Skip to Content

Extraescolares

INSCRICIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 20/21

A partir de hoxe (non nos especificaron hora) e ata o día 24 de setembro ábrese o prazo de inscripción nas seguintes actividades extraescolares que ofertamos a través da Federación de Anpas e do Concello. 

Todas as inscricións faranse online na web http://www.fedapascoruna.org/inscripciones

Para inscribirse tede en conta o seguinte: 

- Tedes que ser socios da Anpa (podedes facervos socios premendo aquí)

- Hai que aboar 4€ por neno/a en concepto de seguro, con independencia do numero de actividades ás que acuda.

- As persoas beneficiarias da bolsa comedor teñen dereito a calquera destas actividades de xeito gratuito.

Tamén comentar que igual alguna actividade non se chega a facer senon chegamos ao mínimo de 10 nenos.

 

PERÍODO DE REALIZACIÓN

Do 1 de outubro de 2020 ao 31 de maio de 2021.

 

COTAS TRIMESTRAIS A ABOAR

Aboaranse 3 cotas ao longo do curso 20/21 nos seguintes períodos:

• Período outubro-decembro: 15€ por participante e escola deportiva/obradoiro e 18€ por participante e Proxecto.

• Período xaneiro-marzo: 15€ por participante e escola deportiva/obradoiro e 18€ por participante e Proxecto.

• Período abril-maio: 10€ por participante e escola deportiva/obradoiro e 12€ por participante e Proxecto.

En relación a actividade PROXECTOS, a cota inclúe saídas culturais a espazos ou entidades da cidade ou visitas de persoas de referencia, segundo o proxecto, ao propio centro.

 

COLORÍN COLORADO. Contacontos

Actividade de contacontos que fomenta o gusto pola lectura á vez que potencia a imaxinación, curiosidade e a creatividade introducíndoos noutros mundos: reais ou fantásticos. Os contos, historias ou poemas permitirán expresarnos oral e corporalmente; inventando e recreando novos contos e personaxes, apropiándonos das palabras e desenvolvendo así valores estéticos e éticos.

EUREKA! Ciencia Divertida

Descubrir a ciencia dunha maneira lúdica e divertida, a través da experimentación e a observación directa do mundo que nos rodea, fomentando a creatividade e o pensamento crítico.

CANTO CONTO. Animación á Lectura. Contacontos

Actividade que trata de espertar a imaxinación, a desinhibición e o interese pola literatura infantil. Realizarase mediante a narración dun conto, a súa escenificación, algo de atrezo, vestiario e a implicación na historia contada e a creación doutras inventadas. A escoita activa, a comprensión, a súa interpretación e a posta en marcha da imaxinación, son os principais obxectivos desta actividade.

XENIOS. Xogos de Lóxica Matemática

A través da variedade de xogos de lóxica matemática como crebacabezas, ilusións ópticas, parellas, enigmas ou xogos de taboleiro, desenvolveranse habilidades cognitivas como a observación, atención, comprensión, memoria, organización, toma de decisións, xestión emocional e velocidade de pensamento.

ESCAPE ROOM. Pensamento Lóxico Matemático

Xogo baseado no desenvolvemento das habilidades mentais para a solución de enigmas e problemas. Os nenos e nenas traballando en grupo poñerán en xogo a creatividade e o pensamento crítico para ir superando diferentes probas ou retos e así resolver a proba. O obxectivo é saír dunha sala (pode ser virtual) dentro do contexto e recreación dunha historia, e para iso os xogadores deberán usar todas as súas capacidades intelectuais, creativas e de razoamento deductivo.

ESCOLA DE MAXIA. Ciencia e Maxia

Espertar o interese pola ciencia dunha maneira lúdica e apaixonante como é a maxia, desenvolvendo habilidades mentais e corporais. Aplicar a base do método científico en diferentes procesos, propiciando así unha aprendizaxe significativa do mundo que lles rodea. Resolver problemas de maneira sinxela, crear enigmas, elaborar e ensaiar trucos de maxia tamén desenvolverá ao máximo a creatividade e imaxinación.

PROXECTOS

É unha actividade na que partindo dun centro de interese ou tema motivador e baixo a metodoloxía de “traballo por proxectos”, desenvolveranse diferentes actividades multidisciplinares nas que os verdadeiros protagonistas serán os nenos e nenas xerando a súa propia aprendizaxe (aprendizaxe significativo) a través da indagación/investigación e experimentación, fomentando á vez o espírito crítico e o traballo en grupo. 

EMPRESAS COLABORADORAS COA ANPA 2020/2021

Este ano, polas circunstancias que estamos a vivir, e despois de estudiar a situación, a directiva do Anpa decidiu non ofertar actividades extraescolares xestionadas directamente pola Anpa. Sí ofreceremos as xestionadas pola Federación de Anpas e o concello (información aquí).

O que sí vos ofrecemos son diferentes descontos e prezos especiais (so para socios da Anpa 20/21) nas seguintes empresas que ofrecen actividades extraescolares pola nosa zona.

Para desfrutar destos descontos, pediranvos un certificado de socio do curso 2020/2021 que tedes que solicitarnos ao noso email: anpa.ceipraquelcamacho@gmail.com.

Esperamos que as poidades aproveitar!

 

Escola Galega de Teatro Musical

(Rodrigo A. de Santiago, 47. Tlfo: 645 07 66 21)

TEATRO MUSICAL:  Desconto dun 10%.

 

 JK Escola Deportiva

(Almirante Mourelle, 43. Tlfo: 981 29 07 39 email: info@edukajudo.com

JUDO, KARATE: 1 día semana 20€ / 2 días semana 30€ (reserva de plaza para alumnos do curso pasado, ata o 28 de setembro data tope)

 

Danza L’Atelier

(Almirante Lángara, 8. Tlfo: 881 10 82 44 email: atelier@danzalatelier.es)

BALLET, FLAMENCO, CONTEMPORÁNEO, BAILE MODERNO: Desconto de 5€/mes. Desconto dun 20% para unha segunda actividade.

 

Paso a Paso- Fight & Dance

(Francisco Añón, 13. Tlfo: 669 08 02 00 email: pasoapasofd@gmail.com)

CAPOEIRA (impartida por monitor grupo Iandê Capoeira, Mestre Indio)  

KARATE (impartido por monitor Escuela de Karate Shito Ryu). 

2 días semana 18€/mes (Desconto 12€ sobre prezo inicial)

BALLET,  BAILE MODERNO/DANZA JAZZ (impartidas pola bailarina Cristina Amor)

2 días semana 18€/mes (Desconto 17€ sobre prezo inicial)

 

Centro Pasión Yoga

(Calle Monasterio de Caaveiro, Local 8 - al lado del Café Kristel. Tlfo: 722 62 82 80 email: anapineirolago@yahoo.es)

YOGA INFANTIL: 20€/mes - mércores de 16:00 - 17:00 horas.

 

Adagio Cantabile

(Simón Bolívar, 1 Bajo - Los Rosales. Tlfo: 981 12 87 88 email: info@adagiocantabile.com)

CLASES DE MÚSICA EN GRUPO - 10% de desconto

COMPRA DE INSTRUMENTOS DA SUA TENDA - 15% de desconto

 

 Mamucchi

(Alcalde Lens, nº26 Bajo Derecha. Tlfo: 655 51 19 09 // 981 90 88 01 email: info@mamucchi.es)

TALLER DE DEBUXO E PINTURA - 5% de desconto

TALLER DE MANUALIDADES - 10% de desconto

TALLER DE SCRAP E MODELISMO - 5% de desconto

APOIO ESCOLAR*  Primaria, ESO e Inglés - 5% de desconto    

Todos estos talleres que oferta Mamuchi pódenos desfrutar tanto os peques como os adultos.

APOIO ESCOLAR está tamén dirixido a nenos con NEE.

 

Escola de hockey A Coruña

(Coque 633 52 28 92 - Kike 661 31 24 94)

HOCKEY - 15€/mes (inclúe licenza e seguro deportivo)

Material para a práctica de hóckey facilitámolo nós.

Os adestramentos realizaranse en:

Pavillón do Ventorrillo (horarios e días por definir)

Ciudad deportiva de La Torre (venres, horario por definir)

 

Maxia de Raquel Camacho

(Polideportiva 1 Riazor - Tlfo: 661 05 50 77 email: CpaMaxia@hotmail.com)

PATINAJE ARTÍSTICO - 20€/mes

Horario: martes e xoves de 16:00 - 17:00 ou de 17:00 a 18:00 horas.

Ao chamar indicar que chamamos de parte de Mónica (nosa monitora).

 

Azteca Box

(Rodrigo A. de Santiago, nº60 - Tlfo: 615 78 26 56)

BOXEO INFANTIL:

De 6 a 9 anos: martes e xoves de 18:00 a 19:00 horas.

De 10 a 12 anos: todos os días de 18:00 a 19:00 ou de 19:00 a 20:00 horas.

Prezo: 30€/mes (desconto de 10€)

NOVA ACTIVIDADE! BÁDMINTON!

 

IDADES???

De 3º a 6º de Educación Primaria.

CANDO VAI SER???

Martes de 17:00 a 18:00 no Pavillón.

CANDO PODEDES APUNTAR AOS VOSOS NENOS???

Ata o 4 de novembro. Mínimo 12 prazas. Prezo: 7€/mes

Se xa sodes socios do ANPA podedes apuntar os vosos/as neno/as chamando ao teléfono (603 85 60 20) ou mandar un mail a: anpa.ceipraquelcamacho@gmail.com. Senón, primeiro tedes que pagar a cota do ANPA (recoller impresos no noso local ou descargar da web do cole).

QUE MATERIAL PRECISAMOS???

Cada neno/a ten que levar as súas raquetas (poden comprarse en Decathlon dende 6€).

NOVA ACTIVIDADE! A TRIBU!

 OFERTAMOS NOVA ACTIVIDADE PARA OS PEQUENIÑOS DE EDUCACIÓN INFANTIL!!!

QUEREDES SABER CÓMO SE CHAMA???

A TRIBU

EN QUÉ CONSISTE???

Pois é unha actividade novedosa na que se traballará a comunicación, a cooperación, o espíritu de grupo a través da música, xogos, cancións, contos e dinámicas de cooperación. A idea é ofrecer un espazo lúdico onde poder comunicarse, compartir e xogar de maneira positiva.

Esta actividade pretende facer fronte ó desafío de ensinar para a vida, saber afrontar situacións e problemas e anticiparse aos mesmos. Traballarase en equipo nun ambiente divertido para poñer en práctica as distintas habilidades e estratexias co fin de potenciar o desenvolvemento da intelixencia emocional.

CANDO VAI SER???

Os venres de 17:00 a 18:00h no ximnasio.

CANDO PODEDES APUNTAR AOS VOSOS NENOS???

Do 21 ao 30 de outubro. Mínimo de 10 prazas. Prezo: 7€/mes.

Se xa sodes socios do Anpa podedes apuntar aos vosos nenos chamando ao teléfono (603 85 60 20) ou mandar un mail a:  anpa.ceipraquelcamacho@gmail.com. Senón, primeiro tedes que pagar a cota do Anpa (recoller impresos no noso local ou descargar da web do cole).

ACTUALIZACIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

As seguintes actividades non sairon adiante por falta dun mínimo de nenos:

- Inglés (infantil e 1º e 2º de primaria).
- Guitarra.
- Danza urbana.
- Teatro (so queda o horario de 16:00-17:00 h.)

Nos seguintes días ofertaremos algunhas máis.

Estade atentos!

Distribuir contido


by Dr. Radut