Skip to Content

E. Primaria

O HORTO DO COLEXIO NO MES DE MAIO

Álbum: 1_CURSO 2023-2024 -> VOZ NATURA MES DE MAIO

Estamos na recta final deste curso e así está o noso horto, non todo o esplendoroso que nos gustaría pero a climatoloxía non nos axudou.

Reciclamos envases para darlles unha segunda vida (para semilleiros, para empaquetar as verduras); empregamos abonos ecolóxicos para evitar que os bichiños estropeen as raíces das plantas (terra de diatomeas); combinamos cultivos; vimos que, ás veces, non é preciso nin sementar nin plantar porque se caen á terra as sementes das primeiras plantas, a natureza por si soa fai que xerminen no momento axeitado (tomates, canónigos e pirixel); nas aulas experimentamos distintos xeitos de reproducir plantas: con sementes, follas e esgallas; por falta de espazo para todos os que se apuntan como voluntarios, plantamos as cebolas en macetas e levarémolas para as casas para coidalas.

Agora quédanos coidalo e agardar a ter unha boa colleita. No caso das patacas e as cenorias teremos que agardar á volta das vacacións de verán pero iremos vendo como medran.

TRABALLOS EN ABRIL-EQUIPO VOZ NATURA

Álbum: 1_CURSO 2023-2024 -> VOZ NATURA MES DE ABRIL

Este mes foi moi variado na climatoloxía. Pasamos de temperaturas moi altas, polo que tivemos que regar, a outra vez baixas e moita choiva.

Todo isto fixo que tiveramos que sementar de novo en moitos dos bancos. Pero, tamén, dounos a opción de plantar cousas novas. Imos probar coas patacas a ver que recollemos cando volvamos das vacacións de verán.

MERENDANDO CONTOS

Álbum: 1_Educación Primaria 2023-2024 -> Merendando contos

Mens sana in corpore sano.

Que importante é o alimento para o cerebro. E non hai nada mellor que merendas saudables no cole mentres podes ler os teus contos en galego favoritos.

Foi unha gran experiencia. Aos rapaces lles gustou moito, seguro que outro día repetimos.

E xa sabedes, podedes repetir na casa as merendas con contos, pero sempre merendas saudables. Nós tivemos: chocolate negro, pavo, queixo e froita variada: arandos, amorodos, plátano e mazá.

Non quedou nada

AULA EDUCAIXA DE 4º EP B

Álbum: 1_CURSO 2023-2024 -> AULA EDUCAIXA

Como ben sabedes concedéronnos un premio de 5000€ para levar a cabo neste curso. O premio pertence á fundación la EduCaixa.

O obxectivo do proxecto é traballar a metacognición e o aprendizaxe autorregulado. Un traballo longo pero que dará os seus froitos.

Neste curso o estamos a traballar principalmente ca aula de 4ºB EP e cas aulas de educación infantil.

Mirade que bonita e acolledora quedou a aula de cuarto co seu recuncho para asembleas.

Nas colchonetas os rapaces poden compartir as súas preocupacións polas aprendizaxes ou outras problemáticas. É unha zona para falar e escoitarse.

Ademais como novidade tamén dispoñen dun plan colectivo no que o alumnado que destaque pola súa implicación ese mes recibe un agasallo moi importante relacionado co proxecto anual do cole, que será?

Pista: A eles e as súas familias lles encanta.

E por suposto un plan individual, onde teñen que reflectir os seus obxectivos escolares, tanto eles como as súas familias, e despois deben valoralos.

Botade un ollo!

Distribuir contido


by Dr. Radut