Skip to Content

Admisión e matrícula

O PRAZO DE MATRICULACIÓN REMATA O 30 DE XUÑO

Lembra que o prazo de matriculación do alumnado para o curso que vén vai do 20 ao 30 de xuño. Que non se che pase!

RESERVA DE PRAZA OU CAMBIO DUN CENTRO A OUTRO AO ADSCRITO DO ALUMNADO DE 6º DE EP

De acordo co establecido na Orde da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria do 12 de marzo de 2013 (DOG do 15) modificada pola orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG do 1 de febreiro), pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado nos centros sostidos con fondos públicos, comunícolles o seguinte:

  1. Aos efectos da continuidade de estudos do actual alumnado de sexto curso que promocione á etapa de educación secundaria obrigatoria, este Centro está adscrito ao IES AGRA I.
  2. A circunstancia de estar este Centro adscrito ao citado IES supón que o noso alumnado terá prioridade para a admisión.
  3. As familias que no vindeiro curso 2018/19 desexen que os seus fillos/as cursen os estudos no referido IES poden optar por unha destas vías:
    1. Presentar no noso centro entre os días 01 e 15 de febreiro, o modelo de solicitude que se xunta a este escrito debidamente cuberto (formulario normalizado ED550A, publicado no anexo I da orde do 25 de xaneiro de 2017, que modifica a Orde do 12 de marzo de 2013). Neste caso o alumnado deberá entregar as solicitudes, debidamente cumprimentadas, ao seu titor/a.
    2. Presentar a citada solicitude entre os días 01 e 15 de febreiro a través da aplicación “admisiónalumnado”  (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).
  4. A reserva ten carácter vinculante e será incompatible coa presentación da solicitude noutro centro, salvo renuncia expresa por escrito presentada no centro de adscrición antes do inicio do prazo ordinario de presentación de solicitudes de admisión. A presentación de solicitudes noutro centro dará lugar a perda de prioridade.
  5. Se prefiren que os seus fillos/as continúen estudos nun IES distinto ao que está adscrito o noso Centro, non deberán entregar esta reserva e agardarán ao período ordinario (2 ao 20 de marzo) para entregar a súa solicitude (anexo II da Orde do 25 de xaneiro de 2017) no IES da súa preferencia.
  6. O alumnado deberá formalizar a matrícula no IES entre o 25 de xuño e o 10 de xullo.

A Coruña, 1 de febreiro de 2019

Rosa Mª Mosteiro Neira, directora.

ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2019-2020

 

Desde o día 1 ata o 20 de marzo, ambos os dous inclusive, estará aberto o período de solicitude de praza (non de matrícula; iso será despois) para o curso 2019-2020 de acordo co procedemento de admisión e matriculación do alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato. nas seguintes ligazóns aparece a información e documentación necesaria para formalizala.

Documentación necesaria

  • Solicitude de admisión (anexo II que se pode descargar máis abaixo ou recoller na secretaría). Deberá estar cumprimentada e asinada por ambos proxenitores (na última e penúltima folla).
  • DNI do alumno/a ou Libro de familia (orixinal e copia) para acreditar a idade.
  • Sentenza de separación ou divorcio (de ser o caso).
  • Certificado de empadroamento no que figure que levan máis dun ano empadroados/as (se optan aos puntos do padrón).
  • Título de familia numerosa (de ser o caso).
  • Certificado de discapacidade (de ser o caso).

Documentos e impresos

Lexislación básica

Distribuir contido


by Dr. Radut