Skip to Content

Extraescolares

CÓXEGAS! (Do 9 ao 30 de setembro)

 

O programa Cóxegas é unha proposta que da resposta á demanda de conciliación familiar e laboral para familias con fillos e fillas escolarizados en centros públicos, en tempo extraescolar durante os períodos nos que as Anpas non desenvolven actividades extraescolares (setembro e xuño).

OBXECTIVOS

• Ofertar una vía de conciliación familiar no propio centro educativo.

• Afianzar hábitos e normas de comportamento en convivencia.

• Favorecer o desenvolvemento cognitivo, psicomotor, afectivo-social e da personalidade dos nenos e nenas a través do xogo e as actividades lúdicas axeitadas a cada idade.

PROPOSTA DE ACTIVIDADES

Este programa ofrece ao alumnado a oportunidade de realizar xogos e deportes así como actividades lúdicas de animación teatral, plástica, etc. baixo un enfoque integrador, onde os nenos e as nenas serán os propios protagonistas mediante a creación dunha aventura virtual ao longo destas 3 semanas de duración do programa.

PERÍODO DE REALIZACIÓN

• Período 1: Do 9 ao 30 de setembro de 2021.

• Período 2: Do 1 ao 22 de xuño de 2022.

DESTINATARIOS

Escolares matriculados en colexios públicos do concello de A Coruña, precisando un mínimo de 10 participantes inscritos para a formación de grupo.

HORARIO

De luns a venres, das 16:00 as 18:00 h.

PREZO / CUSTO:

15€ por cada período.

PRAZOS E LUGAR DE INSCRICIÓN

Inscrición on- line na seguinte ligazón www.fedapascoruna.org/inscripciones

• Período 1: A partires do 1 de setembro de 2021.

• Período 2: Do 3 ao 9 de maio de 2022.

Os escolares inscritos aboarán unha única cota de 4€ en concepto de seguro de accidentes, que lles dará cobertura en todos os programas xestionados pola Federación de Anpas para ou curso 21/22.

REMATE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES

Informamos que desde hoxe, día 1 de xuño, xa non hai ningunha actividade extraescolar polas tardes no colexio. O servizo de comedor funcionará ata o día 22 de xuño e ata ás 16 horas.

O alumnado que se queda a comedor debe de ser recollido puntualmente e polo portalón do patio.

Non haberá profesorado de garda posto que o período lectivo remata ás 14 horas e o resto do centro estará pechado

ACTIVIDADES EN EMPRESAS COLABORADORAS

Este ano, polas circunstancias que estamos a vivir, e despois de estudiar a situación, a directiva do Anpa decidiu non ofertar actividades extraescolares xestionadas directamente pola Anpa. Sí ofreceremos as xestionadas pola Federación de Anpas e o concello (información aquí).

O que sí vos ofrecemos son diferentes descontos e prezos especiais (so para socios da Anpa 21/22) nas seguintes empresas que ofrecen actividades extraescolares pola nosa zona.

Para desfrutar destos descontos, pediranvos un certificado de socio do curso 2021/22 que tedes que solicitarnos ao noso email: anpa.ceipraquelcamacho@gmail.com.

Esperamos que as poidades aproveitar!

 

 JK Escola Deportiva

(Almirante Mourelle, 43. Tlfo: 981 29 07 39 email: info@edukajudo.com

JUDO, KARATE: 1 día semana 20€ / 2 días semana 30€ (5€ de desconto sobre prezo inicial, e a posibilidade de ir so un día á semana)

 

Danza L’Atelier

(Almirante Lángara, 8. Tlfo: 881 10 82 44 email: atelier@danzalatelier.es)

BALLET, FLAMENCO, CONTEMPORÁNEO, BAILE MODERNO: Desconto de 5€/mes. Desconto dun 20% para unha segunda actividade.

 

Paso a Paso- Fight & Dance

(Francisco Añón, 13. Tlfo: 669 08 02 00 email: pasoapasofd@gmail.com)

CAPOEIRA (impartida por monitor grupo Iandê Capoeira, Mestre Indio)  

KARATE (impartido por monitor Escuela de Karate Shito Ryu). 

2 días semana 18€/mes (Desconto 12€ sobre prezo inicial) / 1 día semana 11€/mes

BALLET,  BAILE MODERNO/DANZA JAZZ (impartidas pola bailarina Cristina Amor)

2 días semana 18€/mes (Desconto 17€ sobre prezo inicial) / 1 día semana 11€/mes 

 

Centro Pasión Yoga  

(Calle Monasterio de Caaveiro, Local 8 - ao lado do Café Kristel. Tflo: 722 62 82 80 email: anapineirolago@yahoo.es)

YOGA INFANTIL: 20€/mes - mércores de 16:00 a 17:00 horas para nen@s de 4 a 8 anos.

  

Adagio Cantabile

(Simón Bolívar, 1 Bajo - Los Rosales. Tlfo: 981 12 87 88 email: info@adagiocantabile.com)

CLASES DE MÚSICA EN GRUPO - 10% de desconto

COMPRA DE INSTRUMENTOS DA SUA TENDA - 15% de desconto

 

Escola de hockey A Coruña

(Coque 633 52 28 92 - Kike 661 31 24 94)

HOCKEY - 15€/mes (inclúe licenza e seguro deportivo)

Material para a práctica de hóckey facilitámolo nós.

Os adestramentos realizaranse en:

Pavillón do Ventorrillo (Luns a venres de 18:00 a 19:00 h)

 

Maxia de Raquel Camacho

(Polideportiva 1 Riazor - Tlfo: 661 05 50 77 email: CpaMaxia@hotmail.com)

PATINAJE ARTÍSTICO - 30€/mes

Horario: 3 horas/semana (martes, xoves e venres concretar horarios no teléfono arriba indicado)

Ao chamar indicar que chamamos de parte de Mónica (nosa monitora).

 

 

NOVA ACTIVIDADE! BÁDMINTON!

 

IDADES???

De 3º a 6º de Educación Primaria.

CANDO VAI SER???

Martes de 17:00 a 18:00 no Pavillón.

CANDO PODEDES APUNTAR AOS VOSOS NENOS???

Ata o 4 de novembro. Mínimo 12 prazas. Prezo: 7€/mes

Se xa sodes socios do ANPA podedes apuntar os vosos/as neno/as chamando ao teléfono (603 85 60 20) ou mandar un mail a: anpa.ceipraquelcamacho@gmail.com. Senón, primeiro tedes que pagar a cota do ANPA (recoller impresos no noso local ou descargar da web do cole).

QUE MATERIAL PRECISAMOS???

Cada neno/a ten que levar as súas raquetas (poden comprarse en Decathlon dende 6€).

Distribuir contido


by Dr. Radut