Seguimos descubrindo curiosidades sobre as Olimpiadas con Punki. Desta volta, a nosa mascota fálanos da pira olímpica e de cando e onde se celebran os Xogos Olímpicos? Fai clic nos videos ou escanea os QR dos paneis informativos que atoparás no corredor da planta baixa de Primaria.
A NOSA ESCRITORA!
Hoxe estivo no colexio Andrea García Martínez, autora do libro "Animais fantásticos de aldea". Fíxonos moita ilusión porque ademais de gustarnos moito o seu libro, que ela mesma ilustrou, é de Sigüeiro e de nena foi alumna do noso colexio. Explicounos que é posible conseguir o que nos propoñemos se o perseguimos con empeño, ela conseguiu que lle publicasen as súas fántasticas historias ainda sendo moi noviña. Gracias a Andrea pola súa amabilidade e a Xerais.
O ENTROIDO XA ESTÁ AQUÍ!
Despois dunha semana de bromas e moitas risas chegou o Día Grande do Entroido!
A choiva fixo que tiveramos que alterar a programación prevista e así non puidemos facer o desfile cos outros coles polas Rúas e Alameda de Sigüeiro. Trasladamos o desfile ao pavillón e acompañáronnos as familias. Como nos divertimos! Hai que dicir que tamén pasamos algo de nervios porque eso de desfilar diante das familias danos certa angustia. A temática deste curso AS OLIMPIADAS, deunos pé para versionar os disfraces de cada nivel, que estiveron relacionados cos deportes. Dende a natación ata o monopatinaxe, pasando por atletismo, ciclismo, tenis, artes marciais...
Curiosidades sobre as Olimpiadas I
No 1º trimestre, o alumnado estivo investigando sobre os diferentes países que acolleron os Xogos Olímpicos dende a antigüidade. Coas súas pescudas elaboraron uns paneis informativos que colocamos no corredor da planta baixa do edificio de Primaria seguindo unha liña temporal.
Agora Punki, a nosa mascota olímpica, está a engadir uns códigos QR nos que conta algunhas curiosidades sobre as Olimpiadas. Escanéaos e descubre cales son. Tamén podes visualizar os tres primeiros videos aquí.
MANDADOS DO MECO
O Entroido chegou e o Meco ordenou.
SAÍDA AO AUDITORIO DE GALICIA DE 5º A E 5º B DE EDUCACIÓN PRIMARIA.
Hoxe venres 2 de febreiro asistimos a Santiago, a ver e escoitar o conto `` O gato con botas ´´, coa Real Filharmonia de Galicia, e os títeres Perpoc.
AQUARIUM
O venres 2 de febreiro o alumnado de 1º ciclo visitou o Aquarium Finisterrae da Coruña.
DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ
No día de hoxe, 30 de xaneiro, conmemórase a morte de Mahatma Gandhi (India, 1869-1948), líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte a inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas. No colexio celebramos o Día Escolar da Non Violencia e a Paz. Queremos fomentar no alumnado valores como a tolerancia e o respecto mutuo entre persoas, sexa cal sexa a súa procedencia e a súa forma de pensar. Somos defensores da paz e o entendemento entre as persoas! E para demostralo bailamos no patio o Baile da Paz de Mamá Cabra. Esta é a danza da esperanza, danza capaz de sementar paz...
CHARLAS PRIMEIROS AUXILIOS
Hoxe tivo lugar a segunda das charlas de primeiros auxilios no colexio, promovida pola ANPA e impartida por Protección Civil do concello de Oroso. Desenvolvéronse varias actuacións e técnicas para a atención urxente a un enfermo ou accidentado ou nunha situación de risco. Resultaron moi interesantes e valiosas. Dende o centro agradecemos á ANPA e a Protección Civil a organización destas charlas.
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- …
- seguinte ›
- última »