Skip to Content

E. Primaria

SOMOS UNHAS BAILARINAS E BAILARÍNS XENIAIS!!!

Álbum: Educación Primaria 2022-2023 -> Mus-e Danza 3º A

Despois de acabar as nosas sesións Mus-e de Plástica, nas que disfrutamos tanto, agora comezamos con danza. 

Nestas clases divertímonos un montón. Encántanos movernos por todo o espazo seguindo diferentes ritmos e facendo movementos diferentes.

Música e... A BAILAR!!!

APRENDEMOS E DIVERTÍMONOS EN MUS-E

Álbum: Educación Primaria 2022-2023 -> Mus-e Plástica 3º A

Nestas últimas semanas tivemos algunhas sesións Mus-e. Fixemos Plástica con María e encantounos.

Divertímonos moito debuxando, pintando, recortando, pegando... Pero tamén aprendemos moitas cousas que non sabiamos, incluso por que ás nosas compañeiras e compañeiros lles puxeron os nomes que teñen.

Foi moi interesante! 

 

AGASALLOS DO SELO DE CALIDADE EN E-TWINNING

Lembras que o curso pasado creamos un conto viaxeiro con outras escolas europeas a través da plataforma e-Twinning? E xa che contamos en setembro que o proxecto recibiu o selo de calidade. Pois hoxe o alumado que participou naquela iniciativa recibiu uns agasallos e a placa conmemorativa que imos colgar na entrada do colexio.

 

LETRAS FLOTANTES

Álbum: Educación Primaria 2022-2023 -> Ciencia en galego en 1º EP: letras flotantes

Fixemos debuxos con rotulador de lousa (pizarra) en culleres e pratos e, ao mergullalos en auga ou botarlles auga por riba, estes debuxos comezaron a flotar.

Isto débese a que a tinta dos rotuladotes de lousa branca levan tinta soluble en auga. Así que, ao engadir a auga, xorde unha forza de flotación que empuxa a tinta cara arriba porque a tinta é menos densa que a auga.

Distribuir contido


by Dr. Radut