Equipo DLG

FESTA DE NADAL!

Hoxe é o día grande da celebración do Nadal no colexio! Se antonte os nenos e nenas de 5º visitaron a residencia de maiores de Porto Avieira para facerlle representacións e cantarlle panxoliñas e onte se fixo o Festival de Nadal no salón de actos para o alumnado de Infantil, 1º e 2º, hoxe é o día máis grande. Rematamos o trimestre e celebramos o Nadal con múltiples actividades. Empezamos a mañá recibindo a Melgasar, o carteiro real, que sempre nos visita neste día grazas á colaboración da ANPA. Con el puideron falar e entregarlle as cartas todo o alumnado de Infantil, 1º e 2º. 

  

   

A continuación na sala de Psico asistimos á representación do conto "Onde está Larry?" de Teatro Calavera. Foi moi divertido.

  

E mentres tanto no salón de actos, máis teatro, neste caso para o alumnado de 2º e 3º ciclo. Trémola Teatro ofreceunos "As aventuras de Didi". Rimos a escachadas e pasámolo en grande!

E para rematar Festival de Nadal con actuacións do noso alumnado; teatro, panxoliñas... Estivo xenial!

  

 

   

  

 

 

 

 

 

CONCURSO TARXETA NADAL

22/12/2023 22:00

Como cada curso polo Nadal, o Equipo de Dinamización da Lingua promove entre o alumnado un concurso de tarxetas de Nadal. E coma sempre os nosos nenos e nenas crean uns traballos impresionantes. A tarxeta gañadora foi a de Pedro de 4º C. Parabéns para todos os participantes!

Aquí unha pequeniña mostra: 

  

  

  

  

 

 

 

HORTOCOLIÑA SETEMBRO - OUTUBRO

 

 

Aínda que nos atrasamos un pouco, por fin saíu a nosa revista Hortocoliña. Esperamos que sigades

enviandonos noticias. Gracias por colaborar!

Como xa sabedes para poder lela só tedes que clicar na imaxe.

WOMBO COMBO

Hoxe o alumnado de 3º Ciclo asistiu a representación da obra Wombo Combo no Auditorio do Centro Cultural de Sigüeiro invitados polo concello. Nesta peza reflexiónase sobre a vida virtual e a sociedade na adolescenciaA súa protagonista, Sara, ten a sensación de que podería  desaparecer e ningúen se decataría. Ten outra vida na que xoga en liña con ducias de persoas e na que cada vez pasa máis tempo. Deixa de falar, de comer, de durmir... ata que entra nun videoxogo que lle propón retos que debe cumprir na vida real. Paula Carballeira, referente do teatro infantil en galego, é a autora do texto creado para a compañía Galeatro. 

   

 

 

O Camiño Inglés na escola

Esta semana o alumnado de 2º Ciclo puido aprender un montón de cousas sobre unha das rutas a Santiago de Compostela. Trátase do Camiño Inglés que ademais pasa polo noso concello e pola vila de Sigüeiro, e que nos últimos anos experimentou un gran auxe aumentando enormemente o número de camiñantes que a través del se dirixen a Santiago. Foi por conta da Asociación de Concellos do Camiño Inglés e co financiamento de Turismo de Galicia para sensibilizar e difundir os valores xacobeos. E nada mellor que aprender xogando, nesta ocasión utilizamos un tableiro cun xogo similar ao tradicional Oca. Que divertido!!!

 

O SAMAÍN PASOU E O MAGOSTO CHEGOU!

E chegado novembro castañas asadas comemos!

Hoxe celebramos o MAGOSTO no cole. Foi unha xornada moi divertida: castañas asadas, xogos, zume...

  

  

   

  

 

ENTREGA DE PREMIOS DE SAMAÍN

 

 

 Este martes 31 de outubro, celebramos o Samaín, as clases estaban

invadidas de vampiros, bruxas, aliens,...  E despois do recreo,

fixemos a entrega de premios  as mellores portas de Infantil

e Primaria, as mellores cabazas de cada ciclo, e aos mellores contos

das "Olimpiadas do terror". Gracias por participar !

Álbum: Sen categoría -> Samaín 23

DO SAMAÍN AO SAN MARTIÑO ANDAN AS ÁNIMAS POLO CAMIÑO!

E chegou o SAMAÍN!!! No cole pasámolo de medo!

Ao longo da semana pasada os nenos e nenas máis maiores estivéronnos lendo os contos que eles mesmos inventaron. Canta imaxinación! Trasladáronnos a lugares cheos de fantasía e sobre todo de TERROR! Os mellores contos tiveron un premio.

   

Tamén estivemos decorando as portas das aulas. Obxectivo: Terror mesturado con Olimpiadas

  

  

 

Por último trouxemos a nosa cabaza decorada coa temática deste curso, OLIMPIADAS. Con elas fixemos unha exposición DE MEDO! Que ben quedaron.

  

  

E para rematar, OS PREMIOS! Hoxe no recreo saberemos cales foron os CONTOS, as PORTAS e as CABAZAS seleccionadas.

SESIÓN 3 CLUB LECTURA E TEATRO

Novas sesións do club de lectura e teatro de 4º,5º e 6º.