Skip to Content

Activ. colectivas

II ENCONTRO MUS-E GALICIA ‘CREACCIÓN COMPARTIDA’

Hai unhas semanas, tivo lugar o II Encontro MUS-E de Galicia no noso colexio, coa participación de todos os centros MUS-E de Galicia (o CEIP San Pedro de Visma, o CEIP Raquel Camacho, o IES  Rafal Dieste, o CEIP Ría do Burgo e o IES Agra Do Orzán) e a implicación de máis de 300 menores, xunto aos seus profesores e profesoras e aos artistas MUS-E de Galicia.

II ENCONTRO MUS-E NO NOSO COLEXIO

Álbum: CURSO 2018-2019 -> Encontro MUS-E

MUS-E é unha iniciativa da Fundación Yehudi Menuhin España na que o noso colexio está presente. Este encontro titulábase "CreAcción Compartida: Compartiendo os procesos creativos'. A cita contou coa colaboración da Consellería de Educación, Cultura e Ordenación Universitaria, o Concello da Coruña e a Fundación Paideia; e coa participación dos cinco centros educativos que conforman o MUS-E en Galicia para este curso 2018-2019: nós, como colexio anfitrión, e o CEIP San Pedro de  Visma, o IES  Rafael Dieste, o CEIP Ría  do Burgo e o IES Agra  Do Orzán.

A CADENA SER NO COLEXIO

Álbum: CURSO 2018-2019 -> Cadena Ser no colexio

Esta mañá tivemos a fortuna de que Radio Coruña Cadena Ser emitise o seu programa desde a nosa biblio. Aquí vos deixamos a reportaxe gráfica e o audio do programa.

DÍA ESCOLAR DA PAZ E A NON VIOLENCIA 2019

Álbum: CURSO 2018-2019 -> Día Escolar da Paz 2019

Hoxe, 30 de xaneiro, celebramos no colexio o Día Escolar da Paz. Toda a comunidade educativa estaba convidada a participar na gran cadea humana que rodeu o colexio. Percorremos todo o camiño pasando polo Ágora collidos e collidas da man. Finalmente, recordamos a figura de Gandhi no noso manifesto.

E bailamos unha canción ben bonita.

Era de Diego Torres, Color esperanza.

Grazas a todos e todas pola vosa gran implicación! Paz!

 

Distribuir contido


by Dr. Radut