 26: traer o anterior e máis un mostacho.
  • Xoves día 27: traer o anterior e máis un paniño na cabeza.
  • Venres día 28: ENTROIDO. A temática no cole este ano será "A Gastronomía".

                               

                             

QUEIMA DO MECO E PLANTACIÓN DUN NOGAL 14-02-13

O día 14 de febreiro de 2013, 1º día de clase á volta das vacacións de Entroido, levouse a cabo ás 15 horas a QUEIMA DO MECO. Ao mesmo tempo cantouse entre todos unha canción, preparada pola profe Susi. Para rematar o día, tamén levamos a cabo a plantación no patio dun nogal. Pica na foto para ver máis.


ENTROIDO 2013

¡¡¡Xa está eiquí, outro ano máis!!! Chega o ENTROIDO 2013, ao noso centro. Como tódolos anos durante toda a semana os nenos foron cumprindo os mandadiños que lles dícía O MECO, e o venres día 8 de febreiro, levaremos a cabo no centro o GRAN DESFILE DE ENTROIDO 2013. Si o tempo nos respeta, faremos un percorrido polo pobo de San Cosme. Se non faremos o Entroido no centro con música, piñatas e desfile dos diferentes cursos, para posteriormente rematar xantando todas aquelas lambetadas que tan amablemente traen tódolos anos as familias. A DISFRUTAR, QUE TOCA!!!!!! Para ver as fotos desta celebración, pica en calquera das fotos.







QUEIMA DO MECO 23-02-12

COMO É CONSTUME, O PRIMEIRO DÍA DE CLASE DESPOIS DO ENTROIDO, SE O TEMPO O PERMITE, LAVAMOS A CABO "A QUEIMA DO MECO" NO PATIO DO COLEXIO. ESTE ACTO TIVO LUGAR O XOVES DÍA 23 DE FEBREIRO, ÁS 15:00 HORAS.


 

ENTROIDO 2012

O VENRES DÍA 17 DE FEBREIRO, LEVOUSE A CABO O ENTROIDO 2012. A PRIMEIRA HORA DA MAÑÁ VISIONOUSE TANTO EN AUDIOVISUAIS COMO NA BIBLIOTECA (PAIS/NAIS E ALUMNOS) FOTOS DE ENTROIDO DENDE O ANO 2003 ATA O ANO 2011 DO NOSO CENTRO. UNHA VEZ REMATADO OS ALUMNOS, AXUDADOS POLAS SÚAS TITORAS DISFRAZÁRONSE NAS AULAS, PARA DAR INICIO AO DESFILE QUE SE FIXO NO COMEDOR DO COLEXIO, ESTE ANO COA TEMÁTICA DOS "BOSQUES" COMO FIO CONDUCTOR. LOGO SAÍMOS AO PATIO PARA FACER O "XOGO DAS PIÑATAS", E COMO COLOFÓN DESTA FESTA, COMIMOS NO COMEDOR TODOS AQUELES MANXARES QUE AS FAMILIAS DOS NENOS TROUXERON DAS SÚAS CASA, ADEREZADO CON BOA MÚSICA DE ENTROIDO. TEMOS PREVISTO LEVAR A CABO "A QUEIMA DO MECO" O XOVES DÍA 23 DE FEBREIRO, SI O TEMPO O PERMITE.


FOTOGALERÍA ENTROIDO 2012(PINCHA AQUÍ)


 

SEMANA DE ENTROIDO 2012

NA SEMANA DO DÍA 13 AO 17 DE FEBREIRO, COMEZAREMOS A FESTEXAR NO COLEXIO "O ENTROIDO", POLO QUE NECESITARIAMOS DA SÚA COLABORACIÓN PARA QUE OS RAPACES TROUXERAN CADA DÍA DETERMINADOS ABALORIOS PARA IR DÁNDOLLE COLORIDO A ESTA FESTIVIDADE. ASÍ:



  • O LUNS 13: TRAER ALGO NA CABEZA

  •    

  • O MARTES 14: TRAER ALGO NA CARA.

  •    

  • O MÉRCORES 15: TRAER ALGO NO PESCOZO.

  •    

  • O XOVES 16: TRAER TODO O DOS DÍAS ANTERIORES E MÁIS UN MANDIL.

  •     

  • VENRES 17: CELEBRACIÓN DO ENTROIDO (DO QUE XA LLES ENVIAREMOS MÁIS INFORMACIÓN).

RECORDARLLES QUE ESTE ANO, A TEMÁTICA EN TORNO Á QUE XIRARÁ TODA A CELEBRACIÓN SERÁ "O BOSQUE". SE VOSTEDES QUEREN VIR DISFRAZADOS, RECORDEN QUE SERÍA MELLOR ALGÚN DISFRAZ SOBRE ESTA TEMÁTICA EN CONCRETO.


O ENTROIDO 2011

Durante toda a semana de entroido, é dicir, a 1ª de marzo, leváronse a cabo no colexio os mandadiños. Estos consistían en que cada día os nenos debían traer ao centro algún abalorio para alegrar un pouco a entrada do entroido. Así o luns trouxeron algo na cabeza; o martes algo na cara; o mércores algo no pescozo; e o xoves todo o anterior e un mandil. Despois de toda esta preparación, o venres día 4 de marzo cada curso, disfrazado dun tema do mar (golfiños, algas, mariñeiros, piratas, pescadores, pingüíns e buzos) fixemos un desfile polo pobo coa música típica. Ao chegar ao colexio fíxose o xogo das piñatas e cantouse no comedor unha canción ensaiada pola mestra de música cos alumnos. Para rematar xantamos todos aquelas lambetadas típicas de entroido que trouxeron as nais e os pais ao centro (filloas, chulas, orellas, etc...). Xusto á volta do entroido, o xoves día 10, fixemos no patio a queima do Meco.


  

Powered by Drupal - Design by artinet