ALUMNADO COMEDOR

As familias do alumnado que vaia facer uso de comedor escolar no vindeiro curso, deberán cubrir o impreso de AUTODECLARACIÓN cos datos da renda de 2022. O impreso pódese descargar desde esta web ou recollelo no propio centro.

Despois poderán envialo por correo electrónico a ceip.sigueiro@edu.xunta.gal antes do 1 de setembro ou entregalo no centro ao longo da vindeira semana (do 17 ao 21 de xullo) de 9:30 a 14h. 

*Para calcular o importe dos prezos públicos polo uso do servizo de comedor escolar, dispoñen dunha calculadora que facilita o cálculo en función da renda neta per cápita da unidade familiar e do número de menores en idade escolar. Fai clic aquí:

ROMARÍA FIN DE CURSO

E COLORÍN COLORADO... CASE SEN DARNOS CONTA CHEGAMOS AO REMATE DESTE 2022-2023. E para celebralo nada mellor que unha ROMARÍA. Nesta romaría non falta de nada: postos de maquillaxe, tatuaxes, colares, pulseiras, plantas, chapas, papiroflexia, globoflexia, pelotas antiestrés, robótica, flocos de millo, xogos... E por suposto música, puidemos cantar no karaoke e rematar a mañá bailando. Sen esquecernos da merendola. Grazas familias por acompañarnos e pola colaboración! SODES XENIAIS!

TODO LISTO: PLANO DOS STANDS, CARNET PARA SELAR E OS POSTOS! QUE COMECE A FESTA!!!

                                        

   

                                          

  

      

    

  

  

  

    

CIRCULAR FIN DE CURSO

21/06/2023 13:55

Estimadas familias, o mércores, día 21 será o último día lectivo do presente curso escolar. Será unha xornada de Portas Abertas para as familias entre as 11:00 e as 13:30. Ás 12.30 teremos unha merendiña xuntos para a que poden aportar o que consideren. A xornada rematará á hora de sempre con servizo de comedor e transporte. 

Máis informacións relativas ao novo curso escolar, libros de texto e comedor na circular adxunta. 

AGRADECERLLES A SÚA COLABORACIÓN AO LONGO DO CURSO QUE REMATAMOS E DESEXARLLES UN MOI BO VERÁN!

Un agarimoso saúdo de parte de todo o persoal do centro.

 

 

CATÁLOGO LIBROS DE TEXTO 23/24

Publicada a listaxe de libros de texto para o vindeiro curso escolar 2023-2024.

     

Así é o noso cole... CEIP de Sigüeiro

Así é o noso cole,

é tempo de crecer xogando...

CEIP DE SIGÜEIRO