Outras

NOMEAN AO NOSO PADRIÑO, PRESIDENTE DA AIML 08-06-18

Estes día veñen de nomear ao padriño da nosa Biblioteca Escolar ÁNGEL CARRACEDO, PRESIDENTE DA ACADEMIA INTERNACIONAL DE MEDICINA LEGAL (AIML), durante o 24º Congreso que tivo lugar en Fukuoka (Xapón) o día 8 de xuño de 2018. Catedrático da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e director da Fundación de Medicina Xenómica, Carracedo é un dos nomes máis destacados da ciencia en Galicia e un dos maiores expertos mundiais en xenética forense, do cal estamos super orgullosos. Dende o colexio de San Cosme enviámosche moitísimas felicitacións. NORABOA ÁNGEL!!!!!!

INCHABLES NO COLE 23-03-18

O venres día 23 de marzo, día das vacacións de Semana Santa e en horario de tarde, de 14:30 a 16:30, tivemos no ximnasio do colexio INCHABLES para que os nenos pasasen unha tarde fantástica de xogos e diversión. Fíxose no ximnasio debido ao mal tempo reinante.

MORRE STEPHEN HAWKING (Oxford 8-1-1942- Cambridge 14-3-2018)

O físico británico STEPHEN HAWKING, o científico que explicou o Universo dende unha silla de rodas e acercou as estrelas a millóns de persoas arredor do mundo, finou esta madrugada na súa casa de Cambridge, aos 76 anos de idade.

MORRE STEPHEN HAWKING (Oxford 8-1-1942- Cambridge 14-3-2018)

O físico británico STEPHEN HAWKING, o científico que explicou o Universo dende unha silla de rodas e acercou as estrelas a millóns de persoas arredor do mundo, finou esta madrugada na súa casa de Cambridge, aos 76 anos de idade.

ACCIÓN DE VERÁN 2017. CAMPAMENTOS DE VERÁN.

A Consellería de Política Social ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal moi diversas: de carácter cultural, ambiental, deportivo, de tempo libre, de voluntariado... que sirvan non só para divertirse, senón tamén para o seu enriquecemento persoal e vital.A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado pretende facer realidade este obxectivo a través da Campaña de verán 2017. Para ver toda a información pinchade na imaxe. 

DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO 25-11-16

O DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO, celebrámolo no noso centro o venres día 25 de novembro, levando a cabo na hora de ler e no pasillo do centro unha actividade en todalas clases do centro. A nosa actividade para conmemorar ese día chamouse "AS CLAVES CONTRA A VIOLENCIA Á MULLER". Así cada clase elaborou unha clave musical que cousas que queremos que se cumplan. Para máis información, visitar o noso blog da Biblioteca. Para ver todas as fotos de ese día pica AQUÍ.

       

PUBLICACIÓN NO Nº 2 DE "PAPAGAIO" DOS NOSOS ALUMNOS RUBÉN E ANDREA

Estamos de NORABOA, xa que se ven de publicar no nº 2 da revista "O PAPAGAIO" unhas lendas da nosa zona redactadas por estes dous alumnos de 6º de educación primaria, ANDREA LABANDEIRA OTERO E RUBÉN BLANCO PEREIRA . Aquí podedes ver a 1ª publicación destes grandes artistas.

 

DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

O venres día 13 de marzo de 2015 celebramos no centro o DÍA INTERNACIONAL DA MULLER. Cada curso fixo un traballo sobre a vida dunha muller, neste caso, relacionada co mundo do cine (Proxecto Integrado de Centro 2014-2015). Elaboráronse murais que logo se expuxeron no corredor do colexio. Algunhas das mulleres sobre as que se traballou foron como persoaxes de películas Mulán (EI) e Pipi Calzaslargas (3º). Como actrices galegas A Bela Otero (4º) e Mabel Rivera (1º e 2º). Como actriz americana Lois Weber (6º). Tamén se traballou sobre mulleres cuia vida inspirou a cineastas, Anna Sullivan e Hellen Keller ou Verónica Guerin (5º).


XIII XORNADA DE NAIS E PAIS: EDUCANDO EN IGUALDADE 21-02-15

O sábado día 21 de febreiro de 2015, celebrarase na EGAP en Santiago de Compostela a XIII XORNADA DE NAIS E PAIS: EDUCANDO EN IGUALDADE: Estratexias lúdicas en igualdade: Uso sen abuso de Videoxogos e smartphones, convocado pola Xunta de Galicia. Pincha na imaxe para ver o Programa, e tamén poderás cubrir a solicitude que se adxunta.

LA VOZ DE GALICIA 12-02-15:COMPROMISO AMBIENTAL DO C.E.I.P. VÍCTOR SÁENZ

Na publicación de La Voz de Galicia do día 12 de febreiro de 2015 sale unha reseña sobre o noso centro, do noso proxecto de Voz Natura e o Programa de Educación Ambiental, recomendando aos alumnos a visualización de películas relacionadas co cuidado do entorno que nos rodea, como parte do noso Proxecto Interdisciplinar de Centro 14-15, que é sobre O CINE.

  

CALENDARIO 2015

O CALENDARIO 2015 que elaboramos neste 1º trimestre, ten como eixe principal "O CINE", que neste curso 14-15 é o noso Proxecto Integrado de Centro. Esperamos que vos gusten os traballos dos alumnos realizados nas diferentes aulas, coa axuda dos mestres.



   

PLACA CONMEMORATIVA AO MESTRE ANDRÉS MOUZO GRILLE

O martes día 1 de abril de 2014, ás 13:30 horas, fíxoselle unha homenaxe ao mestre de Inglés do centro ANDRÉS MOUZO GRILLE (falecido no 2013). Esta homenaxe consistiu na colocación dunha placa co seu nome na AULA DE INGLÉS. A este acto asistiu a súa muller Mª Carmen e os seus dous fillos Andrés e Paula, así como todos os nenos e o profesorado do centro.

 

CHARLA SOBRE RISCOS COAS NOVAS TECNOLOXÍAS 27-03-14

Relacionado co "Plan director para a convivencia e a mellora da seguridade nos centros educativos e nos seus contornos" organizado pola Delegación de Goberno en Galicia, o curso pasado realizamos unha charla para o alumnado sobre os usos correctos das novas tecnoloxías (internet e redes sociais).

Este curso realizamos unha charla similar para o profesorado e as familias sobre "Riscos de seguridade asociado ás novas tecnoloxías e ao uso de redes sociais, especialmente acoso sexual ou difusión de contidos de natureza sexual por teléfonos móbiles e a utilización de nenos na pornografía". Esta charla foi o xoves día 27 de marzo en horario de 13:30 a 15 horas e impartida por un membro da Garda Civil do cuartel de Noia.

PLACA CONMEMORATIVA Á COCIÑEIRA Mª LOURDES RIAL GARCÍA

O xoves día 6 de marzo de 2014, ás 13:30 horas e antes de entrar os nenos para xantar, fíxoselle unha homenaxe á axudante de cociña do noso centro Mª LOURDES RIAL GARCÍA (falecida en xaneiro de 2012). Esta homenaxe consistiu na colocación na entrada do comedor dunha placa conmemorativa. A este acto asistiu o seu marido e os nenos e mestres do centro.

 

O VINDEIRIO DÍA 4 DE MAIO VISITARÁ O NOSO COLEXIO O PRESTIXIOSO CATEDRÁTICO DE MEDICINA LEGAL D. ÁNGEL Mª CARRACEDO ÁLVAREZ.

O Catedrático e investigador de Medicina Legar da U.S.C., D. ÁNGEL Mª CARRACEDO ÁLVAREZ, dará unha charla o vindeiro mércores, día 4 de maio, con motivo da inauguración da nosa Biblioteca Escolar. As actividades a desenvolver ese día serán as seguintes:


12:45h. Inauguración da Biblioteca Escolar, a cargo do D. ÁNGEL CARRACEDO ÁLVAREZ. Seguidamente, D. ÁNGEL CARRACEDO ÁLVAREZ, impartirá unha charla para adultos sobre os seus traballos de investigación e a súa aplicación na vida diaria.


15:15h. Charla para os alumnos de infantil e primaria, a cargo de D. ÁNGEL CARRACEDO ÁLVAREZ, sobre "O Mar" (Proxecto temático que se está a desenvolver no centro neste curso).

SEGUEN A CHEGAR BARCOS PARA A EXPOSICIÓN

     


Fragata Española S.XVII cedida por Claudia Fondo.

EXPOSICIÓN DE BARCOS. MARZO-XUÑO 2011

  Maqueta cedida por ANTONIO BELLO ROMERO ("TOM" de Laxe). 

"TRABALLANDO NO HORTO" (PROXECTO VOZ NATURA CURSO 10-11)

Dende setembro comezouse a recoller todo aquilo que se plantou a finais do curso pasado (tomates, pementos de Padrón, pementos morrós,...) e tamen se repartiron entre os alumnos flores e algunhas árbores pequenas que os propios alumnos foron vendo medrar durante varios meses. No mes de febreiro, coa axuda de algúns pais e membros da comunidade educativa, preparouse a terra do invernadoiro co fin de comezar a traballar no proxecto. Removeron a terra e preparárona para a plantación. Despois se lle votou como abono escremento de coello, e todo iso se removeu. ¡Xa estaba todo preparado para comezar a plantar!. Na penúltima semana de marzo, cada curso, orientados pola encargada, a mestra Susi, plantáronse amorodos e leitugas. Seguiremos nas vindeiras semanas plantando diversas hortalizas, frores, plantas aromáticas, etc... os alumnos encargaranse do regado e coidado das mesmas.

CHARLAS ESCOLARES: "O NOSO LITORAL".


O luns día 10 de xaneiro, xusto ao voltar das vacacións de Nadal, tivemos no centro, unha charla escolar sobre "O NOSO LITORAL", para os alumnos de 2º e 3º ciclo de ed. primaria, dentro das charlas escolares que organiza a Consellería do Medio Rural a través da Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Estas charlas consisten na difusión de información sobre o medio ambiente e a natureza da provincia para sensibilizar aos escolares sobre a importancia da súa conservación. Para ver mais fotos, pincha nesta.

O CONTACONTOS AVELINO, "O TRASNIÑO DO CESTIÑO" 01-10-10

Recibimos o venres día 1 de outubro de 2010, a visita no noso colexio dun contacontos chamado Avelino, que nos deleitou cunha obra titulada "O trasniño do cestiño".


                                  

Powered by Drupal - Design by artinet