Skip to Content

Extraescolares

NOVA ACTIVIDADE! A TRIBU!

 OFERTAMOS NOVA ACTIVIDADE PARA OS PEQUENIÑOS DE EDUCACIÓN INFANTIL!!!

QUEREDES SABER CÓMO SE CHAMA???

A TRIBU

EN QUÉ CONSISTE???

Pois é unha actividade novedosa na que se traballará a comunicación, a cooperación, o espíritu de grupo a través da música, xogos, cancións, contos e dinámicas de cooperación. A idea é ofrecer un espazo lúdico onde poder comunicarse, compartir e xogar de maneira positiva.

Esta actividade pretende facer fronte ó desafío de ensinar para a vida, saber afrontar situacións e problemas e anticiparse aos mesmos. Traballarase en equipo nun ambiente divertido para poñer en práctica as distintas habilidades e estratexias co fin de potenciar o desenvolvemento da intelixencia emocional.

CANDO VAI SER???

Os venres de 17:00 a 18:00h no ximnasio.

CANDO PODEDES APUNTAR AOS VOSOS NENOS???

Do 21 ao 30 de outubro. Mínimo de 10 prazas. Prezo: 7€/mes.

Se xa sodes socios do Anpa podedes apuntar aos vosos nenos chamando ao teléfono (603 85 60 20) ou mandar un mail a:  anpa.ceipraquelcamacho@gmail.com. Senón, primeiro tedes que pagar a cota do Anpa (recoller impresos no noso local ou descargar da web do cole).

ACTUALIZACIÓN ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

As seguintes actividades non sairon adiante por falta dun mínimo de nenos:

- Inglés (infantil e 1º e 2º de primaria).
- Guitarra.
- Danza urbana.
- Teatro (so queda o horario de 16:00-17:00 h.)

Nos seguintes días ofertaremos algunhas máis.

Estade atentos!

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2019-2020

 

 

INFORMÁMOSVOS DE QUE O PRÓXIMO DÍA 25 DE SETEMBRO ABRE UN NOVO PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES SUBVENCIONADAS DO CONCELLO.

Usaremos a mesma ligazón/formulario que xa foi utilizada no primeiro prazo.

Preme na imaxe para descargar arquivo coas actividades deste curso. 

As actividades subvencionadas polo concello poden solicitarse on line. Tedes máis información máis abaixo.

Esperámosvos no local da Anpa para calquera dúbida.
Recordamos o noso horario de martes de 9:00 a 10:00 e xoves de 16:00 a 18:00 h.

A IMPORTANCIA DO JUDO

Unha das actividades que hai no catálogo de extraescolares do centro é judo. Hoxe acudiron os de EDUKAjudo para impartir unhas pequena clase no ximnasio.

Distribuir contido


by Dr. Radut