VISITOU O NOSO CENTRO ÁNGEL CARRACEDO O 21 DE FEBREIRO

O día 21 de febreiro, visitou o noso centro, o padriño da nosa Biblioteca Escolar, D. Ángel Mª Carracedo Álvarez, para dar unha charla a nenos e maiores sobre "a orixe xenética das diferentes razas humanas". Esta charla está enmarcada, como moitas outras que levamos realizadas no que vai de curso, no noso proxecto integrado deste curso sobre as culturas: "Onde os libros te leven". Tamén nos falou de moitas das investigacións xenéticas realizadas, polo seu equipo,  no seu laboratorio, como a mochila do 11-M, as víctimas do tsunami do sureste asiático ou as nenas de Alcáser. Un destes traballos dos que estamos a falar e a investigación que realizou Ángel a través do Instituto de Mediciña Legal da USC, a petición da Fiscalía Colombiana, para esclarecer o ADN dun neno acollido nun centro de protección de Bogotá, para confirmar si era fillo ou non de Clara Rojas, secuestrada polas FARC, no ano 2002.


Parte de todo isto, saltou á luz ou tivo máis repercusión, no momento de chegar ás pantallas de cine o filme "Operacion E" do director hispanofrancés Miguel Courtois e protagonizado por un dos nosos máis grandes actores cinematográficos, LUÍS TOSAR.


Fixo un experimento, tanto cos alumnos coma cos pais/nais, que consistiu en extraerlle o ADN a guisantes. A xornada rematou xantando todos xuntos, no comedor do colexio, ao que tamen se sumaron outras persoalidades. Pincha na foto para ver as imaxes de ese día.


Tamén poñémosvos eiquí os enlaces dos vídeos das charlas de Ángel Carracedo, tanto o dos alumnos coma o das familias e mestres. Pinchade en cada un deles para velos.


Charla de Ángel Carracedo para as familias e profes do C.E.I.P. Víctor Sáenz sobre "O ADN e a orixe xenética das razas".


Charla de Ángel Carracedo para o alumnado do C.E.I.P. Víctor Sáenz sobre "O ADN e a orixe xenética das razas".

Powered by Drupal - Design by artinet