O Venres día 28 de maio, os/as alumnos/as de 3º de ed. primaria, representaron o conto "O crocodilo namorado" para o resto dos alumnos e alumnas do colexio.
2009-2010
"El misterio de las mochilas" por JR
TEXTO DE JOSÉ RAMÓN ESPERANTE
(pai de Nuria de infantil de 5 anos):
"EL MISTERIO DE LAS MOCHILAS".
Excursión a Vigo 17-03-10
O pasado mércores día 17 de marzo, os/as alumnos/as de primaria foron de excursión a Vigo e visitaron o Instituto Feiral de Vigo, facendo un percorrido por unha serie stands explicativos, organizado pola Escola Galega de Consumo. Posteriormente foron comer á praia de Samil e para rematar o día tiveron a oportunidade de ver as maravillosas vistas de Vigo dende o mirador de O Castro.
O NOSO INVERNADOIRO: PASO A PASO. PROXECTO VOZ NATURA
Neste curso 09-10 estamos a participar nun proxecto da Voz de Galicia de Voz Natura que leva por nome "O horto escolar". Dentro deste proxecto estamos a levar a cabo a instalación dun invernadoiro nunha finca frente á entrada principal do colexio. Ademais do coordinador e o conserxe do centro estamos tendo a axuda de varios pais de alumnos do colexio e da Cuma.
XORNADA DE SEGURIDADE VIAL "STOP ACCIDENTES"
Hoxe, día 4 de marzo durante toda a mañá, a Asociación STOP ACCIDENTES, esta levando a cabo no centro unha Xornada de sensibilización sobre Seguridade Vial, para tódolos cursos, a través do Programa AULAS ACTIVAS EN EL RURAL.
O BLOGUE DA NOSA BIBLIOTECA XA ESTÁ EN MARCHA
Visitade o noso Blogue!!!

Alerta
As previsións facilitadas pola Dirección Xeral de Emerxencia e Interior anuncian para os vindeiros días 24 e 25 fenómenos meteorológicos adversos por intensas choivas (nivel laranxa) con precipitacións persistentes e localmente fortes que poderán superar os 80 mm en 12 horas na provincia de Pontevedra e suroeste da provincia de A Coruña.
Asemade está activada a alerta en nivel amarelo por fortes ventos, con rexistros que poden superar os 90 Km/h no oeste e noroeste da provincia de A Coruña e na Mariña Lucense e os 80 km/h en toda a provincia de Pontevedra e no interior e suroeste da provincia da Coruña.
Con base nas previsións expostas, dende a Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, cursanse as seguintes instrucións:
- Quedan suspendidas todas as actividades ao aire libre nos centros docentes de ensino non universitario no período indicado na referenciada alerta por fenómenos meteorológicos adversos.
- Deben de adoptarse as medidas oportunas para evitar ou minimizar os posibles efectos dos fortes ventos/intensas choivas: asegurar peches de portas e fiestras así como ocos de acceso aos tellados, deixar libres e operativos os sumidoiros e desagues; adoptar medidas singulares naquelas zonas ou espazos nos que xa se tivesen producido episodios do asolagamento;..).
- Os equipos directivos dos centros deberán prestar especial seguimento a evolución da presente alerta meteorolóxica (segundo a información actualizada que facilita a páxina web www.112galicia.org). De selo caso, facultase aos directores/as dos centros para que, en atención ás singulares circunstancias meteorolóxicas adversas que poidan concorrer no ámbito territorial do seu centro, adopten as medidas necesarias para minimizar os efectos das mesmas.
O entroido deste ano
Este ano, os nenos e nenas de 1º curso disfrazámonos de trasnos, xa que estamos aprendendo moitas cousas novas sobre a mitoloxía galega. Un dos seres máis interesantes son os trasnos; estes seres fan moitas bromas, sempre andan coxos e teñen a man esquerda furada.
Nós divertímonos moito e fixemos algunha que outra trasnada... pero non llo contedes a ninguén.
CAMPAÑA DE ANIMACIÓN Á LECTURA
Dende a Biblioteca e coa colaboración do Equipo de Normalización Lingüística, estase a por en marcha unha Campaña de Animación á Lectura adicada á MITOLOXIA GALEGA. O obxectivo é que os nosos rapaces e rapazas coñezan as antigas lendas do noso país e as personaxes que constituen o imaxinario tradicional galego.
Os traballos elaborados e que aquí iremos publicando están baseados nas seguintes obras de Xosé Miranda, Antonio Reigosa e Xoán Cuba:
Diccionario dos seres míticos galegos
Pequena mitoloxía de Galicia.
Esperamos que os disfrutedes!
Galicia é un país habitado por homes e mulleres de carne e óso pero tamén por seres que bulen nun mundo fantástico ou encantado, pero tan real coma o outro. Queredes coñecelos?
Os Nubeiros | As mouras |
As Meigas | Os Trasnos |
Os Diaños Bulreiros | A Santa Compaña |
As Sereas | As Lavandeiras |
COMEZA O ENTROIDO 2010
O venres día 12 de febreiro terá lugar no noso colexio a celebración do Entroido 2010, que xa iremos animando durante toda a semana con diversos mandadiños e a confección dos disfraces e do Meco. Este ano o tema no que xirará todo o evento son "Os seres mitolóxicos galegos". Ese día terá lugar un desfile polas rúas perto do colexio (coa música a tope), para finalizar co xantar de Entroido e as famosas piñatas.
Celebración do DÍA DA PAZ
Celebrouse no patio do colexio o venres día 29 de xaneiro ás 15:15. Cantamos e bailamos tod@s unha canción nunha roda e posterioremnte os/as nenos/as de cada ciclo soltaron unha pomba. Traballouse nas clases e mais se levou a cabo o visionado de diferentes películas dependendo dos ciclos.



O entroido en Infantil
Os nenos e nenas de Infantil tamén fomos disfrazados dun personaxe da mitoloxía galega (coma todos os grupos do cole).
A nós tocounos ir de meigas e meigos, pero de meigas boas, non das malas, eh.
Mirade que guapos!!