O venres día 21 de febreiro de 2014, foron de excursión a Santiago os alumnos de Ed. Infantil e os de 1º ciclo de EP. As actividades que realizaron foron as aseguintes:
- Ás 11:00h. foron ao Auditorio de Galicia para ver a obra "Pedro e o lobo" de Sergei Prokofiev.
- Ás 12:15h. visitaron no centro NovacaixaGalicia a exposición "Maside en Compostela", cunha actividade para nenos que levaba por título: "Sons dunha campá chamada Berenguela".
- Ás 14:15h. xantaron e regresaron para o colexio ás 15:15h. co fin de estar en San Cosme sobre as 16:15h. para coller os autobuses e que os nenos fosen repartidos nas rutas e horarios habituais. Picade nas imaxes para obter máis información das actividades.