CELEBRACIÓN DO DÍA DA PAZ. CARREIRA SOLIDARIA

Con motivo da celebración do Día da Paz e non Violencia representouse, no patio do centro, a canción "Campás pola paz", en linguaxe de signos.

A continuación, fíxose unha carreira solidaria. Co diñeiro que aportaron os patrocinadores , de todos os participantes, recadáronse un total de 735,53 euros. Este diñeiro destínase ó proxecto "Vacación en paz", que permite que todos os veráns veñan á Galicia nenos e nenas procedentes do Sahara. 

Premede na seguinte ligazón para poder ver as fotos:

 DÍA DA PAZ. CARREIRA SOLIDARIA