Skip to Content

Voz Natura

concienciARTE (2)

Despedimos o tempo dos magostos con algúns dos traballos artísticos realizados polos nenos e nenas de 1º, 2º e 3º de primaria.

Ollade que cousas tan chulas pódense facer cun anaco de papel de xornal.

 

1º A

       

 

1º B

 

2º A

                                                                                                                                              

  

 

2º B

 3º A

 

Seguiremos poñendo en práctica a regra dos 3 "R": Reduce, recicla e reutiliza!

 

 

 

CORRESPONDENCIAS CO MUSEO DE BELAS ARTES

As alumnas e os alumnos de 6º de Primaria participaron na actividade "Deconstruíndo a Luís Seoane" no marco do proxecto Correspondencias co Museo de Belas Artes de A Coruña. 

A paisaxe foi un tema moi importante na obra de Luís Seoane. Desde o Museo envíaronnos un vídeo ao cole cunha breve explicación do cadro Paisaxe con Árbores (1960).

Moitas grazas Laura e Sara!

Imaxe: Captura do vídeo enviado desde o Museo de Belas Artes de A Coruña ao CEIP Raquel Camacho.

Que fixeron os nenos e nenas de sexto?

Como si se tratase dun crebacabezas ou tangram, recortaron as formas coloridas da obra Paisaxe con Árbores de Seoane  e empregáronas para crear o seu propio cadro.

Queredes ver o que imaxinaron?

Aquí tedes o vídeo cos traballos.

concienciARTE (1)

Moitas grazas aos nenos e nenas de 6ºB de Educación Infantil e ás súas mestras por compartir as súas obras!

PAXAROS, 2020 (Nenas e nenos de 6ºB de Educación Infantil)

 

ÁRBORE, 2020 (6º B Educación Infantil)

Bo Camiño!

 

 

OBSERVADORES DE AVES

Ola nenos e nenas do Raquel Camacho.

Velaquí tedes os debuxos e fotografías de aves que nos enviáchedes. Son estupendos! 

Picade na imaxe para poder velos.

 

E para aqueles aos que lles gustou a experiencia, aquí tedes os puntos da cidade recomendados para observar aves. Picade neste taboleiro de cortiza:

 

Bo Camiño!

ÁRBORES NO CAMIÑO

O domingo 18 de outubro de 2020, celébrase o Día Mundial da Protección da Natureza:

Nun momento crítico no que a nosa pegada ecolóxica supera a capacidade do planeta para rexenerar o que se consome, a protección da natureza, convértese nun asunto de prioridade esencial. Debemos tomar as medidas oportunas para construír un futuro baseado no consumo responsable dos recursos naturais. (Fonte: Web VOZ NATURA)

Se premedes na imaxe, poderedes escoitar o conto "Árbores no camiño". A autora desta historia lémbranos que todos e todas formamos parte da natureza e somos importantes na mesma medida, coma unha gran familia, na que todos coidan de todos.

Agardamos que vos guste e que coma Karim, o protagonista do conto, comprendades cal é o noso papel no coidado do planeta, a nosa casa común. 

 Imaxe: Árbores no Camiño, OQO editora

E despois... Vós tedes a palabra: Que imos facer nós?

Reflexionade e acordade nas aulas cales serán os vosos compromisos individuais e de grupo para ser "Aula Verde". Escribídeos nun papel e deixádeos nun lugar visible da clase para poder lembralos con frecuencia. Non vos esquezades de asinar o pacto acadado!

 

O bo camiño! 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut