Skip to Content

Escola de pais/nais

ESCOLA DE PAIS/NAIS

Os vindeiros días 22 e 29 de maio haberá no colexio, en horario de 16:30 a 18:00 horas, unha escola de pais e nais na que se tratará un tema moi interesante:

A educación dos nosos fillos e fillas desde as nosas emocións: como sentirnos ben para educar mellor?

Podes anotarte no seguinte enlace PREMENDO AQUÍ.

Agardamos que a temática sexa do teu interese e contar coa túa presencia.

ESCOLA NAIS/PAIS

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 INSCRIPCIÓN NOS TALLERES GRATUITOS : pincha aquí 

Ou no teléfono ‪649055995

RESUMO CHARLA ESPAZOS INFORMACIÓN XUVENIL - ÁGORA

Fai uns días tivemos unha charla moi interesante con Raquel do Centro Municipal de Información Xuvenil do Ágora. 

Adxunto varios documentos que nos deixou e que poden ser de voso interese.

Ditos documentos quedarán expostos no tablón de anuncios da entrada do colexio.

 

PRESENTACIÓN DOS ESPAZOS DE INFORMACIÓN XUVENIL

 

O vindeiro xoves 28 de abril ás 19:00 horas, terá lugar na biblioteca do Ceip Raquel Camacho a presentación dos Espazos de Información Xuvenil da Concellaría de Igualdade, Benestar Social e Participación do Concello da Coruña, xestionados desde o servizo de Mocidade.

Persoal do Espazo situado no Centro Ágora, ofrecerá unha charla para presentar aos pais e nais os servizos de informacion, asesorías e programas xuvenís cos que contan: información sobre temas educativos, formación profesional, universidade, bolsas, cursos, Garantía Xuvenil, programas de mobilidade, campamentos, actividades de lecer e tempo libre...

Terán preferencia de asistencia as familias d@s de nen@s de 6º de primaria xa que as actividades que ofertan son a para nen@s a partir de 12 anos.

Para confirmar a vosa asistencia teredes que enviar un email ao correo do Anpa anpa.ceipraquelcamacho@gmail.com.

Animádevos! Teñen moitas cousas que contarnos e moi interesantes!!

Distribuir contido


by Dr. Radut