O alumnado de 3º a 6º de primaria, recibiu outra Formación de Radio a cargo de Verónica. Nela o alumnado de 5º e 6º de primaria, aproveitaron para facerlle unha entrevista a Roberto, mestre de Informática nas actividades extraescolares. Todo un pracer!!!
O venres 8 de marzo, celebrouse o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. No cole traballouse nas aulas sobre distintas mulleres que tiveron unha certa importancia ao longo das súas vidas e posteriormente estes traballos foron expostos no pasillo do centro.
O martes día 27 de febreiro en horario de mañá, celebrouse no Circuito Estadio Municipal de Fútbol Julio Mato "Matito" en Noia a FASE INTERCOMARCAL DE CAMPO A TRAVÉS en idade escolar. A esta cita acudiron cerca de 60 centros escolares e 750 nenos e nenas aproximadamente que pasaron unha maravillosa xornada deportiva. Do noso centro clasificáronse para esta fase 7 alumnos/as (Valeria, Martiño, Álvaro, Izía, Paulina, Víctor e Lucía) de distintas categorías. Disfrutaron e pasárono xenial co resto de participantes que alí atoparon. Para o ano que ven, "máis e mellor".
O Venres día 23 de febreiro de 2024, celebramos no colexio o DÍA DE ROSALÍA DE CASTRO, cunha serie de actividades nas aulas e no pasillo do cole. O alumnado elaborou unhas mans nas que plasmaron algún dos poemas de Rosalía máis importantes, que con posterioridade lle leron ao resto de compañeiros. Todo esto amenizado con música de fondo de Amancio Prada como "Adiós ríos, adiós fontes" ou "Campanas de Bastabales". Estas mans quedaron moi bonitas e expuxéronse no pasillo. Un día "moi da nosa terra"!!!.
Levamos a cabo o mércores día 21 de febreiro unha actividade coa dietista-nutricionista e farmacéutica NATALIA HOSPIDO, especialista en alimentación complementaria, nutrición infantil e educación alimentaria, a través do seu proxecto "NUTRICOLES". Durante toda a mañá traballou diferentes aspectos nutricionais cos diferentes grupos de alumnos. Así ao alumnado de Infantil contoulles un conto "María ¿que color comes?" de Noelia Caballero e elaborou, coa inestimable axuda das cociñeiras do cole, unha tosta de aceite e allo morado das Pedroñeras para que o alumnado de infantil probara o sabor deste peculiar alimento. Cos de 1º, 2º e 3º de primaria traballou a elaboración dun plato saudable e a elaboración de menús equilibrados, E cos maiores traballou sobre o etiquetado dos alimentos. Unha mañá chea de sabores saudables!!!
O xoves día 15 de febreiro deu comezo as clases de IOGA para nenos co alumnado de 4º de Educación Infantil e que sigue levando adiante a profesora de Ioga Ana. Pasárono xenial e esta actividade repetirase cada 15 días ata o remate do curso. O resto de cursos xa estaban integrados nesta actividade ata final de curso, gracias á axuda inestimable da ONG Ayuda en Acción, que é quen nos subvenciona tal actividade, entre outras.
A través da convocatoria de Radio na Biblio e cos cartos que nos foron concedidos, contratamos a Santiago García Nieto para dar a Formación de Radio para o alumnado de Infantil e 1º e 2º de ed. primaria, xa que o resto de primaria xa ten Formación de Radio a través da ONG Ayuda en Acción. Así tiveron o primeiro contacto os días 15 e 16 de febreiro. CONTINUARÁ...
Como en anos anteriores, Solicitamos a principio deste curso 23-24 a Subvención de Leite e Froita do FOGGA e nos foi concedida. A finais de xaneiro e durante o mes de febreiro, na hora do recreo, estamos dándolle ao alumnado leite enteira ou de soja (durante 20 días no 1º período) e froita (durante 10 días no 1º período). A froita comezou o xoves 15 de febreiro. Entre as froitas que poidemos solicitar e que está a comer o alumnado atópanse : amorodo, plátano, kiwi, mazá, pera, mandarina, e melón. BO PROVEITO!!!
E xa para rematar o Entroido, levamos adiante a QUEIMA DO MECO, o 1º día de bo tempo, para queimar as malas cousas que pasaron neste ano que deixamos atrás. Ata o vindeiro Entroido!!!
Dende a ONG Ayuda en Acción, levouse adiante o venres día 9 de febreiro, a 2ª sesión de Obradoiros para as familias co título Educar en positivo: "Autonomía dende límites saudables" en horario de 12:30 a 14:00 horas. Asistirón algunhas familias, que de seguro sacaron proveito a este obradoiro para poñelo en práctica.
O venres día 9 de febreiro e debido ao mal tempo, decidimos facer o DESFILE DE ENTROIDO no pasillo do centro. Por el desfilou todo o alumnado cos seus maravillosos disfraces confeccionados nas titorías e relacionados coa temática do Proxecto Integrado de Centro "A vida saudable": así os de infantiliban de espantallos; os de 1º e 2º iban de enfermeiros e enfermeiras; os de 3º e 4º levaban máscaras representativas de froitas e verduras, moi ben elaboradas, a similitude de Giuseppe Arcimboldo, pintor italiano, coñecido sobre todo polas súas representacións manieristas do rostro humano a partir de frores, froitas e plantas.; e os de 5º e 6º de médicos con todo o instrumental necesario. Ao ritmo da música do Entroido desfilamos, cantamos e bailamos toda a mañá. Como colofón á festa todo o centro acompañados polo mestre de música Óscar (á guitarra) nos deleitaron coa canción "Teoloxía" da Orquestra de Valdeorras.
O equipo de Dinamización de Lingua Galega do C.E.I.P. Plurilingües Barrié de la Maza (Santa Comba) propúxonos unha actividade, consistente nunha videochamada co alumnado de 5º de Ed. Infantil, aproveitando o Entroido para poder contar: que é para eles o Entroido, que tradicións lles gustan máis, de que se van disfrazar este curso e porqué, cales son os Mandadiños do Meco de cada centro. Deste xeito estaremos empregando ferramentas tecnolóxicas como son os encerados dixitais de nova incorporación nos centros. Esta actividade, poderís repetirse en outras festividades ou celebracións, que consideremos oportunos.
Na semana do Entroido, concretamente do 5 ao 8 de febreiro, celebramos os MANDADIÑOS DO MECO, que este curso van adicados á VIDA SAUDABLE (Proxecto Integrado de Centro). Así o luns tiveron que traer "verduras e froitas na cabeza" para unha alimentación axeitada; o martes viñeron con "equipacións deportivas" e preparados para correr; o mércores viñeron co "pixama" para estar ben descansados e poder botar unha boa siesta; e o xoves como a hixiene é fundamental, tiñan que vir ben "aseados e limpos" e escoller o disfraz da casa que máis lles gustara. Esto dará paso ao ENTROIDO, que se celebrará o venres día 9 de febreiro. A DISFRAZARSE!!!!!
Xa está en marcha o noso espazo sobre o Proxecto Integrado de Centro para este curso 23-24 que está baseado na "VIDA SAUDABLE". O alumnado rematou de colorear o cartel do Proxecto e xa temos unha chea de libros sobre esta temática para poder ler.
A principio de curso fixemos unha solicitude de mobiliario ao Concello de Mazaricos. Un tempo despois enviáronnos ao colexio: 2 bancos-merendeiro, 3 bancos de xardín, e dúas papeleras de ferro (que se pintarán de amarelo para facilitar a reciclaxe do plástico no patio). Xa durante o mes de xaneiro, o conserxe, montou os bancos e barnizounos, para poder poñelos nas zonas verdes do cole e disfrutar así deles. Tamén puxemos fora un areeiroque tiñamos no cole, e no que a ANPA quere encher de area para xogar os cativos máis pequenos.
Como en anos anteriores, Solicitamos a principio deste curso 23-24 a Subvención de Leite e Froita do FOGGA e nos foi concedida. A finais de xaneiro e durante o mes de febreiro, na hora do recreo, estamos dándolle ao alumnado leite enteira ou de soja (durante 20 días no 1º período) e froita (durante 10 días no 1º período). A leite xa comezou dende o día 29 de xaneiro e sempre na música que precede a saída ao patio, Óscar (mestre de música) e os cativos de Infantil, fixeron unha gravación na Radio Escolar para favorecer entre o alumnado o consumo de leite. A froita comezará o xoves 15 de febreiro. Entre as froitas que poidemos solicitar estarán: mazá. pera, kiwi, mandarina, plátano, amorodo e melón. BO PROVEITO!!!
O martes, día 30 de xaneiro de 2024, celebramos no patio do colexio o DÍA DA PAZ. Saimos todos ao patio e comezamos facendo un baile "A POLKA DA PAZ". Continuamos coa lectura por parte do alumnado de 6º de primaria dun texto informativo proposto polaONG Save the Children sobre os problemas que están a sufrir os menores que se atopan en zonas de conflictos bélicos. Posteriormente fixemos a XX Carreira Quilómetros de Solidariedade co fin de recadar cartos para enviarlle a esta ONG, da que somos "Centro Embajador". Recadáronse en total 173,39 € que xa foron ingresados na conta desta ONG Save the Children. Ramatamos a celebración coa "RUMBA DAS APERTAS".
Durante o mes de decembro de 2023, as coordinadoras no noso centro da ONG Ayuda en Acción, Jenni e Lorena, Propuxéronlles ás titorías, facer un listado de MATERIAL SENSORIAL para as distintas aulas do cole, e elas encargábanse de xestionar os pedidos e de aboar as cantidades a pagar (e sabemos o caro que son estos materiais). Xa en xaneiro e como si foran os Reis Magos, chegou ao centro todo ese material que xa se repartiu polas aulas e que xa están a usar os alumnos. GRAZAS Á ONG AYUDA EN ACCIÓN.
O 18 de xaneiro de 2024, arrivou ao noso cole unha nova formadora, colaboradora coa ONG Ayuda en Acción, chamada Verónica que virá a partir de agora e ata final de curso a dar as charlas de FORMACIÓN DE RADIO para o alumnado de 3º a 6º de educación primaria. Toda unha sorte contar con xente tan agradable e profesional.
Os días 10 e 11 de xaneiro de 2024, contratamos un Obradoiro de CIENCIA EN MOVIMIENTO sobre o "Edificio da túa vida" relacionado coa nosa temática do Proxecto Integrado sobre A Vida Saudable, e a través da financiación do Contratos-Programa CPInnova (EduSaúde). Así tivemos obradoiros para os de Infantil e 1º ciclo de primaria un día, e o outro para o alumnado de 3º a 6º de primaria. Nestes obradoiros de Ciencia faláronnos de ese edificio na nosa vida que está composto pola cimentación (Quérome), os pilares (Cóidome) e o tellado (Supérome). Traballáronse aspectos como o amor polos demais e por un mesmo, o coidado do noso corpo e a superación persoal todos os días.
Un ano máis celebramos o noso FESTIVAL DE NADAL. Despois de ensaios e máis ensaios e traballo nas aulas, levamos adiante as actuacións nas que participou todo o alumnado e con cancións e temática relacionada co proxecto integrado de centro sobre A Vida Saudable, como por exemplo O Baile da Ensalada, Con un sombreiro de palla, Rock do bacallau con coliflor, Animal Nadal, Nadal de Luíntra, etc.... Ao rematar este festival tivemos no centro a visita do APALPADOR que trouxo agasallos para os nenos e nenas e para as aulas. Rematamos a mañá con dous hinchables e obradoiros contratados pola ANPA.
Levamos a cabo como outros anos o CONCURSO DE POSTAIS DE NADAL, no que participou todo o alumnado. Durante uns días estiveron as postais expostas no pasillo do cole, e rematando decembro o alumnado votou polas que máis lle gustaron.A gañadora foi a postal ilustrada polo alumno de Infantil de 3 anos MANUEL RECAREY FERNÁNDEZ, a cual se acompañou cun fragmento do poema "A luz do Nadal" de Antonio García Teijeiro. Esta postal foi a que representou ao centro para enviar ás familias e ao resto de centros e entidades colaboradoras co colexio.
O mércores 13 de decembro programouse na titoría do alumnado de 1º e 2º de primaria, unha xuntanza entre os/as pais/nais e o alumnado, que xunto co psicólogo Martín Mejuto (que traballa co alumnado HHSS grazas á colaboración da ONG Ayuda en Acción) e as colaboradoras da ONG, levaron a cabo unha sesión a base de xogos que fixeron interrrelacionarse ás familias, nun momento de lecer cos seus fillos.
O luns, día 11 de decembro, despois do recreo e na Biblioteca do cole, celebramos o DÍA DOS DEREITOS DOS NENOS. Cada clase fixo uns traballos maravillosos que explicou ao resto dos compañeiros do cole sobre as diferencias de alimentación duns países a outros e outros problemas que repercuten de xeito moi desfavorable nos nenos dependendo do lugar do mundo onde miremos. Uns con cartulinas e outros con presentacións no pc.
O luns, día 4 de decembro, fomos todo o colexio á DOMUS en Coruña. En principio era para ir o alumnado de 3º a 6º pola Formación de Radio do curso anterior, a través da ONG Ayuda en Acción, pero ao final decidimos ir todo o colexio e aproveitar o día. Chegados alí o alumnado de 4º de primaria entrevistou á Directora da DOMUS Patricia. O resto do alumnado vimos a exposición BOCADOSsobre a nutrición e os obxectivos de desarrollo sostible da ONU. Despois todos vimos o resto das exposicións que hai no Museo e finalmente xantamos mirando ao mar cunhas vistas maravillosas dende o comedor do Museo.
O 25 de novembro celebrouse o DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Nos no cole celebrámolo o luns 27, despois do recreo saimos ao patio coas nosas camisetas reivindicativas (tiñamos pensado sair polo pobo, pero o mal tempo impediuno). O alumnado de 6º fixo a lectura dun manifesto informativo do porque desta celebración neste día. Despois todois xuntos bailamos e cantamos unhas cantas cancións-protesta contra a violencia de xénero. "NON HAI EXCUSA".
O venres, día 24 de novembro de 2023, levouse a cabo no circuito de A Baña a competeción escolar de CAMPO A TRAVÉS na súa Fase Comarcal. Do centro este curso participaron 32 alumn@s dos cursos de 2º a 6º de Primaria. Foi unha experiencia maravillosa!!! Tivemos un medallista ÁLVARO CALVO FORJÁN, que quedou 2º na súa categoría, destacando unha moi boa actuación do resto de participantes.
O Conselleiro Jorge Villar, do Concello de Mazaricos, fixo entrega está mañá das equipacións deportivasque levará o alumnado que participa no Campo a Través de A Baña que se celebra este venres día 24 de novembro. Ademáis tamén nos agasallou con bidóns para auga para cada neno/a e marcapáxinas con motivo da celebración CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Moitísimas gracias.!!!