Agasallos de eTwinning

Esta semana os alumnos de 4º e 6º de Primaria que participaron en proxectos europeos recibiron un detalle do Servizo Nacional eTwinning. Moitas grazas!

Programa Fin de Curso

Fai clic no programa para ver as actividades programadas.

 

ATA O PRÓXIMO ANO CLUB DE LECTURA!

 

Acábase o curso e con el os clubs de lectura, un bo momento para facer unha festiña e agradecerlle a todos estes nenos e nenas e as

profesoras, todo o seu esforzo nestes meses, foron moitos recreos, nos que gozamos coas aventuras que foron saíndo con cada novo libro,

obra de teatro,...

 

CHARLA GARDA CIVIL SOBRE O COIDADO DO MEDIO AMBIENTE

 

Hoxe tivo lugar no centro a terceira charla da Garda Civil dentro do Plan Director para a mellora da Convivencia nos Centros Escolares e os seus entornos. A temática foi o coidado do Medio Ambiente. Oscar explicounos que é o SEPRONA, cales son as súas funcións; tamén nos  falou dos incendios, das consecuencias para a fauna e flora e do que temos que facer para coidar a nosa contorna.

Púxonos uns vídeos para que reflexionaramos sobre todo isto, que nos deron moito que pensar. 

  

REGUEIFA TROITEIRA

 

Un ano máis, o alumnado de 6º participou no certame Enregueifate 23-24. Esta é a Regueifa Troiteira que

compuxeron e cantaron moi ben. Para nós xa son ganadores. 

 

 

ENTREGA DE PREMIOS CERTAME "ESCRÍBELLE UNHA CARTA A FELIPE II"

Hoxe tivemos unha sorpresa moi agradable no colexio. Visitáronnos 3 persoas da Asociación de Concellos polos que pasa o Camiño Inglés; o seu presidente Manuel Mirás, o secretario Pablo Beade e o periodista vinculado a esta asociación Cristóbal Ramírez. A que viñeron? Pois nada máis e nada menos que a entregar os premios aos tres gañadores do certame "Escríbelle unha carta a Felipe II". É un certame que se celebra para que os nenos lle escriban unha carta a un peregrino histórico do Camiño Inglés e lle describan a experiencia do Camiño ao seu paso por Oroso.

O 1º premio foi para Emma Fernández Ponte, o 2º recaeu en Telmo Arias Fernández e o 3º para Elisa Castro Alves. Parabéns polo excelente traballo!

 

 

 

VISITA Á RESIDENCIA DE PORTO AVIEIRA

Que xornada tan especial a de hoxe! De novo volvemos á Residencia de maiores para compartir a nosa algarabía coas persoas que alí se atopan. Alí  estivemos o alumnado do Club de Teatro de 5º de Primaria acompañados pola profesora Carmen Penedo. 

Estivémoslle representando un cachiño dunha das nosas obras "Unha clase imposible", despois cantamos, tocamos a pandeireta, bailamos... Por último entregámoslle un agasallo a cada un dos residentes, que previamente fixeramos nós mesmos con moito agarimo; era unha pulsera de gomiñas. Tamén nós recibimos unha bolsiña de golosinas que eles mesmos montaran. 

Que grandes son e canto amor nos transmiten. Agradecémoslle enormemente o ben que nos reciben e o trato que nos dan. Volvemos para o cole cargados de ledicia!

 

 

REMATA O CURSO E CON EL O TRABALLO DAS HORTOPATRULLAS

 

Imos facer un repaso polas tarefas que estiveron facendo as Hortopatrullas ao longo deste curso, para agradecerlles a súa gran implicación

e esforzo. Parabéns pola vosa disposición e responsabilidade.

 

  

    

ENTREGA ALIMENTOS PARA SERVIZOS SOCIAIS DO CONCELLO

Hoxe fixemos entrega a Servizos sociais do concello, dos alimentos que voluntariamente nos achegaron as familias ao longo do mes de maio. A recaudación tivo lugar con motivo do Teatro Solidario, no que as familias puideron asistir ás obras que os seus fillos/as interpretaban, ou do Mercadiño de libros solidario polo que as familias podían levar un libro a cambio de deixar algún alimento. Para a recollida estivo presente a educadora social Rocio e a concelleira de educación María. Estes alimentos serán doados ás persoas máis necesitadas do concello de Oroso. Dende aquí damos as grazas ás familias que colaboraron e parabéns a alumnado e profesorado que promoveu esta iniciativa.

OLYMPIC ESCORNABOT NA BIBLIOTECA

Do 27 ao 31 de maio realizouse esta actividade na que o alumnado respondeu a 5 preguntas relacionadas cun deporte olímpico.

As preguntas presentáronse nunha tarxeta e as respostas nun taboleiro realizado polo alumnado de 6º de EP nas clases de plástica.

Para contestar ás preguntas o alumnado colocaba o escornabot na saída, e dirixíao ata a imaxe correspondente.