Skip to Content

EduCaixa

MATERIAL DIDÁCTICO EDUCAIXA

Álbum: 1_CURSO 2023-2024 -> MATERIAL DIDÁCTICO EDUCAIXA

Grazas ao financiamento do proxecto EduCaixa mercamos moito material didáctico para as aulas de cuarto A e B e tamén para Educación Infantil.

Son materiais centrados na mellora da memoria, concentración e atención. Esas 3 columnas fundamentais para aprender e construir coñecementos.

Pero es que ademais é material moi divertido e entretido, así que a xogar e a aprender!

AULA EDUCAIXA DE 4º EP B

Álbum: 1_CURSO 2023-2024 -> AULA EDUCAIXA

Como ben sabedes concedéronnos un premio de 5000€ para levar a cabo neste curso. O premio pertence á fundación la EduCaixa.

O obxectivo do proxecto é traballar a metacognición e o aprendizaxe autorregulado. Un traballo longo pero que dará os seus froitos.

Neste curso o estamos a traballar principalmente ca aula de 4ºB EP e cas aulas de educación infantil.

Mirade que bonita e acolledora quedou a aula de cuarto co seu recuncho para asembleas.

Nas colchonetas os rapaces poden compartir as súas preocupacións polas aprendizaxes ou outras problemáticas. É unha zona para falar e escoitarse.

Ademais como novidade tamén dispoñen dun plan colectivo no que o alumnado que destaque pola súa implicación ese mes recibe un agasallo moi importante relacionado co proxecto anual do cole, que será?

Pista: A eles e as súas familias lles encanta.

E por suposto un plan individual, onde teñen que reflectir os seus obxectivos escolares, tanto eles como as súas familias, e despois deben valoralos.

Botade un ollo!

Distribuir contido


by Dr. Radut