Skip to Content

ABALARMÓBIL NO COLEXIO


O CEIP Raquel Camacho, coa finalidade de aumentar o acercamento entre o profesorado e as familias, sérvese de abalarMóbil. Trátase dunha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos e fillas a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida.

 

abalarMóbil é unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet e que permite ás familias consultar a información de calquera dos seus fillos ou fillas a través destes dispositivos.

App Store

GooglePlay

As familias que descarguen abalarMóbil van poder dispoñer das seguintes funcionalidades: 

  • Acceder aos datos persoais.
  • Consultar as cualificacións.
  • Consultar e xustificar as faltas de asistencia.
  • Consultar as faltas de conduta.
  • Solicitar unha cita de titoría.
  • Consultar os datos do centro educativo
  • Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
  • Consultar as  incidencias creadas polo profesorado

A aplicación abalarMóbil está dispoñible para os pais, nais e titores legais do alumnado matriculado no noso colexio. Consultade a guía:

  • En galego, premendo aquí ou na imaxe inicial.
  • En castelán, premendo aquí.

Manuais e videotitoriais para o profesorado



page | by Dr. Radut