Solicita xa a túa visita guiada individualizada para coñecernos.
Nestes momentos, a saúde de todos e todas supón para nós unha prioridade. Vimos aplicando estritos protocolos de prevención durante este curso e, durante a túa visita ao centro, tamén a manteremos.
Temos moitas ganas de contarche como traballamos no CEIP Raquel Camacho; queremos explicarche a nosa metodoloxía, instalacións, servizos e todo o que o noso centro ofrece.
Chega o Entroido e, con el, o tradicional Meco. Todos os días, este amigo ordenará traer algo posto e nós debemos obedecerlle. Por iso, pedimos a colaboración ás familias para que axuden aos cativos e cativas a buscar os mandados do Meco. Aquí vos deixamos un resumo do que vai pedir ao longo da semana que vén.
Se premedes nos carteis ao longo da semana, veredes fotos da xentiña disfrazada.
Luns: hai que levar algo na cabeza.
Martes: temos que poñer unha gravata no pescozo.
Mércores: traeremos os zapatos decorados con algo.
Xoves: poremos un cinto pintoresco.
Venres: vestiremos un disfrace que teñamos pola casa.
A Dirección do CEIP Raquel Camacho informa de que a partir do xoves, día 14 de xaneiro, e durante un período de 10 días lectivos consecutivos, o alumnado do colexio recibirá unha peza de froita fresca para tomar no recreo. A participación neste proxecto foi aprobada polo Consello Escolar no mes de xuño do ano 2020 dentro da convocatoria da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria en colaboración co FOGGA (Fondo Galego de Garantía Agraria).